lunes, 19 de diciembre de 2011

TRES RAZÓNS POLAS QUE LER E AGASALLAR DEMO EDITORIAL

Chegadas estas datas, moita xente non se aclara con que agasallar, e que hai mellor que unha boa lectura. Algúns dos nosos autores quixeron darnos tres razóns polas que ler e agasallar os seus títulos nestas festas, isto é o que nos contan:

TRES RAZÓNS POLAS QUE LER E AGASALLAR:


MIGUEL CUBA autor de PUNTO DE FUGA


1. "Punto de fuga" trata unha temática de actualidade: o incerto futuro dunha das xeracións mellor preparadas da historia da democracia no noso país. Moitos lectores recoñeceranse a sí mesmos ou a xente próxima na situación de Mateo.


2. Aporta sentido do humor, certas doses de surrealismo e unha mensaxe final de optimismo para afrontar estes tempos de crise.


3. A ambientación recrea de xeito realista distintas cidades e lugares da xeografía galega. De seguro que o lector recoñecerá as cafetarías, ambientes e rúas polas que se moven os protagonistas.




TOKIO autor de CABANA DE BALIEIROS


1. Porque só se aprende a nadar botándose ao mar.


2. Porque podemos descubrir a existenza de lugares que necesitaremos buscar despois ao longo da Costa da Morte.


3. Porque a cada lectura faremos revivir aos personaxes e a vida de Cabana de Balieiros.




MANOLO POY E MIGUEL FERNÁNDEZ autores de O FILLO DA FURIA/ EL HIJO DE LA IRA


1. "El Hijo de la Ira" achegarate a unha biografía na que a aventura mesturase có relato histórico e o xénero negro, para coñecer a vida do último bandoleiro romántico, Mamed Casanova, cuxas andanzas narraron en su día Valle Inclán ou Pardo Bazán.


2. É unha album en branco e negro cargado de intensidade, no que o mito mestúrase coa narración dunha axitada época marcada polos profundos cambios sociais.


3. A edición en galego tivo unha excelente acollida por parte dos lectores e esperamos que a de castelán non sexa menos.






DANI MONTERO autor de SEN MIRAR ATRÁS/ SIN MIRAR ATRÁS

(PREMIO CASTELAO 2009)


1. Quería contala historia dunha desas personas anónimas que nos cruzamos na rúa día a día.


2. Quería contar unha historia sobre o amarga que pode resultar a soidade e o doce dunha amizade incondicional.


3. Quería contar una historia que contuviese momentos de suspense, acción, drama e comedia a partes iguais e o resultado foi "Sen Mirar atrás".




MANEL CRÁNEO autor de OS LOBOS DE MOECHE


1. "Os Lobos de Moeche" é unha maneira de achegarse de xeito entretido, a un episodio da idade media galega, o das revoltas irmandiñas, que serviu de precedente a nivel europeo nos sucesivos movementos sociais que derrocaron o feudalismo.


2. É unha aventura de atmósfera romanticista, tono dramático, certo aire épico pero con estética actual que desde que saiu segue conectando cós lectores e abarca tódolos públicos. Desde xente que se interesa polo substrato histórico ata outros que se quedan coa trama de ficción que supón o fío argumental.


3. Algúns lectores me comentaron que lles pareceu que nun contexto histórico, a obra trata sobre conflictos sociais aínda vixentes. Supoño que a lectura de Os Lobos produce este efecto dxa que é intencionadamente discursiva e crítica coa sociedade. Conleva unha intención reflexiva sobre o pouco que progresou o xénero humano desde a idade media ata hoxe, e certos aspectos sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario