Para rematar con este mes das letras galegas anunciamos as seguintes actividades
programadas para o fin de semán do 25 ao 27 de maio:
CASTELAO. O POBRE TOLO de Inacio e Iván Suárez
XOVES 25 DE MAIO
18:00h
LIBRERÍA SINDICATO DEL CÓMIC
OURENSE
VENRES 26 DE MAIO
20:00h
FUNDACIÓN VICENTE RISCO
ALLARÍZ
(Organiza: Librería AIRA DAS LETRAS)
SÁLPOCK. O POBRE TOLO de Álvaro López e Luís Sendón
DOMINGO 27 DE MAIO
16:00h
EXPOTAKU (EXPOCORUÑA)
A CORUÑA
viernes, 18 de mayo de 2012
lunes, 14 de mayo de 2012
CHARLA DOS AUTORES DE SÁLPOCK EN FNAC (A CORUÑA)
Este mércores, día previo ás Letras Galegas, charla de presentación de "Sálpock. O Val dos Cegos" en FNAC (A Coruña), coa presenza dos autores e o experto en banda deseñada e colaborador de Demo Editorial, Henrique Torreiro.
Farase un pase imaxes do album e do trailer-book e os asistentes poderán falar cós autores de cómic e ciencia-ficción e xogos de rol. Acto seguido os autores asinarán exemplares do libro.
Non volo perdades!!
Comunicamos tamén que FNAC agasalla estes días cunha postal exclusiva entre os seus amigos en facebook, deseñada e asinada polos autores para a ocasión.
jueves, 10 de mayo de 2012
"SÁLPOCK" EN FERROL O SÁBADO 12 DE MAIO
LEMBRAMOS:
Este sábado, 12 de maio, celebramos as letras galegas cós autores de "Sálpock O val dos Cegos",
Álvaro López e Luís Sendón, na librería Metropolis de Ferrol ás 12:00h da mañán.
A obra resultou finalista do Premio Castelao 2011 e contén o código de descarga dun xogo de rol ambientado
no propio universo de Zakfart e realizado por Roberto Díaz, ilustrado polos propios autores.
Os autores farán un striptease galáctico, que estará a altura da mellor ciencia-ficción, desnudando os secretos máis ocultos
do mundo de Zakfart. Non perdades a ocasión de levarvos un exemplar asinado e tomar un pincho.
Adxuntamos cartel da sesión de sinaturas, graciñas pola difusión e disfrutade da festa.
E para os que o día anterior estedes en Ferrol, tamén podedes ver actuando ao debuxante desta obra coa sua potente banda de grindcore
Nasghul. As autoridades sanitarias advirten que esta actividade non é apta para terrestres con problemas cardíacos.
ASTELEIRO GRINDCORE ASSAULT FEST
BANDAS:
Nashgul: A Coruña
Catheter: Denver - USA
Streetwalker: Seattle - USA
Arem3: Ferrol
Lugar: Sala Super8 (C/Real , 223, 15401, Ferrol)
Fecha: Viernes 11 Mayo 2012
Hora: 21:00 hrs.
Entrada: GRATIS !!
Fecha: Viernes 11 Mayo 2012
Hora: 21:00 hrs.
Entrada: GRATIS !!
lunes, 7 de mayo de 2012
PRESENTACIÓN "SÁLPOCK. O VAL DOS CEGOS" EN FERROL
jueves, 3 de mayo de 2012
PRESENTACIÓNS DEMO EDITORIAL ESTE FIN DE SEMÁN!!
Esta tarde ás 18.00h, presentación de "Castelao. O Pobre Tolo", de Iván Suárez e Inacio Vilariño, en Komic Librería, Santiago. E continuamos de festa o sábado día 5 coa presentación en Barcelona de "Mamed Casanova. El hijo de la ira" de Manolo López Poy e Miguel Fernández ás 17:00h no Centro Galego de Barcelona.
martes, 1 de mayo de 2012
RESULTADO DO NOSO SORTEO EN FACEBOOK
Esta mañán fixemos o anunciado sorteo entre os primeiros 1000 seguidores e amigos de Demo Editorial. Por problemas técnicos non puidemos resolvelo onte, polo que vós pedidos desculpas a todos/as, pero que mellor día para anuncialo que o 1 de maio, día dos traballadores coma nós ;-)
Lembramos que o lote consta do seguinte material:
1 Exemplar de "Sálpock. O val do Cegos" de Álvaro López e Luís Sendón (galego)1 Exemplar de "Sin Mirar Atrás" de Dani Montero (castellano)
1 Exemplar de "Cabana de Balieiros" de Tokio (galego)
1 Exemplar de "Mamed Casanova, el hijo de la ira" de Manolo Poy e Miguel Fernández (castellano)
3 Marcadores (Cabana de Balieiros, Planeta Mincha, A man do diaño)
1 Postal de "Mamed Casanova. O fillo da Furia"

