martes, 28 de diciembre de 2010
SEN MIRAR ATRÁS EN A NOSA TERRA
O xornal A NOSA TERRA fai unha extensa e reflexionada crítica sobre o album SEN MIRAR ATRÁS. Podese ler aquí.
miércoles, 22 de diciembre de 2010
SESIÓN DE SINATURAS DE DANI MONTERO EN ALITA CÓMICS
Mañán, día 23, Demo Editorial en colaboración con Alita Cómics, queremos celebrar as festas con todos os nosos lectores convidando a un cava a eso das 19:00 na libraría situada na Rúa do Orzán, 110. Con esta actividade pechamos o tour de presentacións de SEN MIRAR ATRÁS de Dani Montero con un resultado moi satisfactorio, para o que contaremos coa presenza do autor que asinará exemplares da súa obra.
Non perdades a oportunidade de levarvos un exemplar customizado e mentras tanto desfrutade deste debuxo que Dani fixo para a ocasión.
Etiquetas:
PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS
domingo, 19 de diciembre de 2010
MAMED CASANOVA NA PRENSA
Hoxe o xornal LA OPINIÓN, publica un excelente e documentado reportaxe sobre Mamed Casanova onde os lectores poden achegarse unha vez máis á figura que protagoniza o noso título referenciado O FILLO DA FURIA, dos autores Manolo López Poy e Miguel Fernández.
O FILLO DA FURIA EN LUGO
Ao longo da tarde multitude de público foi pasando pola libraría para levarse o seu exemplar customizado polos seus autores Manolo e Miguel. Ao remate da tarde esgotáronse as existencias na tenda.
Pero esta non é a derradeira cita, aínda queda outra para rematar o tour de presentacións, que terá lugar este vindeiro martes ás 12:30 da mañán na Biblioteca Pública de Ortigueira, terra na que está ambientada a obra e por onde Mamed Casanova deixou o seu rastro histórico. Será a derradeira oportunidade de achegarse aos autores.
Etiquetas:
PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS
martes, 14 de diciembre de 2010
VENRES 17 DE DECEMBRO: ACCIÓN SIMULTANEA EN LUGO E CANGAS
Un dos grandes inventos da banda deseñada e o cinema son as esceas de acción simultánea. Neste caso aplicamos desde DEMO a teoría na propia realidade xa que o vindeiro venres 17 de decembro volveremos a facer doblete.
Por unha banda Dani Montero asinará exemplares de SEN MIRAR ATRÁS na libraría A ESMORGA de Cangas e simultáneamente en Lugo, Miguel Fernández e Manolo Poy, presentarán O FILLO DA FURIA na libraría TOTEM, un local de referencia para os lectores de cómic lucenses.
Odous actos terán lugar ás 19:00 horas.
Por unha banda Dani Montero asinará exemplares de SEN MIRAR ATRÁS na libraría A ESMORGA de Cangas e simultáneamente en Lugo, Miguel Fernández e Manolo Poy, presentarán O FILLO DA FURIA na libraría TOTEM, un local de referencia para os lectores de cómic lucenses.
Odous actos terán lugar ás 19:00 horas.
Etiquetas:
PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS
lunes, 13 de diciembre de 2010
PRESENTACIÓN DEMO EDITORIAL EN FERROL

O pasado sábado a vila ferrolana acolleu unha presentación conxunta dos autores de Demo Editorial Dani Montero, Miguel Fernández e Manel Cráneo. Despois de recibir a multitude de asistentes atraídos polos seus traballos, os artistas falaron distendidamente dos procesos creativos das súas obras. Ao término da actividade, que durou máis do previsto, debido ao interese do público, moitos dos presentes aproveitaron para levarse exemplares asinados polos autores, non sen antes disfrutar da proxección dos trailers promocionais das obras. Na primeira foto podemos ver aos autores durante o acto e na segunda a recta final da sesión de sinaturas onde os últimos rezagados esperaban o seu turno para non marchar sen o seu exemplar firmado.
