MANEL CRÁNEO ESTARÁ PRESENTE EN AMBAS CITAS CON "PLANETA MINCHA"
Os lectores e amigos de Demo Editorial, tedes dúas citas este mes de xullo.
HOBBYCON (4 a 7 de xullo en Palexco, A Coruña)
A nosa editorial terá presenza na primeira edición do HOBBYCON, nova cita na cidade de A Coruña que promete convertirse na primeira experiencia de multisalón en España. O evento fusionará 4 tipos de feira: Cómic, Manga, Ciencia ficción e videoxogos. Para esta cita sen precedentes preparamos as seguintes actividades en colaboración con Hobbycon:
- Stand de demo Editorial e da nosa marca "Planeta Mincha", de Manel Cráneo. Onde poderedes adquirir publicacións de Demo Editorial e tamén de Planeta Mincha e o seu particular "minchandising".
- Presentaremos a nosa colección de ciencia ficción HäinöS de bd de ciencia ficción e mundos fantásticos.
- Exposición de orixinais de "Sálpock 1. O Val dos Cegos" de Álvaro López e Luís Sendón.
21 pezas de making off da obra.
- Partida de rol en directo, baseada no cómic "Sálpock, o Val dos Cegos" dirixida polo master Álvaro López.
- Sesións de sinaturas con algúns dos nosos autores no noso stand e outras sorpresas que iremos anunciando nos vineiros días.
Ademáis, estade atentos ao noso facebook, faremos sorteo de entradas desde hoxe mesmo!!
SALÓN DE CÓMIC DE CANGAS (22 a 28 de xullo, Cangas do Morrazo)
Outra cita indispensable da BD na que participaremos do seguinte xeito:
- Stand de venta da editorial durante toda a semán.
- Exposición de "Planeta Mincha Tour" de Manel Cráneo, convidado oficial nesta edición. A súa mostra acollerá unha escolma de 30 obras. Ilustracións da serie "Diario de Pichük, editada por Everest, da serie de bd "Planeta Mincha Estudos Xeográficos, e outras pranchas e traballos inéditos encaixados dentro do seu universo particular "Planeta Mincha", do que en breve veremos cousas publicadas en Demo Editorial.
Ademáis o autor participará xunto a Marina Seoane e Horacio Altuna nunha mesa redonda sobre cómic e ilustración.
Esperámosvos nestas dúas citas e en breve anunciaremos máis actividades para este verán xa que é inminente tamén unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico, na que intentaremos estar un ano máis con stand propio.