Mostrando entradas con la etiqueta SÁLPOCK. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SÁLPOCK. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de abril de 2012

PRESENTACIÓN DE SALPOCK EN A CORUÑA

O vindeiro venres día 20 de abril, presentamos Sálpock, de Álvaro López e Luís Sendón na librería Alita Cómics (Rúa do Orzán), as 19.00h.
Ao día seguinte organizaremos tamén unha sesión de sinaturas na Feira do Libro de A Coruña (pendente de confirmar horario).

viernes, 30 de marzo de 2012

PROMOCIÓN SÁLPOCK, O VAL DOS CEGOS

O cómic de Álvaro López e Luís Sendón, abre a nosa nova colección de ciencia ficción "HäinöS" e estará nas librarías a partir do próximo luns, día 2 de abril.
Esta aventura de acción nun universo apocalíptico, foi finalista do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, da Deputación da Coruña, e conta como extra cun mini-xogo de rol ambientado na historia que podedes descargar gratis. Busca o código no interior do album.

Rexístrate no servizo de novidades de Demo Editorial enviando un correo a demo.editorial@gmail.com e disfruta das 8 primeras páxinas do album gratis!!

viernes, 16 de marzo de 2012

COLECCIÓN HÄINÖS


Xa temos nome para a nosa nova colección de ciencia ficción e aventuras noutros mundos. Lembrando aquelo das meigas. "habelas hainas", estamos seguros de que pasa o mesmo con outros mundos, "hainos". Guiados por un cabaliño do demo mutante, no logotipo deseñado para esta nova aventura, achegarémonos a lugares fantásticos como o val do Cegos, no lonxano Zakfart ou os fríos desertos de neve de Hëlüs, no Planeta Mincha.

Estade atentos, e buscade entre as estrelas ao noso cabaliño do demo. O primeiro encontro extraterrestre virá da man de Álvaro López e Luís Sendón, a primeiros de abril, coa obra que leva por título Sálpock, o val dos Cegos.