jueves, 3 de diciembre de 2015

DEMO EDITORIAL ENTRA EN EL MERCADO ESPAÑOL


Os presentamos las novedades que saldrán al mercado este mes de diciembre. Demo Editorial entra en el mercado español con dos obras enmarcadas dentro de nuestra colección HäinöS, destinada a la ciencia ficción y los mundos fantásticos.

UN FUTURO PASADO 
Este es el título que el clásico del cómic Esteban Maroto le ha dado a su nuevo libro. Una revisión de las historietas de ciencia ficción que el autor realizó para diversos medios en los setenta y ochenta, con un estilo clásico en el que puede sorprender la modernidad de sus planteamientos de fondo y sus preocupaciones, que nos hablan de un destino aciago de la humanidad si sigue por el mismo camino de destrucción.

DESTINO HËRGÜSS (edición en español)
Reservamos también el lanzamiento de la edición en español de esta obra de Manel Cráneo, la primera novela gráfica ambientada en el Planeta Mincha. Un libro que alcanzó un gran éxito ya en su edición en gallego y que fue financiado a través de una campaña de crowdfunding. Aventura, ciencia ficción y tensión total para contarnos el viaje iniciático de Pichük y Tombö, dos aspirantes a conseguir una plaza científica en el Ministerio de Ciencia. 

Junto a la entrada en el mercado español de la mano de uno de los grandes clásicos del cómic, Esteban Maroto, y de la exitosa Destino Hërgüss, acompañamos esta campaña de distribución con el relanzamiento de otros dos títulos de nuestro fondo de catálogo, que distribuiremos a librerías especializadas: SIN MIRAR ATRÁS, de Dani Montero (Premio Castelao 2009), y OPERARIO, de Jano. 

Esperamos que estas novedades sean de vuestro agrado, y anunciamos también que probablemente esta será nuestra penúltima publicación en este blog, ya que en cuestión de días nos trasladaremos a nuestra nueva web, de la que en breve os informaremos.

(Galego)
Presentámosvos as novidades que sairán ao mercado este mes de decembro. Demo Editorial entra no mercado español con dúas obras enmarcadas dentro da nosa colección HäinöS, destinada á ciencia ficción e os mundos fantásticos.

UN FUTURO PASADO 
Este é o título que o clásico do cómic Esteban Maroto lle deu ao seu novo libro. Unha revisión das historias de ciencia ficción que o autor realizou para diversos medios nos setenta e oitenta, cun estilo clásico en que pode sorprender a modernidade das súas propostas de fondo e as súas preocupacións, que nos falan dun destino aciago da humanidade se segue polo mesmo camiño de destrución. Textos en castelán.

DESTINO HËRGÜSS (edición en español)
Reservamos tamén o lanzamento da edición en español desta obra de Manel Cráneo, a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha. Un libro que acadou un grande éxito xa na súa edición en galego e que foi financiado a través dunha campaña de crowdfunding. Aventura, ciencia ficción e tensión total para contarnos a viaxe iniciática de Pichük e Tombö, dous aspirantes a conseguir unha praza científica no Ministerio de Ciencia. 

Xunto á entrada no mercado español da man dun dos grandes clásicos do cómic, Esteban Maroto, e do éxito Destino Hërgüss, acompañamos esta campaña de distribución co relanzamento doutros dous títulos do noso fondo de catálogo, que distribuiremos a librarías especializadas: SIN MIRAR ATRÁS, de Dani Montero (Premio Castelao 2009), e OPERARIO, de Jano. 

Esperamos que estas novidades sexan do voso agrado, e anunciamos tamén que probablemente esta será a nosa penúltima publicación neste blog, xa que en cuestión de días nos trasladaremos á nosa nova web, da que en breve vos informaremos.

lunes, 7 de septiembre de 2015

PRESENTACIÓN "OS QUE LEVAN O LUME" DE ÁLVARO LÓPEZ

Comezamos este venres en Komic Librería (Compostela) un mintour de presentacións de "Os que levan o lume" de Álvaro López. Esta farase en conxunto có selo Altar Mutante que presenta o seu terceiro número do fanzine homónimo e que dirixe o propio Álvaro López xunto a Luís Sendón.
Iremos informando axiña de novas datas en diferentes puntos de Galicia.




