lunes, 3 de noviembre de 2014

O AUTOR TOKIO ESTARÁ EN LUGO E MALPICA ESTE FIN DE SEMÁN

Un dos veteranos da banda deseñada galega, aterriza en Lugo este venres para logo voar ata a mesmísima Porta da Costa da Morte o sábado.
O venres en Libraría Totem, sesión de sinaturas para presentar a súa obra A CAUSA DO CRIME e o sábado en Malpica de Bergantiños convidado á CEA DAS LETRAS para falar precisamente da súa anterior novela gráfica CABANA DE BALIEROS, ambientanda na época dos grandes naufraxios do século XIX. Indudablemente un dos títulos clásicos do noso catálogo.





miércoles, 22 de octubre de 2014

CHARLA DE TOKIO EN FERROL

A Fundación Artabria organiza mañá pola tarde unha charla con Tokio para que fale da súa nova obra e do ambiente dos anos 80, na que está ambientada. A cousa promete estar ben interesante!


martes, 14 de octubre de 2014

DEMO EDITORIAL A TOPE!

O fin de semán do 17 ao 19 de outubro, preséntase intenso para Demo Editorial e a nosa marca Planeta Mincha. Adiantamos a info das nosas actividades programadas en librarías e na feira TENDA: nuevo Comercio Urbano. En tres días aglutinaremos en A Coruña, Santiago e Pontevedra, 2 presentacións, 3 sesións de sinaturas con autores, 4 obradoiros e unha charla. Por dar opcións culturais que non sexa!!

VENRES 17 PRESENTACIÓNS EN SANTIAGO E PONTEVEDRA



SÁBADO 18 E DOMINGO 19 EN TENDA

Participaremos cun showroom de Planeta Mincha e stand de venta de Demo Editorial ofrecendo ata un total de 8 actividades en 2 días. 


STAND DEMO EDITORIAL
Sábado ás 19:00 Jano, autor de Nacho Camacho y Operario.
Sábado ás 20:00 Manel Cráneo, autor de Os lobos de Moeche, Cousas de Mortos, A Fraga Milmañas etc.
Domingo ás 18:00 Tokio, autor de A Causa do Crime e Cabana de balieiros


ESCENARIO
Manel Cráneo presentará o sábado ás 13:00h o seu proxecto multidisciplinar Planeta Mincha: cómo unha idea nun caderno convértese en marca de entreteñemento.

SHOWROOM PLANETA MINCHA
Sábado ás 12:00 creación de divertidas chapas de personaxes imaxinarios.
Sábado ás 18:00 montaxe de robots (paper-toys)
Domingo ás 13:00 creación de divertidas chapas de personaxes imaxinarios.
Domingo ás 18:00 montaxe de robots (paper-toys)

martes, 23 de septiembre de 2014

TOKIO DESCUBRE "A CAUSA DO CRIME" ESTE SÁBADO EN VIGO!!!


Non faltedes este sábado ao Café "La Historia" en Vigo, dentro dun marco acolledor poderedes disfrutar dunha tertulia entre Tokio, autor do álbum, e Victor Tizón, outro dos pioneiros da banda deseñada galega e contemporáneo á movida viguesa que pinta o telón de fondo deste cómic. Todo isto mentras tomades unhas cañas. Tamén haberá un pinchiño grazas á colaboración dos amigos do local durante a sesión posterior de sinaturas.
Con isto pechamos un triplete de presentación para este fin de semán que se completa coas dúas presentacións de Nacho Camacho en A Coruña, tedes máis info disto no anterior post.

ENDEREZO DO EVENTO:
La Historia Café Bar (R/ Cruza Blanca, nº 5 - CALVARIO PEATONAL)


NON VOLAS PERDADES!!


lunes, 22 de septiembre de 2014

NACHO CAMACHO en A Coruña!!

Temos o pracer de convidaros ás seguintes actividades esta semán.

XOVES 25, en FNAC, A Coruña, tertulia con Rodrigo Cota e Jano para falar da súa obra NACHO CAMACHO, presentada polo seu editor, Manel Cráneo.

VENRES 26, En Alita Cómics (Rúa Orzán, A Coruña), sesión de sinaturas coa presenza dos autores.



JANO
A Coruña, 1979.
Licenciouse en Belas Artes na Facultade de Pontevedra.
Gañou algúns premios, como o Injuve no 2002, o Certame Ourense no 2003 ou o Golden Globos no 2011. Na actualidade tenta traballar como historietista, ilustrador e deseñador gráfico.
Simultaneamente adéstrase para sobrevivir ao inminente colapso da civilización occidental.

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:
Operario (Demo Editorial, 2013)
3X1 (Polaqia, 2012)
Ratoon (Bang, 2010)
Centoloman (Rei Zentolo, 2009)
Layka (Cabezabajo, 2005)
Patricia (Polaqia, 2002)
Nieve negra
(Factoría de Ideas, 2000)

RODRIGO COTA 
México DF, 1966.
Escritor e guionista de cómic e cinema, autor de novela humorística e actualmente
columnista en Diario de Pontevedra, labor que compaxina cos de corrector literario e escritor fantasma.

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:
El inaudito secuestro
de Mariano Rajoy (2012)
La loca historia
de Pontevedra (2010)
Centoloman (Rei Zentolo, 2009)

jueves, 18 de septiembre de 2014

DEMO E PLANETA MINCHA EMBARCADOS EN SANXENXO


Este sábado participaremos na Festa dos Embarcados, en Sanxenxo, cun stand onde atoparedes todas as refrenzas do noso catálogo e tamén de Planeta Mincha. Coa presenza e sesións de sinaturas de Jano (Nacho Camacho, Operario, etc.) e Manel Cráneo (Os Lobos de Moeche, Cousas de Mortos, A Fraga Milmañas, etc.)

viernes, 5 de septiembre de 2014

DEMOTOUR PRESENTACIÓNS / SETEMBRO/OUTUBRO 2014

Benqueridos amig@s:
Aínda que con posibilidades de algunha nova data e algún reaxuste horario nalgún caso, atrevémonos a adiantar as principais citas do noso tour de presentacións de novidades. Jano e Rodrigo Cota, autores de NACHO CAMACHO e Tokio, autor de A CAUSA DO CRIME deixarán correr a tinta pola fantástica xeografía galega coas súas novas obras cargadas de contido social e reivindicativo. No primeiro caso coa ferramenta do humor e no segundo con grandes doses de intriga e rock.
Vémonos nas librarías e demáis lugares de alterne ;-)

Saude, liberdade e moitos tebeos!!







jueves, 7 de agosto de 2014

NOVAS SESIÓNS DE SINATURAS AUTORES DEMO NO VIÑETAS

Actualizamos as nosas sinaturas e actividades no Viñetas 2014 con novas incorporacións no plantel de participantes. Súmase Carlos Amil este fin de semán. Esperámosvos!!

SINATURAS AUTORES DEMO EDITORIAL

XOVES 7
13:00 TOKIO stand Komic (Viñetas)
19:00 JANO stand Demo (Viñetas)
20:00 TOKIO stand Demo (Viñetas)

VENRES 8
13:00 Presentación NACHO CAMACHO de RODRIGO COTA e JANO (Carpa)
18:30 JANO stand Komic (Feira do Libro)
18:30 MIGUEL FERNÁNDEZ stand Demo (Viñetas)
20:30 TOKIO stand Demo (Viñetas)

SÁBADO 9
12:00 TOKIO stand Alita (Viñetas)
13:00 Presentación de A CAUSA DO CRIME de TOKIO (Carpa)
18.30 TOKIO stand Consorcio Editorial (Feira Libro)
18:30 CARLOS AMIL/MANEL CRÁNEO stand Demo (Viñetas)
20:00 TOKIO e MANEL CRÁNEO stand Demo (Viñetas)

DOMINGO 10
13:00 TOKIO stand Demo (Viñetas)
18:30 CARLOS AMIL/MANEL CRÁNEO stand Demo (Viñetas)

20:00 JANO e MANEL CRÁNEO stand Demo (Viñetas)

lunes, 4 de agosto de 2014

PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS DEMO EDITORIAL NO "VIÑETAS 2014"

Adiantamos as sesións de sinaturas e presentacións de novidades de Demo Editorial preparadas para o "Viñetas desde o Atlántico 2014". Estas actividades realizaránse tanto no noso stand como no dalgunhas librarías na feira do Cómic e este ano tamén na do Libro. Detallamos a continuación cada unha delas. 
Esperámosvos có mellor de nós!!


PROGRAMACIÓN:

MÉRCORES 6 
20:00 JANO stand Demo (Viñetas)

XOVES 7
13:00 TOKIO stand Komic (Viñetas)
19:00 JANO stand Demo (Viñetas)
20:00 TOKIO stand Demo (Viñetas)

VENRES 8
13:00 Presentación NACHO CAMACHO de RODRIGO COTA e JANO (Carpa)
18:30 MIGUEL FERNÁNDEZ stand Demo (Viñetas)
20:30 TOKIO stand Demo (Viñetas)

SÁBADO 9
12:00 TOKIO stand Alita (Viñetas)
13:00 Presentación de A CAUSA DO CRIME de TOKIO (Carpa)
18.30 TOKIO stand Consorcio Editorial (Feira Libro)
20:00 TOKIO e MANEL CRÁNEO stand Demo (Viñetas)

DOMINGO 10
13:00 TOKIO stand Demo (Viñetas)

20:00 JANO e MANEL CRÁNEO stand Demo (Viñetas)

viernes, 11 de julio de 2014

NOVIDADE: NACHO CAMACHO de Rodrigo Cota e Jano


Jano regresa a Demo Editorial para traernos da man do excelente guionista Rodrigo Cota o que será a nosa segunda novidade para presentar durante a feira do Viñetas desde o Atlántico 2014. 

