domingo, 20 de mayo de 2012

AGASALLO AO MERCAR "CASTELAO. O POBRE TOLO " EN AIRA DAS LETRAS (ALLARÍZ)

A librería amiga, Aira das Letras (Allaríz), agasalla 10 entradas para ver a Aline Frazao mercando o album "Castelao. O pobre tolo" de Inacio e  Iván Suárez. O concerto da cantante angoleña ten entradas limitadas ao ser dentro da Fundación Vicente Risco. 

viernes, 18 de mayo de 2012

PRÓXIMAS PRESENTACIÓNS DEMO EDITORIAL

Para rematar con este mes das letras galegas anunciamos as seguintes actividades
programadas para o fin de semán do 25 ao 27 de maio:

CASTELAO. O POBRE TOLO de Inacio e Iván Suárez

XOVES 25 DE MAIO
18:00h 
LIBRERÍA SINDICATO DEL CÓMIC 
OURENSE


VENRES 26 DE MAIO
20:00h
FUNDACIÓN VICENTE RISCO
ALLARÍZ
(Organiza: Librería AIRA DAS LETRAS)

SÁLPOCK. O POBRE TOLO de Álvaro López e Luís Sendón
DOMINGO 27 DE MAIO
16:00h
EXPOTAKU (EXPOCORUÑA)
A CORUÑA

TRAILER-BOOK DE "CASTELAO. O POBRE TOLO"

lunes, 14 de mayo de 2012

CHARLA DOS AUTORES DE SÁLPOCK EN FNAC (A CORUÑA)



Este mércores, día previo ás Letras Galegas, charla de presentación de "Sálpock. O Val dos Cegos" en FNAC (A Coruña), coa presenza dos autores e o experto en banda deseñada e colaborador de Demo Editorial, Henrique Torreiro.

Farase un pase imaxes do album e do trailer-book e os asistentes poderán falar cós autores de cómic e ciencia-ficción e xogos de rol. Acto seguido os autores asinarán exemplares do libro.
Non volo perdades!!

Comunicamos tamén que FNAC agasalla estes días cunha postal exclusiva entre os seus amigos en facebook, deseñada e asinada polos autores para a ocasión.

jueves, 10 de mayo de 2012

"SÁLPOCK" EN FERROL O SÁBADO 12 DE MAIO




LEMBRAMOS:


Este sábado, 12 de maio, celebramos as letras galegas cós autores de "Sálpock O val dos Cegos",
Álvaro López e Luís Sendón, na librería Metropolis de Ferrol ás 12:00h da mañán.

A obra resultou finalista do Premio Castelao 2011 contén o código de descarga dun xogo de rol ambientado
 no propio universo de Zakfart e realizado por Roberto Díaz, ilustrado polos propios autores.

Os autores farán un striptease galáctico, que estará a altura da mellor ciencia-ficción, desnudando os secretos máis ocultos
do mundo de Zakfart. Non perdades a ocasión de levarvos un exemplar asinado e tomar un pincho.

Adxuntamos cartel da sesión de sinaturas, graciñas pola difusión e disfrutade da festa.

E para os que o día anterior estedes en Ferrol, tamén podedes ver actuando ao debuxante desta obra coa sua potente banda de grindcore
Nasghul. As autoridades sanitarias advirten que esta actividade non é apta para terrestres con problemas cardíacos.

ASTELEIRO GRINDCORE ASSAULT FEST

BANDAS:
Nashgul: A Coruña
Catheter: Denver - USA
Streetwalker: Seattle - USA
Arem3: Ferrol

Lugar: Sala Super8 (C/Real , 223, 15401, Ferrol)
Fecha: Viernes 11 Mayo 2012
Hora: 21:00 hrs.
Entrada:  GRATIS !!

lunes, 7 de mayo de 2012

PRESENTACIÓN "SÁLPOCK. O VAL DOS CEGOS" EN FERROL


Continuamos có tour de presentacións da obra "Sálpock. O val dos Cegos", o vindeiro sábado, 12 de maio, ás 12:00h da mañán, os autores Álvaro López e Luís Sendón asinarán na librería Metropolis de Ferrol.  

jueves, 3 de mayo de 2012

PRESENTACIÓNS DEMO EDITORIAL ESTE FIN DE SEMÁN!!


Esta tarde ás 18.00h, presentación de "Castelao. O Pobre Tolo", de Iván Suárez e Inacio Vilariño, en Komic Librería, Santiago. E continuamos de festa o sábado día 5 coa presentación en Barcelona de "Mamed Casanova. El hijo de la ira" de Manolo López Poy e Miguel Fernández ás 17:00h no Centro Galego de Barcelona.


martes, 1 de mayo de 2012

RESULTADO DO NOSO SORTEO EN FACEBOOK


Esta mañán fixemos o anunciado sorteo entre os primeiros 1000 seguidores e amigos de Demo Editorial. Por problemas técnicos non puidemos resolvelo onte, polo que vós pedidos desculpas a todos/as, pero que mellor día para anuncialo que o 1 de maio, día dos traballadores coma nós ;-) 
Lembramos que o lote consta do seguinte material:


1 Exemplar de "Sálpock. O val do Cegos" de Álvaro López e Luís Sendón (galego)1 Exemplar de "Sin Mirar Atrás" de Dani Montero (castellano)
1 Exemplar de "Cabana de Balieiros" de Tokio (galego)
1 Exemplar de "Mamed Casanova, el hijo de la ira" de Manolo Poy e Miguel Fernández (castellano)
3 Marcadores (Cabana de Balieiros, Planeta Mincha, A man do diaño)
1 Postal de "Mamed Casanova. O fillo da Furia"


E resultou finalmente gañadora deste sorteo....(the winner is...)

FLAVIA LAGO!!

Noraboa e que disfrutes coa lectura destes títulos.

En canto aos demáis, agradecemos por descontado o apoio de todos /as e seguiremos traballando para darvos máis e mellores lecturas.