Mostrando entradas con la etiqueta CABANA DE BALIEIROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CABANA DE BALIEIROS. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de julio de 2014

A CAUSA DO CRIME, DE TOKIO



Anunciamos a nova obra de Tokio, que chegará ao mercado a primeiros do agosto da man de Demo Editorial. 
Tokio, autor de banda deseñada e biólogo mariño, asina unha obra de ficción de importante carga política, que publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta. A historia, protagonizada por unha muller, inclúe temas como os movementos sindicais, o terrorismo e a corrupción política dos anos oitenta, coa banda sonora da Movida viguesa de pano de fondo.
O álbum conterá un enlace a Spotify e referencias dos temas musicais que inspiraron o autor para a realización do álbum.

A CAUSA DO CRIME
Autor: Tokio
50 páxinas
Branco e negro
Rústica con lapelas de 7 cm
P.V.P: 12 €

SINOPSE
Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial levanta as sospeitas da policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos. Para demostrar a súa inocencia, Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista, e ambos os dous acabarán descubrindo unhas intencións moi distintas ás das investigacións policiais.



martes, 13 de diciembre de 2011

PRESENTACIÓN CABANA DE BALIEIROS DE TOKIO EN MOAÑA

Un mariñeiro que se precie nunca deixa de bogar. Bogando e bogando, Tokio chega a Moaña este venres, para facer unha nova presentación da súa novela gráfica Cabana de Balieiros. A cita terá lugar na libraría O Pontillón, ás 21:00 horas. Pasade por alí e non deixedes de pescar a este documentado autor. Obra que sae de bo porto, sempre chega a bo porto.

jueves, 1 de diciembre de 2011

BRAIS E TOKIO NO CULTURGAL ESTE VENRES

Anunciamos os horarios de sesións de sinaturas cós nosos autores no festival CULTURGAL (Pontevedra). Terán lugar este venres pola tarde.

VENRES 2 de Decembro
No stand de venta da zona libraría

18:00h
CABANA DE BALIEIROS
de Tokio

20:00h
A MAN DO DIAÑO
de Brais Rodríguez

lunes, 28 de noviembre de 2011

DEMO EDITORIAL NO "CULTURGAL"

O vindeiro fin de semán, os nosos autores, Brais Rodríguez e Tokio, participarán no CULTURGAL, festival das industria cultural galega, que se celebrará en Pontevedra. Tamén poderedes atopar os nosos títulos na zona de librería do festival, atendida polo noso amigo Cano, de Librería Paz, onde se levarán a cabo sesións de sinaturas.
En breve facilitaremos información sobre os horarios das actividades.

lunes, 21 de noviembre de 2011

CHARLA DE TOKIO NO MUSEO DA NATUREZA

A Sociedade Galega de Historia Natural, acolle no Museo da Natureza, en Ferrol, a presentación da obra Cabana de Balieiros. Este mércores ás 19:00h.
O acto contará coa presenza do autor Tokio e o editor Manel Cráneo.

lunes, 14 de noviembre de 2011

OS MISTERIOS DE CABANA DE BALIEIROS CHEGAN A OURENSE


Tour infrenable de Tokio!! A misteriosa vila balieira da Costa da Morte invade a provincia de Ourense este fin de semán con dúas presentacións nas nosas librarías amigas, Sindicato del Cómic (Ourense) e Aira das Letras (Allariz).

martes, 11 de octubre de 2011

PRESENTACIÓN "CABANA DE BALIEIROS" EN GONDOMAR

Este xoves, 13 de outubro, Tokio presenta a súa novela gráfica "Cabana de Balieiros" no Auditorio Ponte de Rosas, en Gondomar. O acto contará coa presenza de Pepe Carreiro.

jueves, 22 de septiembre de 2011

PRESENTACIÓN PUNTO DE FUGA EN PONTEVEDRA E VIGO


Próximas presentacións para este fin de semán:


PUNTO DE FUGA

de Miguel Cuba


VENRES 23, 18:00h

LIBRARÍA PAZ

PONTEVEDRA


SÁBADO 24, 18:00h

LIBRARÍA BANDA DESEÑADA

VIGO


Nos vós perdades a ocasión de levar un exemplar customizado por unha das actuais revelacións

da banda deseñada, Miguel Cuba, e de ler unha obra feita con mirada crítica que reflicte a situación

laboral nos tempos que corren con total sentido da ironía.


O album conta con prólogo de Miguelanxo Prado.

Adxuntamos cartel.


