Mostrando entradas con la etiqueta BD HISTÓRICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BD HISTÓRICA. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de octubre de 2012

AVANCE DE DÚAS PÁXINAS: "A TORRE DOS MOUROS"

Adiantamos as dúas primeiras páxinas do comic-book, "A Torre dos Mouros", de Manel Cráneo, realizada en torno a unha posible hipótese de uso do xacemento altomedieval denominado có mesmo nome e ubicado en Lira. A publicación, realizada có asesoramento do arqueólogo e director da excavación, Antón Malde e do historiador e periodista Manuel Gago, conta con 12 páxinas.

Unha parte da edición desta banda deseñada, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, será distribuída gratuitamente a todos os nenos de Carnota. Os voluntarios e o equipo técnico que participou no proxecto arqueolóxico tamén recibirán gratuitamente un exemplar personalizado, dedicado persoalmente por Manel Cráneo, en agradecemento pola súa colaboración na campaña arqueolóxica desenvolvida o pasado verán.  
A BD tamén se poderá adquirir en Carnota e en librarías de toda Galicia a través da canle de distribución da propia editorial, que comercializará o título, nun pack xunto a unha nova edición de Os Lobos de Moeche, nas vindeiras semáns.


viernes, 5 de agosto de 2011

NOVIDADES DEMO EDITORIAL



A MAN DO DIAÑO
PREMIO CASTELAO 2010 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Brais Rodríguez
Prólogo de David Rubín

A man do diaño é una historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no ser humano, o conflito bélico.

Unha situación universal que sempre leva a cada personaxe que o sofre a ter que enfrontarse consigo mesmo. A historia dunha guerra máis, nun país calquera, xa que ningún esta libre de que lle toque.


«Nesta novela gráfica, gañadora do Premio Castelao, atoparedes un relato antibélico magnificamente narrado, que non percorre camiños mil e unha veces transitados, cuns personaxes con personalidades

complexas e perfectamente construídas, onde as elipses, os silencios, contan moito máis que os diálogos


David Rubín



PUNTO DE FUGA
Miguel Cuba
Prólogo de Miguelanxo Prado


A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar

o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida.

O autor, Miguel Cuba, aborda con esta primeira novela gráfica una historia actual, crítica coa sociedade que o rodea mais optimista e esperanzadora de cara ao futuro, onde a sorte tamén ten o seu papel.

Punto de fuga é unha voz íntima e anónima lanzada ao ar con ironía e humor.


«Miguel Cuba amosa nesta obra todas as súas potencialidades como autor de cómic e fai unha achega madura, necesaria e importante á banda deseñada galega.»


Miguelanxo Prado





CABANA DE BALIEIROS

Tokio


Cabana de Balieiros é unha vila desas que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar. Unha terra de costumes ancestrais, onde os máis puros instintos humanos xeran o ritmo da vida e marcan o propio destino dos seus habitantes, e levan algúns ao naufraxio da súa propia alma.

Unha historia que, con certa intriga, nos acerca ao contexto social do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro

martes, 24 de mayo de 2011

CABANA DE BALIEIROS de TOKIO

Este é o título da primeira novela gráfica de Tokio. Un autor de longo percorrido pola ilustración en Galicia e que leva activo profesionalmente desde os anos oitenta.
O autor, desapareceu por entón do panorama da bd para centrarse máis na ilustración científica, disciplina na que se move con excelentes resultados. Isto e outras labouras relacionadas
coa protección do medioambente, mantiveron a Tokio alonxado da historieta ata 2009, ano no que retoma unha vella historia que se materializará este mesmo verán editada por Demo.
Cabana de Balieiros é unha historia que mestura acción, aventura e intriga nunha vila baleeira de finais do século XIX.
Esta obra supón o terceiro título da nosa editorial en canto a unha liña pola que seguiremos apostando, a novela gráfica de aventuras e de ambientación histórica en Galicia.