lunes, 30 de mayo de 2011
PUNTO DE FUGA de MIGUEL CUBA
Seguimos traballando na promoción de novos autores galegos. A segunda novidade que editaremos en agosto é PUNTO DE FUGA. A obra supón a primeira novela gráfica de Miguel Cuba, un novel que conta xa con varios premios en concursos de BD. Unha historia de corte intimista, dun autor que promete convertirse en referencia, e que de seguro dará moi boas sorpresas no mercado da banda deseñada. Adiantamos a cuberta provisional do album.
martes, 24 de mayo de 2011
CABANA DE BALIEIROS de TOKIO
Este é o título da primeira novela gráfica de Tokio. Un autor de longo percorrido pola ilustración en Galicia e que leva activo profesionalmente desde os anos oitenta.
O autor, desapareceu por entón do panorama da bd para centrarse máis na ilustración científica, disciplina na que se move con excelentes resultados. Isto e outras labouras relacionadas
coa protección do medioambente, mantiveron a Tokio alonxado da historieta ata 2009, ano no que retoma unha vella historia que se materializará este mesmo verán editada por Demo.
Cabana de Balieiros é unha historia que mestura acción, aventura e intriga nunha vila baleeira de finais do século XIX.
Esta obra supón o terceiro título da nosa editorial en canto a unha liña pola que seguiremos apostando, a novela gráfica de aventuras e de ambientación histórica en Galicia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)