O encontro comezou cunha charla onde Carlos e Manel comentaron o seu proceso técnico e creativo e a súa experiencia facendo a serie, todo isto ante a espectación e emoción dos rapaces que coñecían aos autores como personaxes mesmos do seu propio cómic pero non os viran nunca en persona, así que os primeiros comentarios eran do estilo de:
- Pois mira, si que se parecen aos debuxos.
- Carlos no cómic non tiña aínda barba.
- Pois se te fixas en Manel, hoxe non leva gorra!!
- Xa, pero Carlos si que trouxo a camisa de cadros, coma na histoirieta da Marea Negra.
CRÁNEO E AMIL, REPRESENTADOS NO SEU PROPIO CÓMIC. |
CARLOS E MANEL EXPLICARON TODO CON MOITO HUMOR, COMO ERA DE ESPERAR. |
A última parte da actividade foi para as fotos en grupo e a sesión de sinaturas personalizadas onde todos os rapaciños puideron levarse o seu exemplar do libro customizado, en total máis de medio centenar.
ALUMN@S DE 4º DO DÍAZ PARDO CÓS AUTORES |
MANEL E CARLOS TIVERON TEMPO PARA ASINAR MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE LIBROS E FALAR CON CADA UN DOS SEUS LECTORES. |
Para finalizar compre que destacar a excelente labor feita polo profesorado do centro xa que estiveron traballando sobre a obra cós dous grupos de cuarto durante as semanas previas a través dunha unidade didáctica e completaron o proxecto coa realización conxunta dun enorme mural, un collage feito con debuxos dos propios alumnos onde representaron magnificamente o ambiente de "A Fraga Milmañas".
ALGÚNS DOS ALUMN@S DIANTE DO SEU EXCELENTE MURAL DE "A FRAGA MILMAÑAS" |
DESTE XEITO REMATOU UN ENCONTRO DO MÁIS NUTRITIVO PARA TÓDALAS PARTES. |
GRAZAS AO CENTRO ISAAC DÍAZ PARDO POLA SÚA EXCELENTE LABOR NA DIFUSIÓN DA BANDA DESEÑADA E A LECTURA ;-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario