Como adiantabamos na anterior entrada queremos agasallar aos curiosos que se pasen polo noso blog polo que aquí tedes un novo fondo de escritorio. Esperamos que o disfrutedes.
lunes, 23 de febrero de 2009
martes, 17 de febrero de 2009
Un fondo de escritorio semanal
Seguimos traballando na promoción de Os Lobos de Moeche polo que a partir da vindeira semán agasallaremos aos visitantes deste blog cun novo fondo de escritorio e así faremos semanalmente ata que presentemos o album, completando un total de cinco modelos.
Ademáis traballamos xa na preparación de máis pezas promocionais que iredes coñecendo.
Ademáis traballamos xa na preparación de máis pezas promocionais que iredes coñecendo.
lunes, 16 de febrero de 2009
miércoles, 11 de febrero de 2009
Mentras ultimamos a edición de Os lobos de Moeche queremos agasallar aos curiosos con este fondo de escritorio.
Etiquetas:
FONDOS DE ESCRITORIO,
OS LOBOS DE MOECHE
sábado, 7 de febrero de 2009
OS LOBOS DE MOECHE de Manel Cráneo
O vindeiro mes de marzo verá a luz a obra Os Lobos de Moeche, o primeiro lanzamento de Demo Editorial. Trátase dunha aventura gráfica escrita e debuxada por Manel Cráneo e que transcurre no ocaso do século XV.
A trama ten como telón de fondo un dos fitos históricos máis representativos da historia de Galicia que ata agora nunca fora tocado desde o cómic en formato album, a Guerra Irmandiña.
A edición deste proxecto contou coa estreita colaboración da entidade Euroeume que utilizará o cómic como peza promocional do Museo do Castelo de Moeche, lugar que proximamente abrirá as súas portas ao público e que é o epicentro da narración.
Con esta obra, Demo Editorial inicia a súa andadura apostando polo cómic en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico de Galicia mediante un medio de entretenemento como é a novela gráfica.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)