viernes, 28 de diciembre de 2012
NOVA NOVELA GRÁFICA DE MANOLO POY E MIGUEL FERNÁNDEZ
O xornalista e escritor Manolo Poy e o debuxante Miguel Fernández regresarán cunha nova novela gráfica en 2013. Será a segunda obra de longa extensión destes dos autores empeñados en ensinarnos o lado máis negro da historia. Un tandem que xa demostrou a súa valía coa obra "O Fillo da Furia"(2010), adaptación biográfica sobre a carreira delictiva de Mamed Casanova, o derradeiro bandoleiro romántico, natural de Grañas de Sor (Ortigueira). Dita obra foi coeditada no 2011 en castelán por Demo Editorial e Diábolo Ediciones.
Esta vez os autores saltan algunhas décadas adiante no tempo para volver a mostrarnos unha historia de serie negra ambientada no rural galego có paso do Haley como telón de fondo. Estede ben atentos, axiña chegarán "Os días do cometa".
miércoles, 19 de diciembre de 2012
NO FIN DO MUNDO: CÓMIC, CERVEXA E MÚSICA EN VIVO!!
Este venres, indicado como fin do mundo do "calendario maya", convidámosvos a asistir a partir das 19.30 da tarde a unha apocalíptica presentación de "Cousas de Mortos".
Que mellor obra que esta de Manel Cráneo para analizar o que foron e supuxeron os últimos miles de anos da historia da humanidade
e despedirse disfrutando e ríndonos de nós mesmos.
Aínda que moitos pensan que non, outros parapetados nos seus bunkers cren que esta será a última vez que Manel asinará exemplares,
neste caso parapetado xunto a amigos, colegas e todos aqueles que queirades achegarvos á Librería Alita Cómics, na Rúa Orzán, en A Coruña.
Ademáis tendo en conta que pode ser a derradeira ocasión, o autor asinará tamén exemplares do recente nova edición de "Os Lobos de Moeche" e de "A Torre dos Mouros".
Dous títulos de ambientación medieval que no primeiro caso xa supera os 3000 exemplares vendidos.
Os nosos amigos de ALITA convidarán a cañas de cervexa a todos os que merquedes algún cómic mentres Cráneo desentinta os seus últimos trazos.
SORTEO:
Sortearase tamén unha lámina enmarcada e asinada entre os que merquen calquera título do autor.
FESTA:
Ao remate continuaremos a festa no Pub Dublín (Rúa Panaderas), onde permañece a exposición de pranchas da bd "A Torre dos Mouros" e ademáis disfrutaremos de música en directo.
FELIZ FIN DO MUNDO!! ;-)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)