Mostrando entradas con la etiqueta BRAIS RODRÍGUEZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BRAIS RODRÍGUEZ. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de febrero de 2012

"A MAN DO DIAÑO" PREMIADO EN ENTRECOMICS


As obras editadas por Demo seguen dando boas novas. Un ano máis ENTRECOMICS nomeou, segundo os votos dos lectores, os mellores cómics do ano. Nesta edición relativa aos albumes editados en 2011, "A man do diaño" do autor Brais Rodríguez, editado en galego por Demo Editorial, foi elexida polos votos dos lectores na categoría de "MEJOR CÓMIC NACIONAL PUBLICADO EN CATALÁN, EUSKERA O GALLEGO".
Unha razón máis para achegarse á lectura desta estupenda obra de transfondo antibelicista que trata o comportamento do ser humano ante a adversidade.

Con este mesmo título Brais, gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada 2010, outorgado pola Deputación da Coruña. A edición en galego conta con prólogo de David Rubín.

Máis info en:

Aproveitamos tamén para anunciar que Santiago Fraga, de Sigüeiro, é o gañador do lote de cómic có que Demo Editorial contribuiu ao sorteo que se celebrou entre os case 300 participantes destas votacións e no que colaboran arredor de 20 editoriais.

jueves, 1 de diciembre de 2011

BRAIS E TOKIO NO CULTURGAL ESTE VENRES

Anunciamos os horarios de sesións de sinaturas cós nosos autores no festival CULTURGAL (Pontevedra). Terán lugar este venres pola tarde.

VENRES 2 de Decembro
No stand de venta da zona libraría

18:00h
CABANA DE BALIEIROS
de Tokio

20:00h
A MAN DO DIAÑO
de Brais Rodríguez

lunes, 28 de noviembre de 2011

DEMO EDITORIAL NO "CULTURGAL"

O vindeiro fin de semán, os nosos autores, Brais Rodríguez e Tokio, participarán no CULTURGAL, festival das industria cultural galega, que se celebrará en Pontevedra. Tamén poderedes atopar os nosos títulos na zona de librería do festival, atendida polo noso amigo Cano, de Librería Paz, onde se levarán a cabo sesións de sinaturas.
En breve facilitaremos información sobre os horarios das actividades.

martes, 11 de octubre de 2011

PRESENTACIÓN A MAN DO DIAÑO EN KÓMIC (SANTIAGO)

E para os que andedes o venres por Santiago, cita con Brais Rodríguez na emblemática libraría Kómic, ás 18:00 h. Presentación de "A Man do diaño", album premiado có Castelao 2010 da Deputación da Coruña.
Con isto completamos a nosa programación de actividades para este fin de semán, nada máis e nada menos que tres presentacións, dúas delas simultáneas.
Esperamos que sexan do voso agrado e disfrutedes delas.
Graciñas polo voso apoio.

martes, 13 de septiembre de 2011

TOKIO EN KÓMIC E BRAIS EN ALITA



Arredor dunha veintena de presentacións forman o noso programa para este trimestre, que levarán a Tokio, Brais e Miguel Cuba por diferentes librarías galegas. A pasada semán iniciamos o noso tour de presentacións de novidades con Brais en FNAC. Este venres 16 de setembro continuamos con dúas actividades simultáneas.

As 18:00h da tarde en Kómic (Santiago), o autor Tokio presentará a súa novela gráfica Cabana de Balieiros, historia de acción e aventuras ambientada na Costa da Morte durante o século XIX.
Ás 20:00h tocaralle o turno a Brais Rodríguez, que asinará exemplares da súa obra A MAN DO DIAÑO, premiada có Castelao de Banda Deseñada 2010. Dita presentación terá lugar en Alita (Rúa Orzán, A Coruña).

As dúas presentacións estarán animadas con licor café.

En breve poñeremos á vosa disposición o noso calendario có resto de actividades programadas.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

ENTREVISTA A BRAIS RODRÍGUEZ EN ZONA NEGATIVA

ZONA NEGATIVA ofrece unha ampla e interesante entrevista a Brais Rodríguez. O autor fala da súa obra A MAN DO DIAÑO, gañadora do Premio Castelao 2010 da Deputación da Coruña.

viernes, 5 de agosto de 2011

NOVIDADES DEMO EDITORIAL



A MAN DO DIAÑO
PREMIO CASTELAO 2010 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Brais Rodríguez
Prólogo de David Rubín

A man do diaño é una historia feita con sinxeleza e sen complexos, que aborda, con total sentido crítico e mirada de autor, unha cuestión por desgraza natural e innata no ser humano, o conflito bélico.

Unha situación universal que sempre leva a cada personaxe que o sofre a ter que enfrontarse consigo mesmo. A historia dunha guerra máis, nun país calquera, xa que ningún esta libre de que lle toque.


«Nesta novela gráfica, gañadora do Premio Castelao, atoparedes un relato antibélico magnificamente narrado, que non percorre camiños mil e unha veces transitados, cuns personaxes con personalidades

complexas e perfectamente construídas, onde as elipses, os silencios, contan moito máis que os diálogos


David Rubín



PUNTO DE FUGA
Miguel Cuba
Prólogo de Miguelanxo Prado


A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar

o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida.

O autor, Miguel Cuba, aborda con esta primeira novela gráfica una historia actual, crítica coa sociedade que o rodea mais optimista e esperanzadora de cara ao futuro, onde a sorte tamén ten o seu papel.

Punto de fuga é unha voz íntima e anónima lanzada ao ar con ironía e humor.


«Miguel Cuba amosa nesta obra todas as súas potencialidades como autor de cómic e fai unha achega madura, necesaria e importante á banda deseñada galega.»


Miguelanxo Prado





CABANA DE BALIEIROS

Tokio


Cabana de Balieiros é unha vila desas que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar. Unha terra de costumes ancestrais, onde os máis puros instintos humanos xeran o ritmo da vida e marcan o propio destino dos seus habitantes, e levan algúns ao naufraxio da súa propia alma.

Unha historia que, con certa intriga, nos acerca ao contexto social do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro

martes, 12 de julio de 2011

A MAN DO DIAÑO de Brais Rodríguez

A MAN DO DIAÑO, obra gañadora do VI Premio de Banda Deseñada Castelao, do autor Brais Rodríguez, será editada en galego por Demo Editorial.
O autor contará cunha exposición de orixinais durante a vindeira edición do festival Viñetas desde o Atlántico 2011, que comenzará o día 8 de agosto, onde tamén se presentará a obra.
Adiantamos a estupenda cuberta que Brais fixo para o que suporá o seu primeiro album. Nos próximos días iremos facilitando máis información.