E lembrámosvos tamén a nosa actividade de hoxe:


CABANA DE BALIEIROS

de Tokio

XOVES 22, 19:30

FNAC

A CORUÑA


miércoles, 21 de septiembre de 2011

PRESENTACIÓN CABANA DE BALIEIROS EN FNAC (A CORUÑA)

Seguimos có noso tour de presentacións. Esta semán comezamos cunha pequena charla do autor Tokio en torno ao seu título Cabana de Balieiros, seguida de sesión de sinaturas. Terá lugar mañán xoves, día 22, en FNAC (A Coruña), ás 19:30h.

O autor falará do proceso creativo da obra e dos diversos elementos documentais que manexou para ambientala nunha vila mariñeira do século XIX, ubicada na Costa da morte. A charla estará apoiada cunha proxección de imaxes do seu proceso de traballo ademáis da peza promocional da obra, que tamén podedes ver no seguinte enlace:

martes, 13 de septiembre de 2011

TOKIO EN KÓMIC E BRAIS EN ALITA



Arredor dunha veintena de presentacións forman o noso programa para este trimestre, que levarán a Tokio, Brais e Miguel Cuba por diferentes librarías galegas. A pasada semán iniciamos o noso tour de presentacións de novidades con Brais en FNAC. Este venres 16 de setembro continuamos con dúas actividades simultáneas.

As 18:00h da tarde en Kómic (Santiago), o autor Tokio presentará a súa novela gráfica Cabana de Balieiros, historia de acción e aventuras ambientada na Costa da Morte durante o século XIX.
Ás 20:00h tocaralle o turno a Brais Rodríguez, que asinará exemplares da súa obra A MAN DO DIAÑO, premiada có Castelao de Banda Deseñada 2010. Dita presentación terá lugar en Alita (Rúa Orzán, A Coruña).

As dúas presentacións estarán animadas con licor café.

En breve poñeremos á vosa disposición o noso calendario có resto de actividades programadas.

viernes, 5 de agosto de 2011

NOVIDADES DEMO EDITORIAL



A MAN DO DIAÑO
PREMIO CASTELAO 2010 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Brais Rodríguez
Prólogo de David Rubín

A man do diaño é una historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no ser humano, o conflito bélico.

Unha situación universal que sempre leva a cada personaxe que o sofre a ter que enfrontarse consigo mesmo. A historia dunha guerra máis, nun país calquera, xa que ningún esta libre de que lle toque.


«Nesta novela gráfica, gañadora do Premio Castelao, atoparedes un relato antibélico magnificamente narrado, que non percorre camiños mil e unha veces transitados, cuns personaxes con personalidades

complexas e perfectamente construídas, onde as elipses, os silencios, contan moito máis que os diálogos


David Rubín



PUNTO DE FUGA
Miguel Cuba
Prólogo de Miguelanxo Prado


A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar

o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida.

O autor, Miguel Cuba, aborda con esta primeira novela gráfica una historia actual, crítica coa sociedade que o rodea mais optimista e esperanzadora de cara ao futuro, onde a sorte tamén ten o seu papel.

Punto de fuga é unha voz íntima e anónima lanzada ao ar con ironía e humor.


«Miguel Cuba amosa nesta obra todas as súas potencialidades como autor de cómic e fai unha achega madura, necesaria e importante á banda deseñada galega.»


Miguelanxo Prado





CABANA DE BALIEIROS

Tokio


Cabana de Balieiros é unha vila desas que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar. Unha terra de costumes ancestrais, onde os máis puros instintos humanos xeran o ritmo da vida e marcan o propio destino dos seus habitantes, e levan algúns ao naufraxio da súa propia alma.

Unha historia que, con certa intriga, nos acerca ao contexto social do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro

jueves, 7 de julio de 2011

VIDEO PROMOCIONAL DE CABANA DE BALIEIROS

Presentamos o video promocional dunha das nosa novidades para agosto. Cabana de Balieiros, do autor Tokio. A novela gráfica será presentada no Viñetas desde o Atlántico a segunda semán de agosto. Esperemos que vós guste este pequeno adianto dunha obra que promete unha boa lectura.
A música do video é de Manel Cráneo.

martes, 24 de mayo de 2011

CABANA DE BALIEIROS de TOKIO

Este é o título da primeira novela gráfica de Tokio. Un autor de longo percorrido pola ilustración en Galicia e que leva activo profesionalmente desde os anos oitenta.
O autor, desapareceu por entón do panorama da bd para centrarse máis na ilustración científica, disciplina na que se move con excelentes resultados. Isto e outras labouras relacionadas
coa protección do medioambente, mantiveron a Tokio alonxado da historieta ata 2009, ano no que retoma unha vella historia que se materializará este mesmo verán editada por Demo.
Cabana de Balieiros é unha historia que mestura acción, aventura e intriga nunha vila baleeira de finais do século XIX.
Esta obra supón o terceiro título da nosa editorial en canto a unha liña pola que seguiremos apostando, a novela gráfica de aventuras e de ambientación histórica en Galicia.