martes, 4 de octubre de 2011

DEMO EDITORIAL RECIBE O PREMIO OURENSE DE BANDA DESEÑADA

Esta mañán Demo Editorial recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa do cómic galego en 2011. Segundo a organización do evento que chega á súa XXIII edición, a nosa editorial foi premiada: "por apostar pola publicación de cómic de autores galegos emerxentes e en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico de Galicia mediante un medio de entretenemento como é a novela gráfica".

Esperamos que este recoñecemento nós axude a consolidar un proxecto arriscado como este, tendo en conta os tempos que corren, onde a crise económica ameaza direitamente a boa saude da que goza a nivel autoral a bd galega. Gustarianos agora, que noso vindeiro premio sexa conseguir permañecer no mercado moitos máis anos e seguir ofrecendo o mellor dos nosos autores con ou sen crise.

Queremos dar tamén o noso agradecemento ao autor e amigo, Miguel Robledo, por achegarse a recoller o premio en nome da editorial e leer un texto onde o editor Manel Cráneo, reclamaba por unha parte máis atención cara o sector por parte das institucións e por outra banda asumía que o mellor de recibir este premio este ano, era ter a posibilidade de adicarlle o galardón a unha persoa que fixo moito pola promoción da cultura en Galicia nas últimas décadas, e particularmente pola banda deseñada.

Desde aquí queremos lembrar tamén esa adicatoria, á memoria desa persona que non é outra que o bo amigo Benito Losada, Director da Casa da Xuventude de Ourense, falecido recentemente.

1 comentario:

  1. Noraboa polo premio, moi merecido pola calidade das obras e dos autores que forman o catálogo de demo editorial.

    ResponderEliminar