lunes, 30 de marzo de 2009

OS LOBOS XA ESTÁN NAS LIBRARÍAS

Hoxe comenzou a distribución de Os Lobos de Moeche nas librarías coruñesas e estes días seguiremos chegando a outros puntos de venta no resto de Galicia. En breve colgaremos neste blog un listado con eles.
Tamén pulula xa por aí unha edición limitada de postales co deseño deste mesmo fondo de escritorio que colgamos hoxe. Ademáis haberá un segundo modelo de postal que se agasallará en exclusiva desde XA en FNAC Coruña, onde teremos a nosa primeira presentación este xóves a eso das 19:00 da tarde. Esperámosvos.

martes, 17 de marzo de 2009

TEASER PRESENTACIÓNS "OS LOBOS DE MOECHE"

video

Presentamos o teaser definitivo de os Lobos de Moeche, realizado por Luís Pablo Román, que inclúe as primeiras datas de presentación do cómic. Esperamos que sexa do voso agrado e que vos anime a mercar o album. Estaremos nas librarías especializadas a finais deste mes e tamén poderedes mercar o album en Biblos Clube de lectores. Se queredes ver o teaser en HD pulsade aquí.

lunes, 16 de marzo de 2009

XA CHEGAN!!

Aí vai un novo fondo de escritorio de "Os Lobos de Moeche" e xa temos as datas de presentación do album para o mes de abril e unha morea de sorpresas esperando.

lunes, 2 de marzo de 2009

MARTÍN DE FERREIRA

Hoxe queda exactamente un mes para o lanzamento do album. Mentras tanto, aquí tedes un un novo fondo de escritorio como novo adianto no que podedes ver a Martín de Ferreira, o protagonista da historia. Esperamos que o disfrutedes.