Levabamos xa arredor dun ano coa primeira edición esgotada e agardando a ocasión para relanzalo. Mamed Casanova: O fillo da furia, é indudablemente un hit en Demo Editorial. A primeira novela gráfica de xénero negro ambientada en Galicia e que conta a historia do bandido Mamed Casanova, natural de Grañas de Sor (Ortigueira). Agora volta coa súa segunda edición para acompañar a saída da nova novela gráfica dos seus autores, o xornalista Manolo López Poy e o debuxante Miguel Fernández. A vindeira semán daremos información oficial e máis detallada sobre a súa nova obra Os días do cometa.
miércoles, 27 de febrero de 2013
lunes, 11 de febrero de 2013
PRESENTACIÓN E EXPO DE ORIXINAIS DE "CASTELAO:TITOÁN" EN LALÍN
Proseguimos con novas actividades para este mes de febreiro. Esta vez tócalle o turno á obra "Titoán" de Inacio Vilariño e Iván Suárez. O venres 15 de febreiro, presentación do libro e inauguración da expo con orixinais da obra no Café de Mili en Lalín. Na presentación, debuxante e guinista, estarán acompañados por Gracia Santorum. Fárase tamén unha lectura dalgunha pasaxe da obra, instrumentada por Benxa Otero. Para finalizar haberá tamén sesión de sinaturas dos autores. Non perdades a ocasión de achegarvos a esta obra premiada e apreciada pola crítica.
A colección Castelao pretende abarcar os diferentes momentos da vida do comprometido polifacético galego. Polo de agora van dous títulos publicados e os autores xa están a traballar no terceiro, que verá á luz no presente ano 2013 e que editaremos novamente coa colaboración de Komic Librería.
jueves, 7 de febrero de 2013
miércoles, 23 de enero de 2013
sábado, 19 de enero de 2013
CANCELADA PRESENTACIÓN DESTA MAÑÁN EN METRÓPOLIS CÓMIC EN FERROL!!
Cancelamos por causa do forte temporal que nós impide coller a estrada. Xa temos nova data, será o venres 8 de febreiro ás 19.30h. Graciñas pola comprensión.
viernes, 11 de enero de 2013
MANEL CRÁNEO VISITARÁ KÓMIC E METRÓPOLIS
Comezamos o ano con novas presentacións. Doblete de Manel Cráneo o 18 e 19 de xaneiro nas librarías Komic de Santiago e Metrópolis de Ferrol. O autor asinará exemplares das súas últimas publicacións mentras ultima xa o seu próximo album "Destino Hërgüss", ambientado no seu universo particular Planeta Mincha e que verá a luz ao longo deste ano, con certo retraso sobre o previsto. A obra editarase dentro da nosa colección HäinöS de fantasía e ciencia ficción.
Pero a de Santiago e Ferrol non serán as súas únicas presentacións este mes, o sábado 26 de xaneiro voltará cunha charla sobre a "A Torre dos Mouros" na Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Unha cita indispensable nun lugar máxico na que o autor estará acompañado por Manuel Gago e Antón Malde, responsables e directores do proxecto arqueolóxico no que está baseado o cómic.
viernes, 28 de diciembre de 2012
NOVA NOVELA GRÁFICA DE MANOLO POY E MIGUEL FERNÁNDEZ
O xornalista e escritor Manolo Poy e o debuxante Miguel Fernández regresarán cunha nova novela gráfica en 2013. Será a segunda obra de longa extensión destes dos autores empeñados en ensinarnos o lado máis negro da historia. Un tandem que xa demostrou a súa valía coa obra "O Fillo da Furia"(2010), adaptación biográfica sobre a carreira delictiva de Mamed Casanova, o derradeiro bandoleiro romántico, natural de Grañas de Sor (Ortigueira). Dita obra foi coeditada no 2011 en castelán por Demo Editorial e Diábolo Ediciones.
Esta vez os autores saltan algunhas décadas adiante no tempo para volver a mostrarnos unha historia de serie negra ambientada no rural galego có paso do Haley como telón de fondo. Estede ben atentos, axiña chegarán "Os días do cometa".
miércoles, 19 de diciembre de 2012
NO FIN DO MUNDO: CÓMIC, CERVEXA E MÚSICA EN VIVO!!
Este venres, indicado como fin do mundo do "calendario maya", convidámosvos a asistir a partir das 19.30 da tarde a unha apocalíptica presentación de "Cousas de Mortos".
Que mellor obra que esta de Manel Cráneo para analizar o que foron e supuxeron os últimos miles de anos da historia da humanidade
e despedirse disfrutando e ríndonos de nós mesmos.
Aínda que moitos pensan que non, outros parapetados nos seus bunkers cren que esta será a última vez que Manel asinará exemplares,
neste caso parapetado xunto a amigos, colegas e todos aqueles que queirades achegarvos á Librería Alita Cómics, na Rúa Orzán, en A Coruña.
Ademáis tendo en conta que pode ser a derradeira ocasión, o autor asinará tamén exemplares do recente nova edición de "Os Lobos de Moeche" e de "A Torre dos Mouros".
Dous títulos de ambientación medieval que no primeiro caso xa supera os 3000 exemplares vendidos.
Os nosos amigos de ALITA convidarán a cañas de cervexa a todos os que merquedes algún cómic mentres Cráneo desentinta os seus últimos trazos.
SORTEO:
Sortearase tamén unha lámina enmarcada e asinada entre os que merquen calquera título do autor.
FESTA:
Ao remate continuaremos a festa no Pub Dublín (Rúa Panaderas), onde permañece a exposición de pranchas da bd "A Torre dos Mouros" e ademáis disfrutaremos de música en directo.
FELIZ FIN DO MUNDO!! ;-)
martes, 27 de noviembre de 2012
PRESENTACIÓNS DE "A TORRE DOS MOUROS"
Anunciamos as datas de presentación de "A Torre dos Mouros":
VENRES, 30 DE NOVEMBRO: Carnota.
Salón de Actos do Concello ás 19:30 horas. Presentación dos resultados da Campaña 2012 e da BD de Manel Cráneo.
XOVES, 13 DE DECEMBRO. Santiago de Compostela.
Biblioteca Ánxel Casal ás 18:30 horas. Presentación da BD de Manel Cráneo.
VENRES, 14 DE DECEMBRO. A Coruña.
Pub Dublín ás 20 horas. Barferencia sobre a Torre dos Mouros con presentación da BD e exposición de orixinais do cómic.
Os actos contarán coa presenza de Manuel Gago, periodista e historiador, Antón Malde, arqueólogo e Manel Cráneo, autor e editor. Esperámosvos!
martes, 13 de noviembre de 2012
PRESENTACIÓN TITOÁN EN KOMIC LIBRERÍA
Este venres, os autores Iván Suárez e Inacio Vilariño regresan a Compostela para presentar a segunda entrega da Colección Castelao en Komic Librería.
viernes, 9 de noviembre de 2012
XA TEMOS CUBERTA PARA "A TORRE DOS MOUROS"
O comic-book realizado por Manel Cráneo, có asesoramento do periodista e historiador Manuel Gago e o arqueólogo Antón Malde, terá finalmente 16 páxinas e sairá á venta conxuntamente con a nova edición de Os Lobos de Moeche ao longo deste mesmo mes de novembro.
Esta banda deseñada reconstrúe hipotéticamente o contexto histórico e social na zona da Costa da Morte, nos albores da Alta Idade Media, tomando para isto como eixo da acción a fortaleza excavada o pasado verán no monte de Lira.
Esta banda deseñada reconstrúe hipotéticamente o contexto histórico e social na zona da Costa da Morte, nos albores da Alta Idade Media, tomando para isto como eixo da acción a fortaleza excavada o pasado verán no monte de Lira.
jueves, 8 de noviembre de 2012
NOVO ARTIGO SOBRE A COLECCIÓN "CASTELAO"
"Unha banda deseñada sen efectismos, sen dramatismos malia a dureza de parte do relato, e sen mitificacións, que escolle distintos aspectos da vida de Castelao para responder a unha pregunta con múltiples respostas posibles: quen era?, e atraer así ao lector cara á propia obra de Castelao. “Porque o obxectivo último é que a xente vaia a el, que lea os seus libros, que saiba máis del”, indica Vilariño."
Podedes ler o artigo completo de Montse Dopico en: DIOIVO.
Podedes ler o artigo completo de Montse Dopico en: DIOIVO.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)










