viernes, 28 de diciembre de 2012

NOVA NOVELA GRÁFICA DE MANOLO POY E MIGUEL FERNÁNDEZ


O xornalista e escritor Manolo Poy e o debuxante Miguel Fernández regresarán cunha nova novela gráfica en 2013. Será a segunda obra de longa extensión destes dos autores empeñados en ensinarnos o lado máis negro da historia. Un tandem que xa demostrou a súa valía coa obra "O Fillo da Furia"(2010), adaptación biográfica sobre a carreira delictiva de Mamed Casanova, o derradeiro bandoleiro romántico, natural de Grañas de Sor (Ortigueira). Dita obra foi coeditada no 2011 en castelán por Demo Editorial e Diábolo Ediciones.

Esta vez os autores saltan algunhas décadas adiante no tempo para volver a mostrarnos unha historia de serie negra ambientada no rural galego có paso do Haley como telón de fondo. Estede ben atentos, axiña chegarán "Os días do cometa".

No hay comentarios:

Publicar un comentario