viernes, 31 de julio de 2015

ACTIVIDADES DE DEMO EDITORIAL NO "VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2015"



Adiantamos a programación de actividades que temos preparado desde Demo Editorial para dinamizar a nosa presenza na Rúa do BD durante o "Festival Viñetas desde o Atlántico" que se celebrará entre o 10 e o 15 de agosto. Este ano contaremos coa presenza de Tokio (Cabana de Balieros, A causa do crime), Inacio e Iván Suárez (Colección Castelao), Tomás Guerrero que se estrenou este ano como autor do noso catálogo con A deserción de Stalin, Jano, autor de Operario e Nacho Camacho, este último con guión de Rodrigo Cota, que tamén estará presente no noso stand. Ademáis contaremos coma sempre có propio editor e tamén autor desta casa Manel Cráneo (Os lobos de Moeche, A Torre dos Mouros, A Fraga Milmañas con guión de Carlos Amil, Cousas de Mortos e a súa última novela gráfica Destino Hërgüss).
Esperamos que a nosa proposta sexa do voso agrado.

SESIÓNS DE SINATURAS NO STAND DEMO EDITORIAL

MARTES 11
19:00 Firma Tokio 

MÉRCORES 12
19:00 firma Manel Cráneo

XOVES 13
19:00 Inacio Vilariño e Iván Suárez

VENRES 14 
19:00 firma Tomás Guerrero

SÁBADO 14
19:00 firman Jano e Rodrigo Cota
20:00 firma Manel Cráneo

PRESENTACIÓNS NA CARPA

XOVES 13
13:00 PRESENTACIÓN "CASTELAO nº4. ATILA"
Coa presenza dos autores 

VENRES 14 
13:15 PRESENTACIÓN NOVIDADES COLECCIÓN HÄINÖS 
Coa presenza do editor




martes, 14 de julio de 2015

A COLECCIÓN CASTELAO CHEGA AO SEU MERIDIANO


Moi emotiva a presentación de "Castelao. Atila" onte luns no Museo Ramón Aller Ulloa de Lalín.
Cheo completo de butacas nun acto no que contamos ademáis de coa presenza de Iván Suárez e Inacio Vilariño, autores da obra, coa colaboración dos artistas e actores Rubén Donramiro e Nieves Rodríguez, o músico polifacético Benxa Otero e a inestimable presenza dos nosos compañeiros de viaxe nesta colección biográfica sobre Castelao, Komic Libraría.
E por se non fora pouco, o acto completouse coa presenza e conversa que mantivemos con Jose Luñis garcía López, un dos máis veteráns debuxantes de DC, con 40 anos de profesión ás súas costas e que nos honrou coa súa presenza e a súa humildade, un luxo que xamáis esquecceremos.

Con este acto, chegamos ao meridiano dun proxecto titánico para unha editorial pequena e limitada de recursos como é a nosa. Quedan catro novos títulos por diante para completar o soño de Inacio e Iván de facer unha biografía de Castelao en banda deseñada, todo un reto que desde Demo Editorial nos comprometemos a culminar grazas ao enorme esforzo dos autores, grazas á colaboración na edición de de Komic Libraría e neste último número a empresa Limpezas Salgado.
Para pechar queremos compartir con vós o texto que fixeron Manuel e Nieves, do programa especializado en BD Metroples Delirantes, e que leu Nieves no acto a modo de presentación deste  último volume da colección.
GRAZAS A TODOS OS LECTORES tamén polo voso apoio sodes a outra peza.

Nieves Rodríguez, Pio (Komic), José Luís García López, Inacio Vilariño, Iván Suñárez, Manel Cráneo.

En Galiza non se pide nada, emígrase.

Esta é unha das frases de Castelao máis acaídas para estes tempos de miseria moral na política e na economía.

Para a nosa desgraza segue sendo en grande parte, verdade. 

Todos temos alguén na familia que tivo que marchar, ou nós mesmo nalgún momento tivemos que marchar, nestes tempos ese rio volve a ser caudaloso, mais por sorte, agora, tamén hai xente que pide, que protesta. O que acontece é que protesta doutro xeito, protesta creando; creando cultura na nosa lingua, porque tamén dicía Castelao:

…Que se aínda somos galegos e por obra e gracia do idioma. 

Nesta obra que é o relatorio da vida do irmán Daniel hai catro implicados que protestan deste fermoso xeito, por unha banda Manel e Pío que como editores teñen a valentía de apostar por publicar a xente da terra e cunha obra comprometida e arriscada; comprometida coas ideas e a as obras de Castelao e arriscada porque si editar bd xa parece unha tolería, facelo en galego, é cáseque temerario.

E aquí é onde podemos lembrar outra frase de Castelao:

A dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale un idioma diferente do castelán.

Hai outras dúas persoas protestando deste xeito tan revolucionario que é crear, e son claro, os autores: Inacio e Ivan.

Dous rapaces novos que recuperan e reivindican a figura do Castelao máis humano, o home que habitaba no corpo do político, pensador e artista.

Ivan e Inacio van erguendo paseniño unha obra fermosa que é un verdadeiro homenaxe ó home, e que repasa acontecementos relevantes na vida de Castelao, vannos achegando a historia dun home que coma un superheroe foi loitando contra unha vida chea de dificultades, a que se enfrontou con resignación pero sen perder nunca a esperanza, nin a ledicia.

Inacio e Ivan, fixeron realidade un sono, contar esta historia, facelo ben, con agarimo e mestría como só poden facer os que aman o que fan ata o punto de entendelo como unha forma de vivir e non só unha forma de subsistir, e ademais facelo na nosa terra e na nosa lingua. 

Castelao tamén ten unha frase para esta actitude:

O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos.

Eu non sei como afrontaron este traballo, mais si sei que é un deses traballos que dan vertixe só de pensalo, oito números para contar nunha banda deseñada a vida do máis importante pensador e político galego do século vinte. E facelo en cadriños, debuxando a un home que fixo dos seus debuxos e caricaturas iconas universais.

O que si sabemos xa, é que é unha obra bela e boa e por que non dicilo, barata. (non hai escusa para non mercala).

“Atila”, non hai probablemente titulo que reflicta mellor o que conta este libro, o asoballamento, a humillación e barbarie da guerra. Xa dende a portada o libro é unha xoia, unha perfecta metáfora, que é quen de xuntar o debuxo de Castelao coa propia identidade deste libro, no interior gozamos da calidade gráfica e literaria de dous autores que melloran a cada libro novo, un verdadeiro pracer para os sentidos.

Neste “Atila” imos pasear polas rúas de Barcelona e tamén sufrir os bombardeos da aviación fascista, pechados nun refuxio antiaéreo loitamos co “atila”, participamos da entrevista que Magda Donato lle fixo e tamén dos contos e da retranca e das maduras reflexións que deron pe a “Galiza mártir” e “Atila en Galiza”.

Chegamos con este número o ecuador da serie, e si, tamén hai unha frase de Castelao para este punto: 

Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata…

Queda moita vida e moita obra de Castelao por contar, e nós xa andamos ben impacientes por ter nas mas e poder ler a seguinte entrega. É esta unha magna obra que engrandece a bd galega e humaniza o mito.

Xa van alá case oitenta anos dende que Castelao publicara Atila en Galiza e agora publicase este Atila de Inacio e Ivan, unha merecida homenaxe a un home de vital importancia para nós, para a nosa terra e para a nosa cultura.

E xa para ires rematando, vou citar outra frase de Castelao:

Sendo galego non debo de ser máis que galeguista.

Si o camiño ata aquí foi a fermosa consumación dunha esperanza o que queda por andar non pode por menos que ser a materialización dun desexo, imos pasiño a pasiño, mais imos resistindo e reconquistando un espazo noso na cultura. Nestes tempos de desleixo institucional e de decretos inxustos e iñorantes, nós resistimos os furibundos ataques contra ó noso; resistimos creando, facendo libros que afondan na riqueza das nosas letras e dos nosos artistas. 

Porque a verdadeira homenaxe a Castelao non é poñerlle o seu nome a unhas medallas ou a unha rúa, a verdadeira homenaxe é non esquecer o que somos e como chegamos aquí, non esquecer que fomos, somos e seremos un pobo loitador e orgulloso, que somos o único pobo no mundo cunha verba para nos referir o sentimento indefinible que é a morriña, que é, sen dúbida, a peor das condeas que pode vivir un galego.

