lunes, 30 de agosto de 2010

viernes, 27 de agosto de 2010

DEMO EDITORIAL NO XORNAL GALICIA HOXE

O Xornal Galicia Hoxe adica unha páxina a Demo Editorial cun reportaxe moi completiño de Montse Dopico.
Pola nosa parte seguimos a traballar sen descanso no vindeiro tour de presentacións que iniciaremos con Dani Montero (SEN MIRAR ATRÁS), Manolo Poy e Miguel Fernández (O FILLO DA FURIA) en setembro.

viernes, 20 de agosto de 2010

OS LOBOS OUBEAN DE NOVO

SÁBADO 21: MARATÓN DE SINATURAS DE M.CRÁNEO NO XXXI FESTIVAL IRMANDIÑO DE MOECHE
Despois dun ano no circuito, Os Lobos de Moeche de Manel Cráneo seguen dando guerra. Demo Editorial contará cun stand de venta durante o festival onde se poderán adquirir este e demáis títulos editados polo noso sello. Para a ocasión, o autor fará un maratón de sinaturas de 12:00 a 20:00 que incluirá unha presentación do cómic na taberna Os Irmandiños ás 13:00 horas e que contará tamén coa presenza de Miguel Teixido, xerente da entidade Euroeume.
O resto do día, o autor situarase no torreón do castelo para resistir as hordas de lectores que por alí se acheguen, armado de lápiz e pincel. Cráneo xa estivo convidado o ano anterior ao festival para dalo pregón.

O album editado por Demo Editorial en colaboración con Euroeume estase a convertir nun clásico da banda deseñada galega, con varios miles de exemplares vendidos nun ano, e comenza a falarse xa dunha posible segunda entrega protagonizada de novo por Lopo e Martín de Ferreira.

martes, 17 de agosto de 2010

REMATADO O VIÑETAS 2010

Dani Montero firmando exemplares no Quiosko Alfonso.
Manel Cráneo firmando exemplares no stand.
Rematou o Viñetas 2010 cun balance moi positivo para Demo Editorial. As nosas novidades foron un éxito de ventas, os nosos autores cansáronse de firmar exemplares, tivemos a ocasión de reencontrarnos con vellos amigos e coñecer a outros novos e isto non fixo máis que empezar.
A partir do mes de setembro iniciamos a campaña promocional de O Fillo da Furia, con Manolo López Poy e Miguel Fernández percorrendo Galicia e tamén por diversas cidades españolas Dani Montero presentará a súa obra Sen Mirar Atrás, que comenzará a distribuirse na súa edición en castelán en setembro a través de SD Distribuciones.
A primeira cita confirmada é o día 9 en FNAC (A Coruña) con O Fillo da Furia.
(Fotos: Manu e Patri)

sábado, 7 de agosto de 2010

CALENDARIO DE ACTIVIDADES PARA VIÑETAS 2010

XOVES 12
13:00 horas PRESENTACIÓN DE NOVIDADES EDITORIAIS
Cós autores Dani Montero, Manolo López Poy, Miguel Fernández e Manel Cráneo
LUGAR: Na carpa da Rúa do Cómic (zona Xardins Mendez Nuñez)

SESIÓNS DE SINATURAS AUTORES DEMO EDITORIAL

STAND DEMO EDITORIAL
XOVES 12

18:00 horas MANOLO LÓPEZ POY + MIGUEL FERNÁNDEZ
20:00 horas DANI MONTERO
21:00 horas MANEL CRÁNEO

VENRES 13

20:00 horas DANI MONTERO
21:00 horas MANEL CRÁNEO

SÁBADO 14
18:00 horas DANI MONTERO
19:00 horas MANOLO LÓPEZ POY + MIGUEL FERNÁNDEZ
21:00 horas DANI MONTERO

QUIOSKO ALFONSO
Viernes 13
18:00 – 20:00 DANI MONTERO NA SINATURA DE AUTORES CONVIDADOS
Sábado 14
12:00 – 13:30 DANI MONTERO NA SINATURA DE AUTORES CONVIDADOS



miércoles, 4 de agosto de 2010

SEN MIRAR ATRÁS

MAMED CASANOVA

NOVIDADES DEMO EDITORIAL PARA O VIÑETAS 2010


Despois de meses en silencio desde o éxito de OS LOBOS DE MOECHE de Manel Cráneo, Demo abre novamente as súas portas a dous novos proxectos de banda deseñada en galego. A vindeira semán aproveitando o marco do Viñetas Desde o Atlántico presentaremos dúas novas obras.

Queremos que estas dúas novelas gráficas se vendan en primicia no ámbito do Viñetas polo se poñerán á venta, en exclusiva, nas librarías especializadas que participan no festival, antes de chegar ao habitual circuito libreiro.

A primeira novidade é MAMED CASANOVA; O FILLO DA FURIA, unha obra de Manolo López Poy e Miguel Fernández. Unha historia de aventuras, biográfica e en tono de suspense, sobre o mítico bandoleiro romántico. Un home que durante tres anos mantivo en tensión a toda a comarca do Ortegal. Unha narración áxil onde os autores percorren acertadamente os pasos deste personaxe condeado ao malditismo. Un excelente prato para os que lles guste comer rebumbios de historia e acción.

A outra novidade é SEN MIRAR ATRÁS, de Dani Montero. Obra galardoada có Premio Castelao 2009 que outorga a Deputación de A Coruña. Unha roadmovie con final sorprendente que demostra a calidade narrativa do autor no que supón a súa primeira primeira novela gráfica.
A obra foi presentada onte na Deputación de A Coruña e contou coa presenza do presidente Salvador Fernández Moreda, Miguelanxo Prado, promotor do concurso e membro do xurado, e o propio autor, Dani Montero.
Contaremos con dúas edicións (castelán e galego) coa particularidade de que a edición en galego conta cunha ampliación da obra e páxinas con contidos extras.
SEN MIRAR ATRÁS contará ademáis, cunha exposición de orixinais durante a edición do Viñetas Desde o Atlántico 2010.
Demo Editorial estará tamén presente no salón cun stand de venta e varias actividades programadas das que iremos informando puntualmente nos vindeiros días.