lunes, 31 de octubre de 2011

SESIÓN DE SINATURAS DE MIGUEL CUBA EN ALITA CÓMICS

Retornan os lápices de Miguel Cuba, nunha sesión de sinaturas este venres na Coruña. Punto de Fuga, unha bd de enfoque social, realista e con doses de excelente humor negro, aporta un raio de luz sobre a crise e a situación laboral das novas xeracións, nunha historia onde o debuxo do autor reforza a súa calidade narrativa no que supón a súa primeira novela gráfica.

Non deixedes de mercala se aínda non a tedes, e levala customizada este venres 4 de novembro ás 19:30, en Alita Cñómics (Rúa Orzán), un cálido lugar onde nunca falta o licor café para aliviar a friaxe.
Esperámosvos!!

miércoles, 19 de octubre de 2011

NOVAS PRESENTACIÓNS DEMO EDITORIAL



MAÑÁN!! XOVES 20 DE OUTUBRO

PUNTO DE FUGA de Miguel Cuba

FNAC (A Coruña)

19:30h


VENRES 21

CABANA DE BALIEROS de Tokio

LIBRERÍA PAZ (Pontevedra)

18:30


SÁBADO 22

CABANA DE BALIEROS de Tokio

LIBRERÍA BANDA DESEÑADA (Vigo)

18:00


Animávosvos a participar destas actividades e achegarvos aos autores Tokio e Miguel Cuba

nestas novas datas do tour de presentacións que estamos levando a cabo este trimestre.


Convidámosvos a tamén a ver a entrevista a Tokio no programa ZIGZAG Diario da TVG

no seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-3-temporada-17-10-2011

(A entrevista está entre o minuto 20.30 e o 22 do programa)


En breve lanzaremos tamén en internet unha video entrevista a Miguel Cuba, feita pola produtora

Mondotropo nalgúns dos lugares onde se inspirou o autor para ambientar "Punto de Fuga".



martes, 11 de octubre de 2011

PRESENTACIÓN A MAN DO DIAÑO EN KÓMIC (SANTIAGO)

E para os que andedes o venres por Santiago, cita con Brais Rodríguez na emblemática libraría Kómic, ás 18:00 h. Presentación de "A Man do diaño", album premiado có Castelao 2010 da Deputación da Coruña.
Con isto completamos a nosa programación de actividades para este fin de semán, nada máis e nada menos que tres presentacións, dúas delas simultáneas.
Esperamos que sexan do voso agrado e disfrutedes delas.
Graciñas polo voso apoio.

PRESENTACIÓN "CABANA DE BALIEIROS" EN ALITA (A CORUÑA)

Ao día seguinte de presentar en Gondomar a súa obra, Tokio, volve á carga cunha nova presentación na libraría Alita Cómics, na Coruña.
Haberá sesión de sinaturas e un groliño de licor para os asistentes. Non perdades unha derradeira oportunidade de levar o seu album customizado na Coruña.

Venres 14
ALITA CÓMICS
(Rúa do Orzán)
19:30h

PRESENTACIÓN "CABANA DE BALIEIROS" EN GONDOMAR

Este xoves, 13 de outubro, Tokio presenta a súa novela gráfica "Cabana de Balieiros" no Auditorio Ponte de Rosas, en Gondomar. O acto contará coa presenza de Pepe Carreiro.

miércoles, 5 de octubre de 2011

DEMO EDITORIAL NAS XXIII XORNADAS DE BD DE OURENSE

Este venres 7 de outubro, convidámosvos á presentación de Demo Editorial, nas Xornadas de BD de Ourense.

O acto terá lugar ás 13:00h na nova libraría especializada Sindicato del Cómic.

Contaremos coa presenza de Manel Cráneo e Brais Rodríguez. Haberá sesión de sinaturas e

celebraremos o Premio Ourense de BD á mellor iniciativa do ano convidando a un viño aos asistentes.


Esperamos que vós animedes a participar tanto desta como do resto de actividades programadas nas Xornadas de BD de Ourense, nun momento crucial onde a crise e as circunstancias ameazan a desaparición do evento máis antigo e con máis solera en torno á banda deseñada en Galicia. Probablemente de non ser por estas xornadas moitos autores e editores non teriamos recibido o primeiro impulso para decantarnos por unha actividade tan preciada como a de contar historias en viñetas. É por iso que como outros compañeiros de profesión, desde a nosa editorial, tamén queremos sumarnos para reclamar especialmente a asistencia do público nesta ocasión.


Vémonos en Ourense!!

martes, 4 de octubre de 2011

DEMO EDITORIAL RECIBE O PREMIO OURENSE DE BANDA DESEÑADA

Esta mañán Demo Editorial recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa do cómic galego en 2011. Segundo a organización do evento que chega á súa XXIII edición, a nosa editorial foi premiada: "por apostar pola publicación de cómic de autores galegos emerxentes e en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico de Galicia mediante un medio de entretenemento como é a novela gráfica".