Nacho Camacho é ante todo un home dos de sempre, e está orgulloso de selo. Macho alfa contemporáneo, cachas de ximnasio, materialista ata a medula, adora o seu ídolo Clint Eastwood, seguramente porque aínda non coñece a Vin Diesel. A vida de Nacho sería perfecta se non fose por un pequeno problema que ten na súa propia casa: o seu fillo pre-adolescente, Junior, é homosexual.

Jano e Rodrigo Cota ofrecen unha obra humorística que ridiculiza de xeito directo e sen complexos unha sociedade machista que sucumbe ante a chegada de novos conceptos para entender a vida baseados nas liberdades individuais e de expresión.

Un álbum transgresor e indispensable para derribar con bo humor a fachada do mundo virtual que nos envolve.

Aproveitamos para lembrar que Jano será un dos convidados oficiais desta edición do Viñetas desde o Atlántico. 


NACHO CAMACHO
Rodrigo Cota / Jano
Colección Demográfica nº2
52 páxinas (Con making off)
Cor
14 x 21 cm
Rústica con lapelas

P.V.P: 11,50 €

Outras obras de Jano publicadas por Demo Editorial:

OPERARIO
Jano
Colección Demográfica nº1
52 páxinas
Branco e negro
14 x 21 cm
Rústica con lapelas

P.V.P: 10 €

martes, 1 de julio de 2014

A CAUSA DO CRIME, DE TOKIO



Anunciamos a nova obra de Tokio, que chegará ao mercado a primeiros do agosto da man de Demo Editorial. 
Tokio, autor de banda deseñada e biólogo mariño, asina unha obra de ficción de importante carga política, que publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta. A historia, protagonizada por unha muller, inclúe temas como os movementos sindicais, o terrorismo e a corrupción política dos anos oitenta, coa banda sonora da Movida viguesa de pano de fondo.
O álbum conterá un enlace a Spotify e referencias dos temas musicais que inspiraron o autor para a realización do álbum.

A CAUSA DO CRIME
Autor: Tokio
50 páxinas
Branco e negro
Rústica con lapelas de 7 cm
P.V.P: 12 €

SINOPSE
Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial levanta as sospeitas da policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos. Para demostrar a súa inocencia, Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista, e ambos os dous acabarán descubrindo unhas intencións moi distintas ás das investigacións policiais.



martes, 17 de junio de 2014

DEMO EDITORIAL: NOVIDADES NOSO SISTEMA DE DISTRIBUCIÓN

Estimados amigos e lectores, estamos intentando mellorar os nosos servizos de distribución para o cal procederemos a facer unha serie de cambios. Fundamentalmente un cambio de distribuidor e tamén próximamente a apertura dunha tenda online.
Mentres non fagamos estes cambios efectivos oficialmente, lembrámosvos que temos sempre aberta a nosa liña de distribución directa a traverso do correo:
distribución2.demoeditorial@gmail.com e do noso teléfono 981928167, no habitual horario de atención para pedidos, de 10:00h a 14.00h e de luns a venres.
Grazas.

Demo Editorial

lunes, 10 de febrero de 2014

ESTE VENRES PRESENTACIÓN "A FRAGA MILMAÑAS" NA TENDA DEMO

É un pracer convidarvos a todos ao noso espazo o vindeiro venres 14 de febreiro. Abrimos a nosa tenda, a partires das 19:00h, para acoller a presentación de "A Fraga Milmañas" de Carlos Amil e Manel Cráneo.
Os autores falarán da serie apoiados na proxección dalgunhas das súas páxinas, e contarán anécdotas sobre o proceso creativo. "A Fraga Milamañas" que orixinalmente foi publicada nas diferentes etapas da revista Golfiño hai moitos anos (concretamente a principos de século) sigue ben viva. Tanto o estado de conservación dos autores, da serie e dos seus personaxes e bo e vixente. Non deixedes pasar por diante a oportunidade de achegarvos a esta charla de presentación.
Ao remate haberá sesión de sinaturas.



jueves, 30 de enero de 2014

PRESENTACIÓNS "A FRAGA MILMAÑAS" DE CARLOS AMIL E MANEL CRÁNEO

Anunciamos as primieras datas de presentación da recopilación das historias curtas, para público infantil e xuvenil, de "A FRAGA MILMAÑAS", guionizadas por Carlos Amil e debuxadas por Manel Cráneo. Proximamente anunciaremos novas datas de presentación desta obra.

VENRES 7 DE FEBREIRO
KOMIC LIBRARÍA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
Sesión de sinaturas.
18:00 h.

SÁBADO 8 DE FEBREIRO
LIBRARÍA BIBLOS (BETANZOS)
Obradoiro express de debuxo para a rapazada e sesión de sinaturas.
18:00 h.

VENRES 14 DE FEBREIRO
TENDA DEMO EDITORIAL (A CORUÑA)
Charla dos autores e sesión de sinaturas.
19:00 h.

E o cartel da primeira delas por se queredes axudar a difundilo. Grazas!!