martes, 23 de noviembre de 2010

NOVAS PRESENTACIÓNS SEN MIRAR ATRÁS

Este é o cartel que o propio Dani Montero preparou para a súas seguintes presentacións. Seguimos promocionando o seu primeiro album, Sen Mirar Atrás, presentando por Galicia a súa edición en galego. Neste caso o autor firmará exemplares este venres e sábado nas librarías Paz e Banda Deseñada, en Pontevedra e Vigo respectivamente.
Desde a súa saída no último festival Viñetas Desde o Atlántico o pasado mes de agosto, o album, premiado có Castelao 2009 da Deputación de A Coruña, esta recibindo críticas do máis favorable como a que se pode ler esta semán no blog La Cárcel de Papel, un dos blogs especializados máis seguidos de España.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

DANI MONTERO NA LIBRARÍA KÓMIC (SANTIAGO)

Este venres, 12 de novembro o autor, Dani Montero, volve á carga cunha sesión de sinaturas do seu afamado album Sen Mirar Atrás que lle custou ben caro, nada máis e nada menos que o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación de A Coruña. Demo Editorial continua deste xeito coa promoción deste fantástico album.
A sesión terá lugar na Librería Kómic de Santiago, ubicada na Rúa San Pedro de Mezonzo e pioneira entre as librarías especializadas en banda deseñada, camiño dos 30 anos de experiencia. Non esperedes máis, se aínda non tedes un exemplar customizado polo autor, esta é a ocasión.

jueves, 4 de noviembre de 2010

MAMED CASANOVA EN PAZ E BANDA DESEÑADA (Pontevedra e Vigo)

Mamed Casanova entra unha noite nun cemiterio e rouba o traxe dun morto para sacar a unha moza a bailar. No Casino de Ortigueira un familiar do defunto recoñece a roupa. A intención de Mamed era emigrar a Cuba pero non chegará máis lonxe dos montes do Ortegal. Perseguido durante tres anos pola garda civil, este mozo apodado Toribio, será o chivo expiatorio da sociedade decimonónica dominada pola burguesía da época.
Deste xeito arranca O Fillo da Furia, a novela gráfica baseada en feitos reais, dos autores lucenses Manolo López Poy (Sarria) e Miguel Fernández (Baralla). A obra supón un repaso ao historial delictivo do último bandoleiro romántico, un personaxe esquecido na néboa, sobre o que escribiron Emilia Pardo Bazán ou o mesmo Valle-Inclán e que agora reaparece protagonizando esta banda deseñada de aventuras.
Este fin de semán os autores asinarán exemplares en:
Venres 5 de novembro
LIBRERÍA PAZ (Pontevedra)
18:00 h
Sábado 6 de novembro
BANDA DESEÑADA (Vigo)
18:00 h