viernes, 30 de marzo de 2012

PROMOCIÓN SÁLPOCK, O VAL DOS CEGOS

O cómic de Álvaro López e Luís Sendón, abre a nosa nova colección de ciencia ficción "HäinöS" e estará nas librarías a partir do próximo luns, día 2 de abril.
Esta aventura de acción nun universo apocalíptico, foi finalista do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, da Deputación da Coruña, e conta como extra cun mini-xogo de rol ambientado na historia que podedes descargar gratis. Busca o código no interior do album.

Rexístrate no servizo de novidades de Demo Editorial enviando un correo a demo.editorial@gmail.com e disfruta das 8 primeras páxinas do album gratis!!

viernes, 16 de marzo de 2012

COLECCIÓN HÄINÖS


Xa temos nome para a nosa nova colección de ciencia ficción e aventuras noutros mundos. Lembrando aquelo das meigas. "habelas hainas", estamos seguros de que pasa o mesmo con outros mundos, "hainos". Guiados por un cabaliño do demo mutante, no logotipo deseñado para esta nova aventura, achegarémonos a lugares fantásticos como o val do Cegos, no lonxano Zakfart ou os fríos desertos de neve de Hëlüs, no Planeta Mincha.

Estade atentos, e buscade entre as estrelas ao noso cabaliño do demo. O primeiro encontro extraterrestre virá da man de Álvaro López e Luís Sendón, a primeiros de abril, coa obra que leva por título Sálpock, o val dos Cegos.

miércoles, 7 de marzo de 2012

NOVIDADES DEMO EDITORIAL 1º SEMESTRE 2012


Adiantamos as nosas dúas próximas novidades, coas que ademáis iniciamos este ano 2012 dúas novas coleccións respectivamente dentro da nosa liña editorial, apostando por autores galegos.
Con estes títulos incorporamos catro novos autores ao noso catálogo con dúas obras que pretenden rechear novos espazos temáticos da novela gráfica en lingua galega.

A primeiros de abril, editaremos Salpock, dos autores Álvaro López e Luís Sendón. Con este album que resultou finalista do Premio Castelao 2011 da Deputación da Coruña, Demo Editorial inicia unha nova colección en torno a un xénero de culto, a ciencia-ficción. Ambos autores, son antigos membros do Colectivo Polaqia có que xa editaron xuntos a obra “38” e teñen participado con multitude de historietas curtas na revista Barsowia. Con Salpock, afrontan unha historia de acción e aventura nun mundo futuro e post-apocalíptico enfocada a tódolos públicos. Estamos seguros de que vai facer as ledicias dos lectores procuradores de mundos novos e fantásticos.

Para o mes das letras galegas reservamos un lanzamento moi especial. Chegará o momento para os autores Iván Suárez e Inacio Vilariño. Baixo o título“Castelao: O pobre Tolo”, preséntannos a primera entrega dunha serie de varios títulos nos que abordarán diferentes aspectos biográficos sobre a figura máis emblemática da historia da cultura galega, o polifacético Castelao.
Ademáis, a edición deste album está impulsado conxuntamente con KOMIC LIBRERÍA, que deste xeito celebra parte da súa actividade para este ano 2012, no que cumpren o seu 25 aniversario, e nos acompañan na aventura de levar a cabo esta colección.

Desde Demo Editorial, esperamos que ambas iniciativas sexan do voso agrado mentras seguimos traballando para ofrecer a mellor bd galega.