Etiquetas:
PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS
viernes, 10 de diciembre de 2010
CHARLA CÓS AUTORES DE DEMO EDITORIAL EN FERROL
Mañán sábado 10 de decembro, Demo editorial organiza unha charla sobre as obras Sen Mirar Atrás, O Fillo da Furia e Os Lobos de Moeche.
Serán os propios autores Dani Montero, Miguel Fernández e Manel Cráneo os que nos desvelen algunhas pautas sobre cada obra.
Ao final da charla haberá un espazo para a sesión de sinaturas.
É a primeira vez que a editorial Demo se achega a facer un evento na cidade ferrolana.
Serán os propios autores Dani Montero, Miguel Fernández e Manel Cráneo os que nos desvelen algunhas pautas sobre cada obra.
Ao final da charla haberá un espazo para a sesión de sinaturas.
É a primeira vez que a editorial Demo se achega a facer un evento na cidade ferrolana.
Etiquetas:
PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS
martes, 7 de diciembre de 2010
jueves, 2 de diciembre de 2010
FOTOS PRESENTACIÓNS DANI MONTERO
A libraría Banda Deseñada de Vigo tamén acolleu a Montero o pasado mes de novembro. Nas fotos de abaixo podemos ver a Dani facendo gala do seu seu arte diante dos lectores que se foron achegando ao longo da tarde.

martes, 23 de noviembre de 2010
NOVAS PRESENTACIÓNS SEN MIRAR ATRÁS
Este é o cartel que o propio Dani Montero preparou para a súas seguintes presentacións. Seguimos promocionando o seu primeiro album, Sen Mirar Atrás, presentando por Galicia a súa edición en galego. Neste caso o autor firmará exemplares este venres e sábado nas librarías Paz e Banda Deseñada, en Pontevedra e Vigo respectivamente.Desde a súa saída no último festival Viñetas Desde o Atlántico o pasado mes de agosto, o album, premiado có Castelao 2009 da Deputación de A Coruña, esta recibindo críticas do máis favorable como a que se pode ler esta semán no blog La Cárcel de Papel, un dos blogs especializados máis seguidos de España.
Etiquetas:
PRENSA,
PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS
miércoles, 10 de noviembre de 2010
DANI MONTERO NA LIBRARÍA KÓMIC (SANTIAGO)
Este venres, 12 de novembro o autor, Dani Montero, volve á carga cunha sesión de sinaturas do seu afamado album Sen Mirar Atrás que lle custou ben caro, nada máis e nada menos que o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación de A Coruña. Demo Editorial continua deste xeito coa promoción deste fantástico album.A sesión terá lugar na Librería Kómic de Santiago, ubicada na Rúa San Pedro de Mezonzo e pioneira entre as librarías especializadas en banda deseñada, camiño dos 30 anos de experiencia. Non esperedes máis, se aínda non tedes un exemplar customizado polo autor, esta é a ocasión.
Etiquetas:
PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS,
SEN MIRAR ATRÁS
jueves, 4 de noviembre de 2010
MAMED CASANOVA EN PAZ E BANDA DESEÑADA (Pontevedra e Vigo)
Mamed Casanova entra unha noite nun cemiterio e rouba o traxe dun morto para sacar a unha moza a bailar. No Casino de Ortigueira un familiar do defunto recoñece a roupa. A intención de Mamed era emigrar a Cuba pero non chegará máis lonxe dos montes do Ortegal. Perseguido durante tres anos pola garda civil, este mozo apodado Toribio, será o chivo expiatorio da sociedade decimonónica dominada pola burguesía da época.Deste xeito arranca O Fillo da Furia, a novela gráfica baseada en feitos reais, dos autores lucenses Manolo López Poy (Sarria) e Miguel Fernández (Baralla). A obra supón un repaso ao historial delictivo do último bandoleiro romántico, un personaxe esquecido na néboa, sobre o que escribiron Emilia Pardo Bazán ou o mesmo Valle-Inclán e que agora reaparece protagonizando esta banda deseñada de aventuras.
Este fin de semán os autores asinarán exemplares en:
Venres 5 de novembro
LIBRERÍA PAZ (Pontevedra)
18:00 h
Sábado 6 de novembro
BANDA DESEÑADA (Vigo)
18:00 h
Etiquetas:
PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





