jueves, 20 de septiembre de 2012
OS AUTORES DE SÁLPOCK PRESENTARÁN A OBRA EN COMPOSTELA
A librería Kómic acollerá unha vez máis unha das nosas presentacións. Neste caso volven á carga os autores Álvaro López e Luís Sendón. E isto non é todo, ao día seguinte pola mañán, ás 12:00 estarán presentes na presentación da colección HäinöS, xunto a Manel Cráneo, no Festival Freakemacine. Dito acto terá lugar na Fundación Luís Seoane en A Coruña. Un auténtico doblete galáctico!!
viernes, 14 de septiembre de 2012
PRESENTACIÓN DE TITOÁN EN RODEIRO
MAÑÁ, SÁBADO 15 DE SETEMBRO, ás 13:30 HORAS, presentarase a obra TITOÁN no CAMPO DA FEIRA de RÍO (Rodeiro, Pontevedra)
MANEL CRÁNEO FALANDO DOS SEUS MORTOS NA RADIO GALEGA
Enlace para escoitala entrevista realizada a Manel Cráneo no programa "Galicia Por diante" da RTVG. Unha tertulia có autor en torno á súa obra "Cousas de Mortos", editada por Demo Editorial dentro da colección HäinöS.
martes, 4 de septiembre de 2012
PRESENTACIÓN "COUSAS DE MORTOS" EN FNAC A CORUÑA
Temos o pracer de convidarvos á presentación de Cousas de Mortos, de Manel Cráneo, este xoves 6 de setembro, en FNAC A Coruña, ás 19:30 horas.
Os que non podades asistir, recibide o noso máis sinceiro pésame pola pérdida, máis non deixedes de leelo libro ;-)
COUSAS DE MORTOS
Manel Cráneo
ISBN: 978-84-940349-0-9
Colección HäinöS nº2
64 páxinas, color.
PVP: 13,50 euros
Unha escolma de historias curtas publicadas ao longo de máis dunha década en diversas revistas e onde o común denominador é que os seus protagonistas son esqueletes.
Ironía, filosofía, humor negro e un séntido crítico da sociedade, son algúns dos condimentos deste album onde os mortos son a caricatura dos vivos.
Unha lectura que deambula irónicamente polos camiños do tétrico e o fantástico.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)