![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjY7I6bRydMIWPLoIUgD04Q2Q7gaSZNXX9F2EyqdZJcYRdDPPY-SPRQmywbRFjC74XW1s44H7F35ISfj7YQ_J-x2lzsVM4flVe7YCousrmXzM2li256B7EgTbZSRrqnOvGQIRCNlSf-Hyo/s400/CARTEL+PUNTOFUGA+ALITA.jpg)
Retornan os lápices de Miguel Cuba, nunha sesión de sinaturas este venres na Coruña.
Punto de Fuga, unha bd de enfoque social, realista e con doses de excelente humor negro, aporta un raio de luz sobre a crise e a situación laboral das novas xeracións, nunha historia onde o debuxo do autor reforza a súa calidade narrativa no que supón a súa primeira novela gráfica.
Non deixedes de mercala se aínda non a tedes, e levala customizada este venres 4 de novembro ás 19:30, en Alita Cñómics (Rúa Orzán), un cálido lugar onde nunca falta o licor café para aliviar a friaxe.
Esperámosvos!!
oes, na imaxe pon 4 de outubro! ;)
ResponderEliminar