Esperamos que este recoñecemento nós axude a consolidar un proxecto arriscado como este, tendo en conta os tempos que corren, onde a crise económica ameaza direitamente a boa saude da que goza a nivel autoral a bd galega. Gustarianos agora, que noso vindeiro premio sexa conseguir permañecer no mercado moitos máis anos e seguir ofrecendo o mellor dos nosos autores con ou sen crise.

Queremos dar tamén o noso agradecemento ao autor e amigo, Miguel Robledo, por achegarse a recoller o premio en nome da editorial e leer un texto onde o editor Manel Cráneo, reclamaba por unha parte máis atención cara o sector por parte das institucións e por outra banda asumía que o mellor de recibir este premio este ano, era ter a posibilidade de adicarlle o galardón a unha persoa que fixo moito pola promoción da cultura en Galicia nas últimas décadas, e particularmente pola banda deseñada.

Desde aquí queremos lembrar tamén esa adicatoria, á memoria desa persona que non é outra que o bo amigo Benito Losada, Director da Casa da Xuventude de Ourense, falecido recentemente.

jueves, 22 de septiembre de 2011

PRESENTACIÓN PUNTO DE FUGA EN PONTEVEDRA E VIGO


Próximas presentacións para este fin de semán:


PUNTO DE FUGA

de Miguel Cuba


VENRES 23, 18:00h

LIBRARÍA PAZ

PONTEVEDRA


SÁBADO 24, 18:00h

LIBRARÍA BANDA DESEÑADA

VIGO


Nos vós perdades a ocasión de levar un exemplar customizado por unha das actuais revelacións

da banda deseñada, Miguel Cuba, e de ler unha obra feita con mirada crítica que reflicte a situación

laboral nos tempos que corren con total sentido da ironía.


O album conta con prólogo de Miguelanxo Prado.

Adxuntamos cartel.


E lembrámosvos tamén a nosa actividade de hoxe:


CABANA DE BALIEIROS

de Tokio

XOVES 22, 19:30

FNAC

A CORUÑA


miércoles, 21 de septiembre de 2011

PRESENTACIÓN CABANA DE BALIEIROS EN FNAC (A CORUÑA)

Seguimos có noso tour de presentacións. Esta semán comezamos cunha pequena charla do autor Tokio en torno ao seu título Cabana de Balieiros, seguida de sesión de sinaturas. Terá lugar mañán xoves, día 22, en FNAC (A Coruña), ás 19:30h.

O autor falará do proceso creativo da obra e dos diversos elementos documentais que manexou para ambientala nunha vila mariñeira do século XIX, ubicada na Costa da morte. A charla estará apoiada cunha proxección de imaxes do seu proceso de traballo ademáis da peza promocional da obra, que tamén podedes ver no seguinte enlace:

martes, 13 de septiembre de 2011

TOKIO EN KÓMIC E BRAIS EN ALITA



Arredor dunha veintena de presentacións forman o noso programa para este trimestre, que levarán a Tokio, Brais e Miguel Cuba por diferentes librarías galegas. A pasada semán iniciamos o noso tour de presentacións de novidades con Brais en FNAC. Este venres 16 de setembro continuamos con dúas actividades simultáneas.

As 18:00h da tarde en Kómic (Santiago), o autor Tokio presentará a súa novela gráfica Cabana de Balieiros, historia de acción e aventuras ambientada na Costa da Morte durante o século XIX.
Ás 20:00h tocaralle o turno a Brais Rodríguez, que asinará exemplares da súa obra A MAN DO DIAÑO, premiada có Castelao de Banda Deseñada 2010. Dita presentación terá lugar en Alita (Rúa Orzán, A Coruña).

As dúas presentacións estarán animadas con licor café.

En breve poñeremos á vosa disposición o noso calendario có resto de actividades programadas.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

PRESENTACIÓN A MAN DO DIAÑO EN FNAC (A CORUÑA)

Mañán, xoves 8 de setembro, presentación de A MAN DO DIAÑO, no Forum da FNAC (A Coruña), ás 19:30 da tarde.

'A man do diaño', é un alegato antibelicista obra do autor de Brión, Brais Rodríguez, que gañou o VI Premio de Banda Deseñada Castelao 2010, que organiza a Deputación da Coruña.

Nacido en 1980 en Brión e criado en Boiro, Brais Rodríguez é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e, pese a súa xuventude, conta xa cunha dilatada traxectoria como gañador de primeiros premios, entre os que se encontran algúns como o GZ-Crea en 2009 ou Cangas do Morrazo en 2005. Cofundador da publicación Carne líquida, o brionés, que tamén fixo os seus piniños no campo da pintura, é uno dos autores fixos da revista Barsowia e autor individual con maior volumen no tomo colectivo Barsowia en llamas.

ENTREVISTA A BRAIS RODRÍGUEZ EN ZONA NEGATIVA

ZONA NEGATIVA ofrece unha ampla e interesante entrevista a Brais Rodríguez. O autor fala da súa obra A MAN DO DIAÑO, gañadora do Premio Castelao 2010 da Deputación da Coruña.