E xa vou rematar, agradecendolle a Inacio e Ivan por crear esta obra e a Manel e Pio por editala.

E vou rematar como decía, non cunha frase, senón cuns versos de Cabanillas:

¡Morreu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morréu de amor a terra! Irman Daniel…
¡Morreu de amor a terra!

jueves, 9 de julio de 2015

CASTELAO: ATILA EN LALÍN O LUNS 13 DE XULLO!!

Non vos podedes perder a fantástica velada que temos preparado en lalín para o vindeiro luns día 13 de xullo, grazas aos autores Inacio Viñariño e Iván Suárez e á colaboración dos actores Rubén Donramiro e Nieves Rodríguez que dramatizarán unha pasaxe da banda deseñada. Ademáis contaremos coa presenza do editor Manel Cráneo e Pio de Libraría Kómic, os noso aliados neste proxecto de colección.
E para colofón a presenza do veterán autor internacional José Luís garcía López, natural de Lalín e afincado en EEUU desde hai décadas. Debuxante de obras como Atari Force, Cinder and Ashe
Road to PerditionDeadman o New Teen Titans , coa experiencia de ter traballado para grandes grupos como DC e debuxado series de clásicos como Batman.
Como vedes un coctktail de luxo e como mínimo sorprendente para un mesmo acto.

martes, 30 de junio de 2015

NOVIDADE AGOSTO 2015: "OS QUE LEVAN O LUME" DE ÁLVARO LÓPEZ


Volta a ciencia ficción a Demo Editorial dentro da colección HäinöS e volta tamén Álvaro López, autor do guión de Sálpock: O Val dos Cegos editado polo noso selo e debuxado por Luís Sendón.
Da man de Álvaro, en solitario desta vez, como autor completo de guión e debuxos, tráenos unha novela gráfica de 120 páxinas de extensión que destaca pola súa fluided narrativa e onde descubrimos a un autor maduro, evolucionado e que elixe a sinxeleza do debuxo para contar unha historia oscura con total claridade.
Este será o noso novo lanzamento para agosto coincidindo a saída do libro coa celebración do Viñetas desde o Atlántico.
Os que levan o lume é unha historia desas que con total seguridade ides a disfrutar todos os lectores amantes da aventura e os mundos fantásticos e futuristas.

martes, 19 de mayo de 2015

ASÍ CELEBROU DEMO EDITORIAL AS LETRAS GALEGAS: EN LUGO, VIGO E SANTIAGO.

Deixámosvos algunhas fotos das actividades desenvolvidas durante o fin de semán das Letras Galegas coa colaboración das librarías especializadas Totem (Lugo), Banda Deseñada (Vigo) e Kómic (Santiago) e grazas tamén á disponibilidade e esforzo dos propios autores e no caso da presentación de "Atila", aos actores que dramatizaron unha pasaxe do cómic e ao Restaurante Mnaso. Un pracer organizar esta programación con todos eles. E por suposto tamén aos asistentes. Seguimos traballando para ofrecer a mellor BD galega aos nosos lectores. Viva a BD galega!!

Presentación de CASTELAO 4. ATILA de Inacio e Iván Suárez no Restaurante Manso (Santiago)
con Kómic Librería.




Presentación DESTINO HÉRGÜSS de Manel Cráneo en Banda Deseñada (Vigo).







Sesión de sinaturas de Iván Suárez de CASTELAO 4, ATILA na Praza do Toural no stand de Kómic Librería (Santiago).


Sinaturas de Tomás Gerrero autor de A DESERCIÓN DE STALIN no stand de Librería Totem, Feira das Letras Galegas de Lugo.



                                  Sesión de sinaturas de Tomás Gerrero na Praza do Toural.



lunes, 11 de mayo de 2015

ACTIVIDADES DEMO EDITORIAL PARA AS LETRAS GALEGAS 2015

O vindeiro fin de semán, preséntasenos coa axenda a tope. Celebraremos as Letras Galegas cun maratón de actividades nas que participarán os autores das nosas últimas novidades: Tomás Guerrero, Inacio, Iván Suárez e Manel Cráneo.