E resultou finalmente gañadora deste sorteo....(the winner is...)
FLAVIA LAGO!!
Noraboa e que disfrutes coa lectura destes títulos.
En canto aos demáis, agradecemos por descontado o apoio de todos /as e seguiremos traballando para darvos máis e mellores lecturas.
lunes, 30 de abril de 2012
"CASTELAO. O POBRE TOLO"
Queremos celebrar este mes das letras galegas cun lanzamento moi especial que levamos preparando desde hai algún tempo. O xoves día 3 de maio, temos o pracer de presentar a nosa nova serie de banda deseñada dos autores Iván Suárez e Inacio, baseada na vida de Castelao.
"O Pobre Tolo", será a primera de varias historias autoconclusivas en torno a diferentes aspectos da vida do polifacético e emblemático autor de Rianxo.
A colección está editada en colaboración con Komic Librería (Rúa San Pedro Mezonzo, Santiago), que engloba esta iniciativa dentro das actividades do seu 25 aniversario.
O acto de presentación terá lugar na propia libraría o xóves 3, ás 18:00h e contará coa presenza dos autores.
Con este lanzamento, cuidadosamente documentado polos autores, Demo Editorial pretende seguir traballando na liña de edición de banda deseñada, que iniciamos hai catro anos,
en torno a diversos aspectos relacionados coa nosa propia historia e sempre coa intención de seguir potenciando a autores galegos que veñen avalados pola calidade do seu traballo.
CASTELAO. O pobre tolo.
Inacio e Iván Suárez
Formato: 17x24 cm
64 páxinas branco e negro
Cubertas: Rústica con lapelas de 7cm
PVP: 12 euros
ISBN: 978-84-936993-9-0
SINÓPSE
Corre o ano 1934, e Castelao é desterrado a Badaxoz por mor da súa actividade política. Naquela cidade sentirase como un estraño, mais a súa situación non lle impedirá coñecer outros galegos que alí viven, nin interesarse pola situación social en Estremadura. Nas súas viaxes a Portugal adquire un exemplar da obra O pobre tolo, de Teixeira de Pascoaes, que marcará esta etapa da súa vida, previa ao seu exilio tras a guerra civil e fundamental para entender moitas das súas ideas.
jueves, 26 de abril de 2012
SORTEO DE LOTE DE DEMO EDITORIAL EN FACEBOOK
(Galego)
O vindeiro luns sorteamos un lote de títulos de Demo Editorial entre os nosos primeiros 1000 amigos en facebook.
O lote valorado en 50 euros, inclúe a nosa última novidade "Sálpock. O val dos Cegos" e consta dos seguintes títulos:
1 Exemplar de "Sin Mirar Atrás" de Dani Montero (castellano)
1 Exemplar de "Cabana de Balieiros" de Tokio (galego)
1 Exemplar de "Mamed Casanova, el hijo de la ira" de Manolo Poy e Miguel Fernández (castellano)
3 Marcadores (Cabana de Balieiros, Planeta Mincha, A man do diaño)
1 Exemplar de "Sálpock. O val do Cegos" de Álvaro López e Luís Sendón (galego)
1 Postal de "Mamed Casanova. O fillo da Furia"
Grazas a todas/os por apoiar o noso proxecto editorial.
(Castellano)
El próximo lunes sorteamos un lote de títulos de Demo Editorial entre nuestros primeros 1000 amigos en facebook.
El lote valorado en 50 euros, incluye nuestra última novedad "Sálpock. O val dos Cegos" y consta de los siguientes títulos:

1 Ejemplar de "Sin Mirar Atrás" de Dani Montero (castellano)
1 Ejemplar de "Cabana de Balieiros" de Tokio (galego)
1 Ejemplar de "Mamed Casanova, el hijo de la ira" de Manolo Poy y Miguel Fernández (castellano)
3 Marcadores (Cabana de Balieiros, Planeta Mincha, A man do diaño)
1 Exemplar de "Sálpock. O val do Cegos" de Álvaro López e Luís Sendón (galego)
1 Postal de "Mamed Casanova. O fillo da Furia"
Grazas a todas/os por apoyar nuestro proyecto editorial.
miércoles, 18 de abril de 2012
Presentación "SÁLPOCK. O val dos Cegos", en ALITA CÓMICS ( A Coruña)

Este venres Demo Editorial presenta o primeiro título da nova serie de ciencia ficción HäinöS.Sálpock. O val dos Cegos,con guión de Álvaro López e debuxos de Luís Sendón é unha historia de aventuras épicasque transcurren no mundo post-apocalíptico de Zakfart. Un album recomendado para tódolos públicos
que resultou finalista do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, da Deputación da Coruña.
Este título inclúe ademáis un estupendo extra, un xogo de rol de descarga gratuita, baseado no propio cómic.
O acto de presentación terá lugar en Alita Cómics (Rúa do Orzán, A Coruña) ás 19.00h, logo haberá sesión de sinaturas.
Con esta nova proposta de colección, desde Demo Editorial, pretendemos rescatar as aventuras de xénero ao tempo que seguimosapostando polos nosos autores e pola banda deseñada en lingua galega.Esperamos contar coa vosa asistencia.
sábado, 14 de abril de 2012
PRESENTACIÓN DE SALPOCK EN A CORUÑA
O vindeiro venres día 20 de abril, presentamos Sálpock, de Álvaro López e Luís Sendón na librería Alita Cómics (Rúa do Orzán), as 19.00h. Ao día seguinte organizaremos tamén unha sesión de sinaturas na Feira do Libro de A Coruña (pendente de confirmar horario).
viernes, 13 de abril de 2012
EXPO: "CASTELAO,O POBRE TOLO"
En breve poderedes disfrutar da expo de páxina orixinais do album "Castelao. O Pobre tolo", de Inacio Vilariño e Iván Suárez, que editaremos en colaboración con Librería Kómic. O album sairá á venta o día 3 de maio.
Etiquetas:
CASTELAO,
INACIO VILARIÑO,
IVÁN SUÁREZ
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)