viernes, 28 de diciembre de 2012
NOVA NOVELA GRÁFICA DE MANOLO POY E MIGUEL FERNÁNDEZ
O xornalista e escritor Manolo Poy e o debuxante Miguel Fernández regresarán cunha nova novela gráfica en 2013. Será a segunda obra de longa extensión destes dos autores empeñados en ensinarnos o lado máis negro da historia. Un tandem que xa demostrou a súa valía coa obra "O Fillo da Furia"(2010), adaptación biográfica sobre a carreira delictiva de Mamed Casanova, o derradeiro bandoleiro romántico, natural de Grañas de Sor (Ortigueira). Dita obra foi coeditada no 2011 en castelán por Demo Editorial e Diábolo Ediciones.
Esta vez os autores saltan algunhas décadas adiante no tempo para volver a mostrarnos unha historia de serie negra ambientada no rural galego có paso do Haley como telón de fondo. Estede ben atentos, axiña chegarán "Os días do cometa".
miércoles, 19 de diciembre de 2012
NO FIN DO MUNDO: CÓMIC, CERVEXA E MÚSICA EN VIVO!!
Este venres, indicado como fin do mundo do "calendario maya", convidámosvos a asistir a partir das 19.30 da tarde a unha apocalíptica presentación de "Cousas de Mortos".
Que mellor obra que esta de Manel Cráneo para analizar o que foron e supuxeron os últimos miles de anos da historia da humanidade
e despedirse disfrutando e ríndonos de nós mesmos.
Aínda que moitos pensan que non, outros parapetados nos seus bunkers cren que esta será a última vez que Manel asinará exemplares,
neste caso parapetado xunto a amigos, colegas e todos aqueles que queirades achegarvos á Librería Alita Cómics, na Rúa Orzán, en A Coruña.
Ademáis tendo en conta que pode ser a derradeira ocasión, o autor asinará tamén exemplares do recente nova edición de "Os Lobos de Moeche" e de "A Torre dos Mouros".
Dous títulos de ambientación medieval que no primeiro caso xa supera os 3000 exemplares vendidos.
Os nosos amigos de ALITA convidarán a cañas de cervexa a todos os que merquedes algún cómic mentres Cráneo desentinta os seus últimos trazos.
SORTEO:
Sortearase tamén unha lámina enmarcada e asinada entre os que merquen calquera título do autor.
FESTA:
Ao remate continuaremos a festa no Pub Dublín (Rúa Panaderas), onde permañece a exposición de pranchas da bd "A Torre dos Mouros" e ademáis disfrutaremos de música en directo.
FELIZ FIN DO MUNDO!! ;-)
martes, 27 de noviembre de 2012
PRESENTACIÓNS DE "A TORRE DOS MOUROS"
Anunciamos as datas de presentación de "A Torre dos Mouros":
VENRES, 30 DE NOVEMBRO: Carnota.
Salón de Actos do Concello ás 19:30 horas. Presentación dos resultados da Campaña 2012 e da BD de Manel Cráneo.
XOVES, 13 DE DECEMBRO. Santiago de Compostela.
Biblioteca Ánxel Casal ás 18:30 horas. Presentación da BD de Manel Cráneo.
VENRES, 14 DE DECEMBRO. A Coruña.
Pub Dublín ás 20 horas. Barferencia sobre a Torre dos Mouros con presentación da BD e exposición de orixinais do cómic.
Os actos contarán coa presenza de Manuel Gago, periodista e historiador, Antón Malde, arqueólogo e Manel Cráneo, autor e editor. Esperámosvos!
martes, 13 de noviembre de 2012
PRESENTACIÓN TITOÁN EN KOMIC LIBRERÍA
Este venres, os autores Iván Suárez e Inacio Vilariño regresan a Compostela para presentar a segunda entrega da Colección Castelao en Komic Librería.
viernes, 9 de noviembre de 2012
XA TEMOS CUBERTA PARA "A TORRE DOS MOUROS"
O comic-book realizado por Manel Cráneo, có asesoramento do periodista e historiador Manuel Gago e o arqueólogo Antón Malde, terá finalmente 16 páxinas e sairá á venta conxuntamente con a nova edición de Os Lobos de Moeche ao longo deste mesmo mes de novembro.
Esta banda deseñada reconstrúe hipotéticamente o contexto histórico e social na zona da Costa da Morte, nos albores da Alta Idade Media, tomando para isto como eixo da acción a fortaleza excavada o pasado verán no monte de Lira.
Esta banda deseñada reconstrúe hipotéticamente o contexto histórico e social na zona da Costa da Morte, nos albores da Alta Idade Media, tomando para isto como eixo da acción a fortaleza excavada o pasado verán no monte de Lira.
jueves, 8 de noviembre de 2012
NOVO ARTIGO SOBRE A COLECCIÓN "CASTELAO"
"Unha banda deseñada sen efectismos, sen dramatismos malia a dureza de parte do relato, e sen mitificacións, que escolle distintos aspectos da vida de Castelao para responder a unha pregunta con múltiples respostas posibles: quen era?, e atraer así ao lector cara á propia obra de Castelao. “Porque o obxectivo último é que a xente vaia a el, que lea os seus libros, que saiba máis del”, indica Vilariño."
