Mostrando entradas con la etiqueta PUNTO DE FUGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PUNTO DE FUGA. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de noviembre de 2011

MIGUEL CUBA EN LIBRERÍA KÓMIC (SANTIAGO)


Despois de varios meses da saída da obra Punto de Fuga, desde que foi presentada no Viñetas desde O Atlántico, o pasado mes de agotso, pechamos o tour de Miguel Cuba este venres, na libraría Kómic de Santiago.

Punto de Fuga é unha obra que está tendo unha excelente acollida polos noso lectores pola súa conexión temática coa sociedade actual, e aínda que de momento non temos máis presentacións programadas, ben sabemos que estamos ante unha obra de longo percorrido que seguirá dando que falar.

Non faltedes este venres e non marchedes sen levar un exemplar customizado polo autor.

lunes, 31 de octubre de 2011

SESIÓN DE SINATURAS DE MIGUEL CUBA EN ALITA CÓMICS

Retornan os lápices de Miguel Cuba, nunha sesión de sinaturas este venres na Coruña. Punto de Fuga, unha bd de enfoque social, realista e con doses de excelente humor negro, aporta un raio de luz sobre a crise e a situación laboral das novas xeracións, nunha historia onde o debuxo do autor reforza a súa calidade narrativa no que supón a súa primeira novela gráfica.

Non deixedes de mercala se aínda non a tedes, e levala customizada este venres 4 de novembro ás 19:30, en Alita Cñómics (Rúa Orzán), un cálido lugar onde nunca falta o licor café para aliviar a friaxe.
Esperámosvos!!

jueves, 22 de septiembre de 2011

PRESENTACIÓN PUNTO DE FUGA EN PONTEVEDRA E VIGO


Próximas presentacións para este fin de semán:


PUNTO DE FUGA

de Miguel Cuba


VENRES 23, 18:00h

LIBRARÍA PAZ

PONTEVEDRA


SÁBADO 24, 18:00h

LIBRARÍA BANDA DESEÑADA

VIGO


Nos vós perdades a ocasión de levar un exemplar customizado por unha das actuais revelacións

da banda deseñada, Miguel Cuba, e de ler unha obra feita con mirada crítica que reflicte a situación

laboral nos tempos que corren con total sentido da ironía.


O album conta con prólogo de Miguelanxo Prado.

Adxuntamos cartel.


E lembrámosvos tamén a nosa actividade de hoxe:


CABANA DE BALIEIROS

de Tokio

XOVES 22, 19:30

FNAC

A CORUÑA


sábado, 6 de agosto de 2011

A EXPOSICIÓN "PUNTO DE FUGA" AMPLIADA ATA O 3 DE SETEMBRO

A galería 9the13, na Coruña, amplia a exposición sobre a obra Punto de Fuga de Miguel Cuba ata o 3 de setembro, polo que todos os que asistades ao Viñetas dende o Atlántico, poderedes ver tamén a exposición dun dos descubrimentos máis prometedores do panorama da banda deseñada galega actual.
Non perdades a oportunidade de disfrutar desta magnífica mostra.

viernes, 5 de agosto de 2011

NOVIDADES DEMO EDITORIAL



A MAN DO DIAÑO
PREMIO CASTELAO 2010 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Brais Rodríguez
Prólogo de David Rubín

A man do diaño é una historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no ser humano, o conflito bélico.

Unha situación universal que sempre leva a cada personaxe que o sofre a ter que enfrontarse consigo mesmo. A historia dunha guerra máis, nun país calquera, xa que ningún esta libre de que lle toque.


«Nesta novela gráfica, gañadora do Premio Castelao, atoparedes un relato antibélico magnificamente narrado, que non percorre camiños mil e unha veces transitados, cuns personaxes con personalidades

complexas e perfectamente construídas, onde as elipses, os silencios, contan moito máis que os diálogos


David Rubín



PUNTO DE FUGA
Miguel Cuba
Prólogo de Miguelanxo Prado


A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar

o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida.

O autor, Miguel Cuba, aborda con esta primeira novela gráfica una historia actual, crítica coa sociedade que o rodea mais optimista e esperanzadora de cara ao futuro, onde a sorte tamén ten o seu papel.

Punto de fuga é unha voz íntima e anónima lanzada ao ar con ironía e humor.


«Miguel Cuba amosa nesta obra todas as súas potencialidades como autor de cómic e fai unha achega madura, necesaria e importante á banda deseñada galega.»


Miguelanxo Prado





CABANA DE BALIEIROS

Tokio


Cabana de Balieiros é unha vila desas que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar. Unha terra de costumes ancestrais, onde os máis puros instintos humanos xeran o ritmo da vida e marcan o propio destino dos seus habitantes, e levan algúns ao naufraxio da súa propia alma.

Unha historia que, con certa intriga, nos acerca ao contexto social do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro

martes, 26 de julio de 2011

EXPOSICIÓN "PUNTO DE FUGA" De Miguel Cuba en A Coruña

EXPOSICIÓN "PUNTO DE FUGA"
de Miguel Cuba
Do 27 de xullo ao 6 de agosto.

Este mércores 27 de xullo, ás 20:30, na Galería 9THE13 (R/ Tabernas, 9 - bajo) de A Coruña, inaugúrase a mostra de Miguel Cuba, con pranchas orixinais e algún debuxo
inédito do material que formará parte da súa primeira novela gráfica Punto de Fuga.
O libro sairá á venta entre as novidades de Demo Editorial presentará na Rúa da BD en agosto, durante o Viñetas desde o Atlántico.

Adxuntamos catálogo en PDF da exposición, non deixedes de visitala.
Agardamos que dita mostra sirva de aperitivo para a posterior degustación da súa exquisita obra.

jueves, 14 de julio de 2011

PUNTO DE FUGA de Miguel Cuba

Esta é a cuberta definitiva coa que Miguel Cuba nos agasalla para a súa primeira novela gráfica. Este autor de futuro prometedor, será sen dúbida un dos descubrimentos do ano no sector da bd. Estade atentos.