jueves, 25 de agosto de 2011

"A MAN DO DIAÑO" E "PUNTO DE FUGA" en CULTURAS

O periodista Rubén Santamarta, asina estás dúas críticas no suplemento Culturas de La Voz de Galicia, o pasado fin de semán.

jueves, 18 de agosto de 2011

OS LOBOS OUVEAN DE NOVO

Este sábado a media noite, Os Lobos de Moeche ouvearán unha vez máis. A empresa Dalleqlibras fara unha proxección de imaxes do album de Manel Cráneo sobre os muros do Castelo de Moeche durante o XXXII Festival Irmandiño. O autor xa fora convidado a expoñer parte da obra e dalo pregón na 30 edición do asalto ao castelo, e o ano pasado fixo unha maratón de sinaturas na torre de homenaxe do mesmo.
Esta obra épica, que foi producida coa colaboración de Euroeume, e está ambientada nas que se considera as primeiras revoltas populares europeas, non deixou de xenerar novas desde que foi editada por Demo a principios do 2009. E probablemente, esta non sexa a derradeira vez que falemos dela.

martes, 9 de agosto de 2011

ACTIVIDADES DEMO NO VIÑETAS 2011

Preséntámosovos o noso calendario de actividades que comenzamos mañán no Viñetas,
repartidas entre a carpa de actividades da Rúa da BD e o noso stand:

MÉRCORES 10

13:00h PRESENTACIÓN "PUNTO DE FUGA" DE MIGUEL CUBA
(Na carpa)

SESIÓNS DE SINATURAS (Stand Demo Editorial)

19:00h MANEL CRÁNEO

20:00h MIGUEL CUBA
---------------------------------

XOVES 11

SESIÓNS DE SINATURAS (Stand Demo Editorial)

19:00h KIKE BENLLOCH/MANEL CRÁNEO

20:00h DANI MONTERO

21:00h TOKIO

23:00h CONCERTO “BANDA APARTE” (PUB GARUFA)
(Podedes reservar as entradas no noso stand e no das editoriais colaboradoras)
---------------------------------

VENRES 12
12:00 PRESENTACIÓN "A MAN DO DIAÑO" DE BRAIS RODRÍGUEZ
(Na carpa)

SESIÓNS DE SINATURAS (Stand Demo Editorial)

19:00h MIGUEL FERNÁNDEZ

20:00h BRAIS

21:00h TOKIO
---------------------------------

SÁBADO 13
13:00h PRESENTACIÓN "CABANA DE BALIEIROS" DE TOKIO
(Na carpa)

SESIÓNS DE SINATURAS (Stand Demo Editorial)

19:00h MIGUEL CUBA

21:00h BRAIS RODRÍGUEZ

Agardámosvos!!

DEMO AGASALLA CON VALES 10% DESCONTO EN ARTESANÍA GALEGA DURANTE O VIÑETAS

Demo Editorial agasallará a partir de hoxe martes, con vales de 10% de desconto en produtos de artesanía de Galicia para usar na tenda Gaolo Artesanía aos que merquedes no noso stand en Viñetas dende o Atlántico.
Os vales de desconto ofreceránse de agasallo a partir dunha compra mínima de 20 euros en títulos do noso catálogo editorial e serán válidos só para a semán do 8 ao 14 de agosto, que durá o festival de banda deseñada da Coruña.

A tenda Gaolo permanece aberta tódolos días de agosto, incluíndo as tardes dos domingos, en horario de 18:00h a 21:00h. En Gaolo podedes atopar multitude de coleccións en prata e artesanía, cartón pedra, cerámica e moito máis, asinada polos mellores artesáns de Galicia.

Con este acordo de colaboración a artesanía e a banda deseñada galegas, unénse para promocionar aos nosos mellores autores e artístas. Tanto Gaolo como Demo Editorial esperamos que esta nova iniciativa sexa do voso agrado.

