Mañá, martes 17 de xaneiro, o programa de radio "Recendo" da A.C. Alexandre Bóveda, contará coa presenza de Manel Cráneo, autor de banda deseñada e fundador de Demo editorial. Durante o programa sortearase unha novela gráfica entre as chamadas recibidas.
Para escoitar "Recendo", que se emite todos os martes de 7
a 8 da tarde, tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e pulsar o
botón "En directo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario