Ao cabo deste 2011, aproveitamos para dar as grazas a libreiros, bibliotecarios, escolas que recomendades os nosos títulos e en xeral a todos os nosos colaboradores, pero especialmente aos autores e os lectores, por ser orixe e fin do longo camiño que percorren as historias, desde ese intre inicial no que non son máis que un pequeno punto de luz nalgunha cabeza inquieta.
Non perdades o tren da lectura e buscade o voso punto de luz no 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario