Este venres 7 de outubro, convidámosvos á presentación de Demo Editorial, nas Xornadas de BD de Ourense.
O acto terá lugar ás 13:00h na nova libraría especializada Sindicato del Cómic.
Contaremos coa presenza de Manel Cráneo e Brais Rodríguez. Haberá sesión de sinaturas e
celebraremos o Premio Ourense de BD á mellor iniciativa do ano convidando a un viño aos asistentes.
Esperamos que vós animedes a participar tanto desta como do resto de actividades programadas nas Xornadas de BD de Ourense, nun momento crucial onde a crise e as circunstancias ameazan a desaparición do evento máis antigo e con máis solera en torno á banda deseñada en Galicia. Probablemente de non ser por estas xornadas moitos autores e editores non teriamos recibido o primeiro impulso para decantarnos por unha actividade tan preciada como a de contar historias en viñetas. É por iso que como outros compañeiros de profesión, desde a nosa editorial, tamén queremos sumarnos para reclamar especialmente a asistencia do público nesta ocasión.
Vémonos en Ourense!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario