O xogo foi editado por Demo o pasado mes de maio como encargo para as actividades celebradas dentro das actividades programadas pola Concellaría de Normalización Lingüistica en torno ao día das letras galegas, na cidade da Coruña. A peza utilizouse como agasallo para os nenos e nenas participantes nalgunhas das actividades programadas.
miércoles, 29 de junio de 2011
XOGO "O GALEGO MEDRA CONTIGO"
Manel Cráneo mostra no seu blog persoal imaxes do xogo "O Galego Medra Contigo", peza da campaña de dinamización da lingua galega do Concello da Coruña que levaba como slogan o mesmo nome.
martes, 21 de junio de 2011
DEMO EDITORIAL EN FACEBOOK
A partir desta mesma tarde Demo Editorial xa está presente na rede social facebook. Todos os interesados en estar ao tanto da nosa actividade xa tedes outro sitio onde atoparnos. Esperámosvos.
miércoles, 8 de junio de 2011
SEN MIRAR ATRÁS DE DANI MONTERO EN ALEMÁN
(Galego)
O autor galego Dani Montero, será un dos convidados no Festival de Cómic de Munich (Alemaña) onde verá publicada a súa obra SEN MIRAR ATRÁS xa que a Editorial Edition 52 ven de mercalos dereitos para este territorio. A edición xermana do album terá ademáis un novo deseño de cuberta.
"Kein Blick Zurük", presentarase dentro da programación oficial do festival, no Instituto Cervantes o día 18 de xuño ás 12:00 horas , lugar elexido tamén para unha completa mostra dos seus orixinais.
Ademáis, do día 23 ao 26, o autor natural de Cangas, asinará exemplares no festival en sesións de dúas horas cada tarde.
Dani foi con esta novela gráfica gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, no ano 2009 e con ela da tamén o seu primeiro paso ao mercado internacional da man da nosa editorial.
Se aínda non leiches este trepidante thriller, lembramos que podedes mercar a edición en castelán e galego editadas
por Demo.
(Castellano)
El autor gallego Dani Montero, será uno de los invitados en el Festival de Cómic de Munich, en Alemanía, donde verá publicada su obra SIN MIRAR ATRÁS ya que la Editorial Edition 52 acaba de comprar los derechos para este territorio. La edición contará con un nuevo diseño de portada realizado por Dani.
"Kein Blick Zurük", se presentará en el próximo Festival de Cómic de Munich, junto a una exposición de originales en el Instituto Cervantes el día 18 de junio a las 12:00 horas.
Además, del día 23 ao 26, el autor natural de Cangas, firmará también ejemplares en el festival en sesiones de dos horas cada tarde.
Dani ganó con esta novela gráfica el Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, en el año 2009 y con ella da también su primer paso al mercado europeo de la mano de nuestra editorial.
Para los que todavía no leisteis este trepidante thriller, os recordamos que podeis comprar las ediciones de castellano y gallego editadas por Demo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)