Este é o noso calendario para a ocasión:

VENRES 15
19:15h PRESENTACIÓN "CASTELAO. ATILA"
/ RESTAURANTE MANSO (SANTIAGO)

SÁBADO 16
12:00h SINATURAS DE "A DESERCIÖN DE STALIN"
/ FEIRA DO LIBRO DE LUGO NO STAND TOTEM (LUGO)

18:00h PRESENTACIÖN "DESTINO HÉRGÜSS"
/ LIBRERÍA BANDA DESEÑADA (VIGO)

DOMINGO 17
12:00h SINATURAS DE "CASTELAO. ATILA"
18:00h SINATURAS DE "A DESERCIÓN DE STALIN"
 / FEIRA DAS LETRAS GALEGAS NA PRAZA DO TOURAL (SANTIAGO)
NO STAND DE KOMIC LIBRERÍA





sábado, 2 de mayo de 2015

ENCONTRO DOS AUTORES DE "A FRAGA MILMAÑAS" CÓS ALUMNOS DO "ISAAC DÍAZ PARDO"


O pasado mércores 29 de maio, Carlos Amil e Manel Cráneo desprazáronse ata o centro de ensino Isaac Díaz Pardo onde tiveron un encontro do máis interesante con máis de medio centenar de rapaces de cuarto curso que leran previamente "A Fraga Milmañas", editado por Demo Editorial.
O encontro comezou cunha charla onde Carlos e Manel comentaron o seu proceso técnico e creativo e a súa experiencia facendo a serie, todo isto ante a espectación e emoción dos rapaces que coñecían aos autores como personaxes mesmos do seu propio cómic pero non os viran nunca en persona, así que os primeiros comentarios eran do estilo de:

- Pois mira, si que se parecen aos debuxos.
- Carlos no cómic non tiña aínda barba.
- Pois se te fixas en Manel, hoxe non leva gorra!!
- Xa, pero Carlos si que trouxo a camisa de cadros, coma na histoirieta da Marea Negra.
CRÁNEO E AMIL, REPRESENTADOS NO SEU PROPIO CÓMIC.
CARLOS E MANEL EXPLICARON TODO CON MOITO HUMOR, COMO ERA DE ESPERAR.
Despois de proxectar imaxes e demostrar con debuxos feitos en directo como foron deseñados os personaxes do cómic, abriuse un diálogo entre alumnos e autores do máis nutritivo onde os nenos fixeron preguntas do máis interesante sobre a lectura do libro e os seus personaxes principais: Fonsa, Ferocio, Mingos e Goliath.
A última parte da actividade foi para as fotos en grupo e a sesión de sinaturas personalizadas onde todos os rapaciños puideron levarse o seu exemplar do libro customizado, en total máis de medio centenar.

ALUMN@S DE 4º DO DÍAZ PARDO CÓS AUTORES
MANEL E CARLOS TIVERON TEMPO PARA ASINAR MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE LIBROS E FALAR CON CADA UN DOS SEUS LECTORES.


Para finalizar compre que destacar a excelente labor feita polo profesorado do centro xa que estiveron traballando sobre a obra cós dous grupos de cuarto durante as semanas previas a través dunha unidade didáctica e completaron o proxecto coa realización conxunta dun enorme mural, un collage feito con debuxos dos propios alumnos onde representaron magnificamente o ambiente de "A Fraga Milmañas".

ALGÚNS DOS ALUMN@S DIANTE DO SEU EXCELENTE MURAL DE "A FRAGA MILMAÑAS"
DESTE XEITO REMATOU UN ENCONTRO DO MÁIS NUTRITIVO PARA TÓDALAS PARTES.

GRAZAS AO CENTRO ISAAC DÍAZ PARDO POLA SÚA EXCELENTE LABOR NA DIFUSIÓN DA BANDA DESEÑADA E A LECTURA ;-)

jueves, 23 de abril de 2015

AVANCE CASTELAO "ATILA"

Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR poñemos ao voso dispor un avance coas primeiras páxinas do vindeiro entrega da Colección Castelao, dos autores Inacio e Iván Suárez, que levará por título "Atila", facendo referenza ao segundo dos tres álbumes de debuxos que fixo sobre a temática da guerra civil "Atila en Galicia".
Para este número contamos de novo coa colaboración na edición de Kómic Librería e súmase tamén a axudarnos neste reto de colección a empresa compostelana Limpiezas Salgado.
Aí tedes o enlace de descarga:

http://bit.ly/1GmcSI8


miércoles, 8 de abril de 2015

"ATILA" É O NOVO TÍTULO DA COLECCIÓN CASTELAO

Xa estamos traballando na edición da cuarta entrega da Colección Castelao, que levará o título "Atila" e estará centrada na etapa da Guerra Civil, durante a visita de Castelao a Barcelona. Contaremos novamente coa colaboración de Kómic Libraría e con case toda probabilidade con algún colaborador máis que anunciaremos próximamente.
A sáida do libro está prevista para a semán das Letras Galegas.

