jueves, 4 de noviembre de 2010

MAMED CASANOVA EN PAZ E BANDA DESEÑADA (Pontevedra e Vigo)

Mamed Casanova entra unha noite nun cemiterio e rouba o traxe dun morto para sacar a unha moza a bailar. No Casino de Ortigueira un familiar do defunto recoñece a roupa. A intención de Mamed era emigrar a Cuba pero non chegará máis lonxe dos montes do Ortegal. Perseguido durante tres anos pola garda civil, este mozo apodado Toribio, será o chivo expiatorio da sociedade decimonónica dominada pola burguesía da época.
Deste xeito arranca O Fillo da Furia, a novela gráfica baseada en feitos reais, dos autores lucenses Manolo López Poy (Sarria) e Miguel Fernández (Baralla). A obra supón un repaso ao historial delictivo do último bandoleiro romántico, un personaxe esquecido na néboa, sobre o que escribiron Emilia Pardo Bazán ou o mesmo Valle-Inclán e que agora reaparece protagonizando esta banda deseñada de aventuras.
Este fin de semán os autores asinarán exemplares en:
Venres 5 de novembro
LIBRERÍA PAZ (Pontevedra)
18:00 h
Sábado 6 de novembro
BANDA DESEÑADA (Vigo)
18:00 h

No hay comentarios:

Publicar un comentario