Mostrando entradas con la etiqueta MANEL CRÁNEO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MANEL CRÁNEO. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de octubre de 2012

AVANCE DE DÚAS PÁXINAS: "A TORRE DOS MOUROS"

Adiantamos as dúas primeiras páxinas do comic-book, "A Torre dos Mouros", de Manel Cráneo, realizada en torno a unha posible hipótese de uso do xacemento altomedieval denominado có mesmo nome e ubicado en Lira. A publicación, realizada có asesoramento do arqueólogo e director da excavación, Antón Malde e do historiador e periodista Manuel Gago, conta con 12 páxinas.

Unha parte da edición desta banda deseñada, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, será distribuída gratuitamente a todos os nenos de Carnota. Os voluntarios e o equipo técnico que participou no proxecto arqueolóxico tamén recibirán gratuitamente un exemplar personalizado, dedicado persoalmente por Manel Cráneo, en agradecemento pola súa colaboración na campaña arqueolóxica desenvolvida o pasado verán.  
A BD tamén se poderá adquirir en Carnota e en librarías de toda Galicia a través da canle de distribución da propia editorial, que comercializará o título, nun pack xunto a unha nova edición de Os Lobos de Moeche, nas vindeiras semáns.


lunes, 19 de diciembre de 2011

TRES RAZÓNS POLAS QUE LER E AGASALLAR DEMO EDITORIAL

Chegadas estas datas, moita xente non se aclara con que agasallar, e que hai mellor que unha boa lectura. Algúns dos nosos autores quixeron darnos tres razóns polas que ler e agasallar os seus títulos nestas festas, isto é o que nos contan:

TRES RAZÓNS POLAS QUE LER E AGASALLAR:


MIGUEL CUBA autor de PUNTO DE FUGA


1. "Punto de fuga" trata unha temática de actualidade: o incerto futuro dunha das xeracións mellor preparadas da historia da democracia no noso país. Moitos lectores recoñeceranse a sí mesmos ou a xente próxima na situación de Mateo.


2. Aporta sentido do humor, certas doses de surrealismo e unha mensaxe final de optimismo para afrontar estes tempos de crise.


3. A ambientación recrea de xeito realista distintas cidades e lugares da xeografía galega. De seguro que o lector recoñecerá as cafetarías, ambientes e rúas polas que se moven os protagonistas.




TOKIO autor de CABANA DE BALIEIROS


1. Porque só se aprende a nadar botándose ao mar.


2. Porque podemos descubrir a existenza de lugares que necesitaremos buscar despois ao longo da Costa da Morte.


3. Porque a cada lectura faremos revivir aos personaxes e a vida de Cabana de Balieiros.




MANOLO POY E MIGUEL FERNÁNDEZ autores de O FILLO DA FURIA/ EL HIJO DE LA IRA


1. "El Hijo de la Ira" achegarate a unha biografía na que a aventura mesturase có relato histórico e o xénero negro, para coñecer a vida do último bandoleiro romántico, Mamed Casanova, cuxas andanzas narraron en su día Valle Inclán ou Pardo Bazán.


2. É unha album en branco e negro cargado de intensidade, no que o mito mestúrase coa narración dunha axitada época marcada polos profundos cambios sociais.


3. A edición en galego tivo unha excelente acollida por parte dos lectores e esperamos que a de castelán non sexa menos.






DANI MONTERO autor de SEN MIRAR ATRÁS/ SIN MIRAR ATRÁS

(PREMIO CASTELAO 2009)


1. Quería contala historia dunha desas personas anónimas que nos cruzamos na rúa día a día.


2. Quería contar unha historia sobre o amarga que pode resultar a soidade e o doce dunha amizade incondicional.


3. Quería contar una historia que contuviese momentos de suspense, acción, drama e comedia a partes iguais e o resultado foi "Sen Mirar atrás".




MANEL CRÁNEO autor de OS LOBOS DE MOECHE


1. "Os Lobos de Moeche" é unha maneira de achegarse de xeito entretido, a un episodio da idade media galega, o das revoltas irmandiñas, que serviu de precedente a nivel europeo nos sucesivos movementos sociais que derrocaron o feudalismo.


2. É unha aventura de atmósfera romanticista, tono dramático, certo aire épico pero con estética actual que desde que saiu segue conectando cós lectores e abarca tódolos públicos. Desde xente que se interesa polo substrato histórico ata outros que se quedan coa trama de ficción que supón o fío argumental.


3. Algúns lectores me comentaron que lles pareceu que nun contexto histórico, a obra trata sobre conflictos sociais aínda vixentes. Supoño que a lectura de Os Lobos produce este efecto dxa que é intencionadamente discursiva e crítica coa sociedade. Conleva unha intención reflexiva sobre o pouco que progresou o xénero humano desde a idade media ata hoxe, e certos aspectos sociais.

jueves, 18 de agosto de 2011

OS LOBOS OUVEAN DE NOVO

Este sábado a media noite, Os Lobos de Moeche ouvearán unha vez máis. A empresa Dalleqlibras fara unha proxección de imaxes do album de Manel Cráneo sobre os muros do Castelo de Moeche durante o XXXII Festival Irmandiño. O autor xa fora convidado a expoñer parte da obra e dalo pregón na 30 edición do asalto ao castelo, e o ano pasado fixo unha maratón de sinaturas na torre de homenaxe do mesmo.
Esta obra épica, que foi producida coa colaboración de Euroeume, e está ambientada nas que se considera as primeiras revoltas populares europeas, non deixou de xenerar novas desde que foi editada por Demo a principios do 2009. E probablemente, esta non sexa a derradeira vez que falemos dela.