Despois dun letargo de meses xestando, creando e planificando a nosa nova invasión das librarías, voltamos con forza. O vindeiro mes poderedes ler A deserción de Stalin, opera prima de Tomás Guerrero, que nos trae un relato inusual sobre os espías da guerra fría. Con isto seguimos sumando autores ao noso catálogo e apostando por novos valores da banda deseñada que teñen algo que aportar ao panorama.
Ademáis os mecenas de Destino Hërgüss, primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha de Manel Cráneo, poderedes disfrutar tamén desta novidade en cuestión de días. Avisamos de que este segundo título que editamos só poderá mercarse inicialmente en librarías que foron mecenas do proxecto, isto será ata finais de abril, datas nas que chegará ao resto do circuíto comercial.