lunes, 30 de abril de 2012

"CASTELAO. O POBRE TOLO"


Queremos celebrar este mes das letras galegas cun lanzamento moi especial que levamos preparando desde hai algún tempo. O xoves día 3 de maio, temos o pracer de presentar a nosa nova serie de banda deseñada dos autores Iván Suárez e Inacio, baseada na vida de Castelao.

"O Pobre Tolo", será a primera de varias historias autoconclusivas en torno a diferentes aspectos da vida do polifacético e emblemático autor de Rianxo.
A colección está editada en colaboración con Komic Librería (Rúa San Pedro Mezonzo, Santiago), que engloba esta iniciativa dentro das actividades do seu 25 aniversario. 
O acto de presentación terá lugar na propia libraría o xóves 3, ás 18:00h e contará coa presenza dos autores. 

Con este lanzamento, cuidadosamente documentado polos autores, Demo Editorial pretende seguir traballando na liña de edición de banda deseñada, que iniciamos hai catro anos, 
en torno a diversos aspectos relacionados coa nosa propia historia e sempre coa intención de seguir potenciando a autores galegos que veñen avalados pola calidade do seu traballo.



CASTELAO. O pobre tolo.
Inacio e Iván Suárez
Formato: 17x24 cm
64 páxinas branco e negro
Cubertas: Rústica con lapelas de 7cm
PVP: 12 euros
ISBN: 978-84-936993-9-0

SINÓPSE
Corre o ano 1934, e Castelao é desterrado a Badaxoz por mor da súa actividade política. Naquela cidade sentirase como un estraño, mais a súa situación non lle impedirá coñecer outros galegos que alí viven, nin interesarse pola situación social en Estremadura. Nas súas viaxes a Portugal adquire un exemplar da obra O pobre tolo, de Teixeira de Pascoaes, que marcará esta etapa da súa vida, previa ao seu exilio tras a guerra civil e fundamental para entender moitas das súas ideas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario