martes, 31 de enero de 2012

EXPO DE DANI MONTERO EN ARTEIXO

Desde o 25 de xaneiro pódese visitar en Arteixo a exposición "Sen mirar atrás", do vencedor do V Premio de Banda Deseñada "Castelao", Dani Montero e publicada por Demo Editorial en galego e castelán e tamén en Alemaña a través de Edition52.
O Premio de Banda Deseñada "Castelao" convócao a Deputación da Coruña anualmente dende hai 7 anos.
A exposición itinerante chega a Arteixo onde permanecerá do 25 de xaneiro até o 12 de febreiro na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural en horario de luns a venres 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h e os sábados de 10:30 a a 14:00 h.
Non deixedes de visitar esta mostra onde disfrutaredes coas estupendas pranchas do autor pertencentes a unha obra, que despois de ano e medio da súa publicación segue dando boas novas.
Se aínda non a tes vai correndo a por ela.

Maís información sobre a expo en www.arteixo.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario