martes, 14 de agosto de 2012

O CÓMIC DA TORRE DOS MOUROS

O proxecto de materializar nun cómic-book os resultados da intervención arqueolóxica de Torre dos Mouros xa está en marcha e terá todo o apoio editorial pola nosa parte. Proxectos coma este asentan un novo enfoque desde o campo arqueolóxico. É un luxo poder participar e disfrutar desta experiencia desde a nosa editorial.
Aínda que non hai data exacta para a saída da publicación, se producirá dentro do vindeiro trimestre e parte da edición será repartida como agasallo aos escolares da zona de Lira-Carnota.
Actualmente Manel Cráneo está xa a artellar a historia có apoio e asesoramento de Antón Malde, arqueólogo e director da excavación, e Manolo Gago, o responsable da campaña de comunicación que se esta a facer desde hai meses para potenciar e poñer en valor o proxecto.

Na seguinte foto de Sole Felloza, podedes observar parte dos resultados das excavacións nos que se aprecia a zona de acceso ao recinto altomedieval.


Non deixedes de visitala excavación e disfrutar dunhas vistas incríbles desde o alto. Paga a pena facelo.



miércoles, 8 de agosto de 2012

AXENDA DE ACTIVIDADES DEMO EDITORIAL NO VIÑETAS 2012


ACTIVIDADES DEMO EDITORIAL
NO VIÑETAS 2012

---------------------------------
XOVES 09 
12:30 PRESENTACIÓN “SÁLPOCK” (NA CARPA)

SESIÓNS DE SINATURAS (Stand Demo Editorial)
19:00h COUSAS DE MORTOS/ MANEL CRÁNEO
20:00h PUNTO DE FUGA/ MIGUEL CUBA
21:00h SÁLPOCK/ LUÍS SENDÓN E ÁLVARO LÓPEZ
---------------------------------
VENRES 10
12:30 PRESENTACIÓN “TITOÁN” (NA CARPA)

SESIÓNS DE SINATURAS (Stand Demo Editorial)
19:00h EL HIJO DE LA IRA/ MIGUEL FERNÁNDEZ, MANOLO POY
20:00h CASTELAO/ INACIO E IVÁN SUÁREZ
21:00h COUSAS DE MORTOS/ MANEL CRÁNEO
---------------------------------
SÁBADO 11
12:30 PRESENTACIÓN “COUSAS DE MORTOS” 
(NA CARPA)

SESIÓNS DE SINATURAS (Stand Demo Editorial)
19:00h SÁLPOCK/ LUÍS SENDÓN E ÁLVARO LÓPEZ
20:00h SÁLPOCK/ LUÍS SENDÓN E ÁLVARO LÓPEZ
21:00h COUSAS DE MORTOS/ MANEL CRÁNEO

Lembrámosvos tamén que durante toda a semán poderedes adoptar un urrakaplöide do Planeta Mincha no noso stand.
Están desamparados moi lonxe do seu planeta e buscan protección e agarimo.

domingo, 5 de agosto de 2012

ADOPTA UN URRAKAPLÖIDE!!


DEMO EDITORIAL NO VIÑETAS 2012

Mañán comenza unha nova edición de Viñetas desde O Atlántico. Un ano máis Demo Editorial contará con stand na Rúa da Bd, onde poderedes atoparnos de luns 6 a domingo 12 de agosto. A partir do mércores teremos actividades cós autores da nosa editorial a diario, repartidas entre a carpa
e o stand. Mañán luns, anunciaremos horarios definitivos das mesmas.
Esperámosvos có mellor de nós no stand 22-23, que por segundo ano seguido compartiremos con Los tebeos de Juanjo.

miércoles, 1 de agosto de 2012

EXPOSICIÓN "ESTAMPAS DO PLANETA MINCHA"




INAUGURACIÓN ESTE VENRES ÁS 20:00h !!

ESTAMPAS DO PLANETA MINCHA
De Manel Cráneo
Na galería de arte 9THE13 (Rúa Tabernas, 9, A Coruña)

Unha exposición que conta con 43 obras obras que xiran en torno ao universo particular do autor, "Planeta Mincha", e que a modo case documental retratan unha viaxe por algún dos lugares e espazos deste mundo fantástico.