martes, 19 de mayo de 2015

ASÍ CELEBROU DEMO EDITORIAL AS LETRAS GALEGAS: EN LUGO, VIGO E SANTIAGO.

Deixámosvos algunhas fotos das actividades desenvolvidas durante o fin de semán das Letras Galegas coa colaboración das librarías especializadas Totem (Lugo), Banda Deseñada (Vigo) e Kómic (Santiago) e grazas tamén á disponibilidade e esforzo dos propios autores e no caso da presentación de "Atila", aos actores que dramatizaron unha pasaxe do cómic e ao Restaurante Mnaso. Un pracer organizar esta programación con todos eles. E por suposto tamén aos asistentes. Seguimos traballando para ofrecer a mellor BD galega aos nosos lectores. Viva a BD galega!!

Presentación de CASTELAO 4. ATILA de Inacio e Iván Suárez no Restaurante Manso (Santiago)
con Kómic Librería.




Presentación DESTINO HÉRGÜSS de Manel Cráneo en Banda Deseñada (Vigo).







Sesión de sinaturas de Iván Suárez de CASTELAO 4, ATILA na Praza do Toural no stand de Kómic Librería (Santiago).


Sinaturas de Tomás Gerrero autor de A DESERCIÓN DE STALIN no stand de Librería Totem, Feira das Letras Galegas de Lugo.



                                  Sesión de sinaturas de Tomás Gerrero na Praza do Toural.



lunes, 11 de mayo de 2015

ACTIVIDADES DEMO EDITORIAL PARA AS LETRAS GALEGAS 2015

O vindeiro fin de semán, preséntasenos coa axenda a tope. Celebraremos as Letras Galegas cun maratón de actividades nas que participarán os autores das nosas últimas novidades: Tomás Guerrero, Inacio, Iván Suárez e Manel Cráneo.

Este é o noso calendario para a ocasión:

VENRES 15
19:15h PRESENTACIÓN "CASTELAO. ATILA"
/ RESTAURANTE MANSO (SANTIAGO)

SÁBADO 16
12:00h SINATURAS DE "A DESERCIÖN DE STALIN"
/ FEIRA DO LIBRO DE LUGO NO STAND TOTEM (LUGO)

18:00h PRESENTACIÖN "DESTINO HÉRGÜSS"
/ LIBRERÍA BANDA DESEÑADA (VIGO)

DOMINGO 17
12:00h SINATURAS DE "CASTELAO. ATILA"
18:00h SINATURAS DE "A DESERCIÓN DE STALIN"
 / FEIRA DAS LETRAS GALEGAS NA PRAZA DO TOURAL (SANTIAGO)
NO STAND DE KOMIC LIBRERÍA





sábado, 2 de mayo de 2015

ENCONTRO DOS AUTORES DE "A FRAGA MILMAÑAS" CÓS ALUMNOS DO "ISAAC DÍAZ PARDO"


O pasado mércores 29 de maio, Carlos Amil e Manel Cráneo desprazáronse ata o centro de ensino Isaac Díaz Pardo onde tiveron un encontro do máis interesante con máis de medio centenar de rapaces de cuarto curso que leran previamente "A Fraga Milmañas", editado por Demo Editorial.
O encontro comezou cunha charla onde Carlos e Manel comentaron o seu proceso técnico e creativo e a súa experiencia facendo a serie, todo isto ante a espectación e emoción dos rapaces que coñecían aos autores como personaxes mesmos do seu propio cómic pero non os viran nunca en persona, así que os primeiros comentarios eran do estilo de:

- Pois mira, si que se parecen aos debuxos.
- Carlos no cómic non tiña aínda barba.
- Pois se te fixas en Manel, hoxe non leva gorra!!
- Xa, pero Carlos si que trouxo a camisa de cadros, coma na histoirieta da Marea Negra.
CRÁNEO E AMIL, REPRESENTADOS NO SEU PROPIO CÓMIC.
CARLOS E MANEL EXPLICARON TODO CON MOITO HUMOR, COMO ERA DE ESPERAR.
Despois de proxectar imaxes e demostrar con debuxos feitos en directo como foron deseñados os personaxes do cómic, abriuse un diálogo entre alumnos e autores do máis nutritivo onde os nenos fixeron preguntas do máis interesante sobre a lectura do libro e os seus personaxes principais: Fonsa, Ferocio, Mingos e Goliath.
A última parte da actividade foi para as fotos en grupo e a sesión de sinaturas personalizadas onde todos os rapaciños puideron levarse o seu exemplar do libro customizado, en total máis de medio centenar.

ALUMN@S DE 4º DO DÍAZ PARDO CÓS AUTORES
MANEL E CARLOS TIVERON TEMPO PARA ASINAR MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE LIBROS E FALAR CON CADA UN DOS SEUS LECTORES.


Para finalizar compre que destacar a excelente labor feita polo profesorado do centro xa que estiveron traballando sobre a obra cós dous grupos de cuarto durante as semanas previas a través dunha unidade didáctica e completaron o proxecto coa realización conxunta dun enorme mural, un collage feito con debuxos dos propios alumnos onde representaron magnificamente o ambiente de "A Fraga Milmañas".

ALGÚNS DOS ALUMN@S DIANTE DO SEU EXCELENTE MURAL DE "A FRAGA MILMAÑAS"
DESTE XEITO REMATOU UN ENCONTRO DO MÁIS NUTRITIVO PARA TÓDALAS PARTES.

GRAZAS AO CENTRO ISAAC DÍAZ PARDO POLA SÚA EXCELENTE LABOR NA DIFUSIÓN DA BANDA DESEÑADA E A LECTURA ;-)