LIBRERÍAS MECENAS DE "DESTINO HËRGÜSS"

Nas seguintes librarías podedes mercar "Destino Hërgüss" en exclusiva, a edición mecenas con marcapáxinas e  BSO de agasallo. A primeiros de maio comezará a distribución aos demáis puntos de venta.


lunes, 30 de marzo de 2015

PRESENTACIÓN DE "DESTINO HËRGÜSS" EN COMPOSTELA


"Destino Hërgüss" de Manel Cráneo, chega desde o Planeta Mincha ata Santiago de Compostela nunha viaxe estelar cunha presentación moi especial con música en directo, proxeccións e sesións de sinaturas do cónsul do Planeta Mincha, Manel Cráneo, acompañado ao serrucho musical por Pülpikk Viäsköm, un prodixio da música cósmica.
Ademáis a actividade contará cunha pequena expo de láminas con paisaxes do Planeta Mincha que vós transportarán a este universo sen igual.
A actividade terá lugar no Restaurante Manso, non faltedes.
Esperámosvos!!

domingo, 8 de marzo de 2015

VENRES 13: MINCHAFEST!!

E despois da presentación na Biblioteca do Forum Metropolitano do proxecto Destino Hërgüss, o vindeiro venres 13 ás 19:00h, desprazarémonos a iso das 21:30h ata a Cervecería El Penique, na rúa Gómez Zamalloa da Coruña, onde celebraremos o Minchafest, unha festa de presentación aberta para todo o mundo e pensada especialmente para todos os mecenas que apoiraon esta aventura na campaña de crowdfunding feita en Verkami.
Non volo perdades!


miércoles, 4 de marzo de 2015

PRESENTACIÓN "DESTINO HËRGÜSS" de Manel Cráneo


Xa temos data para a primeira presentación de Destino Hërgüss, será na Coruña o venres 13 deste mes organizada pola librería Metropolis en colaboración coa Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano.
Estamos a preparar un acto posterior, ese mesmo día na Cervexaría Penique, do que informaremos nos vindeiros días. 
Axiña informaremos tamén do resto de presentacións que terñán lugar en Santiago, Vigo e Pontevedra. Lembramos que este títilo de Planeta Mincha, só estará a venda en librarías mecenas ata finais de abril que será cando saia ao circuíto comercial pola nosa canle de distribución. Con isto pretendemos compensar o gran esforzo que fixeron os libreiros mecenas apostando e axudando a financiar este proxecto que vai máis alá do propio libro, de estar feito. 
Desde Demo Editorial e o Consulado do Planeta Mincha, queremos dar as grazas publicamente a todos os mecenas do proxecto, máis de trescentos,  por axudarnos a facer posible un proxecto tan complexo de producir.

martes, 24 de febrero de 2015

DEMO REGRESA ÁS LIBRARÍAS CON DOUS NOVOS TÍTULOS

Despois dun letargo de meses xestando, creando e planificando a nosa nova invasión das librarías,  voltamos con forza. O vindeiro mes poderedes ler A deserción de Stalin, opera prima de Tomás Guerrero, que nos trae un relato inusual sobre os espías da guerra fría. Con isto seguimos sumando autores ao noso catálogo e apostando por novos valores da banda deseñada que teñen algo que aportar ao panorama.
Ademáis os mecenas de Destino Hërgüss, primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha de Manel Cráneo, poderedes disfrutar tamén desta novidade en cuestión de días. Avisamos de que este segundo título que editamos só poderá mercarse inicialmente en librarías que foron mecenas do proxecto, isto será ata finais de abril, datas nas que chegará ao resto do circuíto comercial.