Saúdos cordiais e bo Viñetas 2011.

lunes, 8 de agosto de 2011

EDICIÓN LIMITADA DE CAMISETAS



Durante o Viñetas, Demo Editorial poñerá á venta estes dous novos modelos de camisolas, edición non limitada senón limitádísima. Un modelo de Os Lobos de Moeche, todo un hit de ventas dentro do noso catálogo editorial; e un divertido modelo da nosa marca Planeta Mincha.
Se non queredes quedar sen a vosa, tamén podedes reservalas dirixíndovos a:

distribución.demoeditorial@gmail.com

Impresión en vinilo.
Prezo 18 euros.

domingo, 7 de agosto de 2011

CONCERTO DE BANDA APARTE NO VIÑETAS 2011

Estimad@s amig@s:

Komic Librería e Demo Editorial, comprácense e presentarvos un fantástico concerto de Banda Aparte dentro do programa oficial do Viñetas Dende o Atlántico 2011.
A banda ofrecerá o seu mellor repertorio movéndose a ritmo do mellor rithm&blues, soul e funky.

Organizado por Komic Librería e Demo Editorial e patrocinado por sete editoriais presentes na Rúa da BD, citámosvos para o vindeiro xoves 11as 23:00 na coñecida sala coruñesa Garufa.
O aforo da sala obrigou a reducir a impresión de entradas polo que aconxellamos,
os que teñades interese, as reservedes ou merquedes nos primeiros días do salón.
O prezo é de 5 euros.

Esperámosvos!!

sábado, 6 de agosto de 2011

A EXPOSICIÓN "PUNTO DE FUGA" AMPLIADA ATA O 3 DE SETEMBRO

A galería 9the13, na Coruña, amplia a exposición sobre a obra Punto de Fuga de Miguel Cuba ata o 3 de setembro, polo que todos os que asistades ao Viñetas dende o Atlántico, poderedes ver tamén a exposición dun dos descubrimentos máis prometedores do panorama da banda deseñada galega actual.
Non perdades a oportunidade de disfrutar desta magnífica mostra.

viernes, 5 de agosto de 2011

NOVIDADES DEMO EDITORIAL



A MAN DO DIAÑO
PREMIO CASTELAO 2010 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Brais Rodríguez
Prólogo de David Rubín

A man do diaño é una historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no ser humano, o conflito bélico.

Unha situación universal que sempre leva a cada personaxe que o sofre a ter que enfrontarse consigo mesmo. A historia dunha guerra máis, nun país calquera, xa que ningún esta libre de que lle toque.


«Nesta novela gráfica, gañadora do Premio Castelao, atoparedes un relato antibélico magnificamente narrado, que non percorre camiños mil e unha veces transitados, cuns personaxes con personalidades

complexas e perfectamente construídas, onde as elipses, os silencios, contan moito máis que os diálogos


David Rubín



PUNTO DE FUGA
Miguel Cuba
Prólogo de Miguelanxo Prado


A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar

o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida.

O autor, Miguel Cuba, aborda con esta primeira novela gráfica una historia actual, crítica coa sociedade que o rodea mais optimista e esperanzadora de cara ao futuro, onde a sorte tamén ten o seu papel.

Punto de fuga é unha voz íntima e anónima lanzada ao ar con ironía e humor.


«Miguel Cuba amosa nesta obra todas as súas potencialidades como autor de cómic e fai unha achega madura, necesaria e importante á banda deseñada galega.»


Miguelanxo Prado





CABANA DE BALIEIROS

Tokio


Cabana de Balieiros é unha vila desas que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar. Unha terra de costumes ancestrais, onde os máis puros instintos humanos xeran o ritmo da vida e marcan o propio destino dos seus habitantes, e levan algúns ao naufraxio da súa propia alma.

Unha historia que, con certa intriga, nos acerca ao contexto social do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro

miércoles, 3 de agosto de 2011

CHARLA DE MANEL CRÁNEO

O autor Manel Cráneo dará unha charla sobre o proceso creativo da súa obra Os Lobos de Moeche, este venres, día 5 de agosto, ás 19.30h na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, en A Coruña. O acto será de portas abertas e está encaixado dentro da programación que a biblioteca oferta aos seus lectores nos días previos ao Viñetas Desde o Atlántico.