Podedes ler o artigo completo de Montse Dopico en: DIOIVO.
Podedes ler o artigo completo de Montse Dopico en: DIOIVO.
martes, 23 de octubre de 2012
AVANCE DE DÚAS PÁXINAS: "A TORRE DOS MOUROS"
Adiantamos as dúas primeiras páxinas do comic-book, "A Torre dos Mouros", de Manel Cráneo, realizada en torno a unha posible hipótese de uso do xacemento altomedieval denominado có mesmo nome e ubicado en Lira. A publicación, realizada có asesoramento do arqueólogo e director da excavación, Antón Malde e do historiador e periodista Manuel Gago, conta con 12 páxinas.
Unha parte da edición desta banda deseñada, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, será distribuída gratuitamente a todos os nenos de Carnota. Os voluntarios e o equipo técnico que participou no proxecto arqueolóxico tamén recibirán gratuitamente un exemplar personalizado, dedicado persoalmente por Manel Cráneo, en agradecemento pola súa colaboración na campaña arqueolóxica desenvolvida o pasado verán.
A BD tamén se poderá adquirir en Carnota e en librarías de toda Galicia a través da canle de distribución da propia editorial, que comercializará o título, nun pack xunto a unha nova edición de Os Lobos de Moeche, nas vindeiras semáns.
Unha parte da edición desta banda deseñada, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, será distribuída gratuitamente a todos os nenos de Carnota. Os voluntarios e o equipo técnico que participou no proxecto arqueolóxico tamén recibirán gratuitamente un exemplar personalizado, dedicado persoalmente por Manel Cráneo, en agradecemento pola súa colaboración na campaña arqueolóxica desenvolvida o pasado verán.
A BD tamén se poderá adquirir en Carnota e en librarías de toda Galicia a través da canle de distribución da propia editorial, que comercializará o título, nun pack xunto a unha nova edición de Os Lobos de Moeche, nas vindeiras semáns.
Etiquetas:
A TORRE DOS MOUROS,
BD HISTÓRICA,
MANEL CRÁNEO
miércoles, 10 de octubre de 2012
CELEBRAMOS O 100 ANIVERSARIO DO CASAMENTO DE CASTELAO
Comeza un minitour de presentacións de "Titoán", obra gañadora do Concurso Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña no ano 2011, e de paso xa a Colección Castelao da que xa temos editado en colaboración con Kómic Librería o volume "O pobre tolo".
Organizamos estas tres presentacións coa intención de celebrar o 100 aniversario do casamento de Castelao con Virxinia, en A Estrada. Un lembrado 19 de outubro que queda ben reflectido na obra "Titoán".
O calendario para estes tres actos é o seguinte:
Día 13 de outubro
Ás 18:00h na Feira do Libro Galego de Allaríz
cola Colaboración da Libraría Aira das Letras
Allaríz
Día 16 de outubro
Ás 19:00h no Centro Cultural Novagalicia Banco
A Estrada
Día 20 de outubro
Ás 19:00h na Tenda-Librería Aturuxo
Madrid
martes, 9 de octubre de 2012
CASTELAO DESEMBARCA EN MADRID
A vindeira semán a Colección Castelao, editada por Demo Editorial coa colaboración de Komic Librería no volume "O pobre tolo" e da Deputación da Coruña, no volume "Titoán", será presentada na librería Aturuxo en Madrid.
O guionista Inacio Vilariño estará presente no acto onde falará deste proxecto que pretende reflectir as diferentes fases da vida do polifacético Castelao a través da linguaxe da banda deseñada.
jueves, 20 de septiembre de 2012
OS AUTORES DE SÁLPOCK PRESENTARÁN A OBRA EN COMPOSTELA
A librería Kómic acollerá unha vez máis unha das nosas presentacións. Neste caso volven á carga os autores Álvaro López e Luís Sendón. E isto non é todo, ao día seguinte pola mañán, ás 12:00 estarán presentes na presentación da colección HäinöS, xunto a Manel Cráneo, no Festival Freakemacine. Dito acto terá lugar na Fundación Luís Seoane en A Coruña. Un auténtico doblete galáctico!!
viernes, 14 de septiembre de 2012
PRESENTACIÓN DE TITOÁN EN RODEIRO
MAÑÁ, SÁBADO 15 DE SETEMBRO, ás 13:30 HORAS, presentarase a obra TITOÁN no CAMPO DA FEIRA de RÍO (Rodeiro, Pontevedra)
MANEL CRÁNEO FALANDO DOS SEUS MORTOS NA RADIO GALEGA
Enlace para escoitala entrevista realizada a Manel Cráneo no programa "Galicia Por diante" da RTVG. Unha tertulia có autor en torno á súa obra "Cousas de Mortos", editada por Demo Editorial dentro da colección HäinöS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











