martes, 14 de diciembre de 2010

VENRES 17 DE DECEMBRO: ACCIÓN SIMULTANEA EN LUGO E CANGAS

Un dos grandes inventos da banda deseñada e o cinema son as esceas de acción simultánea. Neste caso aplicamos desde DEMO a teoría na propia realidade xa que o vindeiro venres 17 de decembro volveremos a facer doblete.
Por unha banda Dani Montero asinará exemplares de SEN MIRAR ATRÁS na libraría A ESMORGA de Cangas e simultáneamente en Lugo, Miguel Fernández e Manolo Poy, presentarán O FILLO DA FURIA na libraría TOTEM, un local de referencia para os lectores de cómic lucenses.
Odous actos terán lugar ás 19:00 horas.

lunes, 13 de diciembre de 2010

PRESENTACIÓN DEMO EDITORIAL EN FERROL


O pasado sábado a vila ferrolana acolleu unha presentación conxunta dos autores de Demo Editorial Dani Montero, Miguel Fernández e Manel Cráneo. Despois de recibir a multitude de asistentes atraídos polos seus traballos, os artistas falaron distendidamente dos procesos creativos das súas obras. Ao término da actividade, que durou máis do previsto, debido ao interese do público, moitos dos presentes aproveitaron para levarse exemplares asinados polos autores, non sen antes disfrutar da proxección dos trailers promocionais das obras.
Na primeira foto podemos ver aos autores durante o acto e na segunda a recta final da sesión de sinaturas onde os últimos rezagados esperaban o seu turno para non marchar sen o seu exemplar firmado.

viernes, 10 de diciembre de 2010

CHARLA CÓS AUTORES DE DEMO EDITORIAL EN FERROL

Mañán sábado 10 de decembro, Demo editorial organiza unha charla sobre as obras Sen Mirar Atrás, O Fillo da Furia e Os Lobos de Moeche.
Serán os propios autores Dani Montero, Miguel Fernández e Manel Cráneo os que nos desvelen algunhas pautas sobre cada obra.
Ao final da charla haberá un espazo para a sesión de sinaturas.
É a primeira vez que a editorial Demo se achega a facer un evento na cidade ferrolana.

martes, 7 de diciembre de 2010

MIGUEL FERNÁNDEZ E MANOLO POY FIRMANDO EN VIGO




Estas son algunhas das fotos da presentación de O FILLO DA FURIA na librería Banda Deseñada de Vigo. Unha vez máis unha xornada amena onde os lectores puideron achegarse aos autores e levarse os seus exemplares customizados pola arte de Miguel Fernández.

jueves, 2 de diciembre de 2010

FOTOS PRESENTACIÓNS DANI MONTERO


Publicamos algunhas fotos das presentacións de SEN MIRAR ATRÁS nas librarías Kómic de Santiago e Banda Deseñada de Vigo. Nas dúas de arriba podemos ver de esquerda a derita a Pio(Lib.Kómic), Manel Cráneo (Demo Editorial) e Dani Montero (autor da obra).

A libraría Banda Deseñada de Vigo tamén acolleu a Montero o pasado mes de novembro. Nas fotos de abaixo podemos ver a Dani facendo gala do seu seu arte diante dos lectores que se foron achegando ao longo da tarde.

Con isto imos chegando xa ao final deste tour de presentacións 2010 do que aínda restan tres novas datas pendentes en Ferrol, Cangas e A Coruña.

martes, 23 de noviembre de 2010

NOVAS PRESENTACIÓNS SEN MIRAR ATRÁS

Este é o cartel que o propio Dani Montero preparou para a súas seguintes presentacións. Seguimos promocionando o seu primeiro album, Sen Mirar Atrás, presentando por Galicia a súa edición en galego. Neste caso o autor firmará exemplares este venres e sábado nas librarías Paz e Banda Deseñada, en Pontevedra e Vigo respectivamente.
Desde a súa saída no último festival Viñetas Desde o Atlántico o pasado mes de agosto, o album, premiado có Castelao 2009 da Deputación de A Coruña, esta recibindo críticas do máis favorable como a que se pode ler esta semán no blog La Cárcel de Papel, un dos blogs especializados máis seguidos de España.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

DANI MONTERO NA LIBRARÍA KÓMIC (SANTIAGO)

Este venres, 12 de novembro o autor, Dani Montero, volve á carga cunha sesión de sinaturas do seu afamado album Sen Mirar Atrás que lle custou ben caro, nada máis e nada menos que o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación de A Coruña. Demo Editorial continua deste xeito coa promoción deste fantástico album.
A sesión terá lugar na Librería Kómic de Santiago, ubicada na Rúa San Pedro de Mezonzo e pioneira entre as librarías especializadas en banda deseñada, camiño dos 30 anos de experiencia. Non esperedes máis, se aínda non tedes un exemplar customizado polo autor, esta é a ocasión.

jueves, 4 de noviembre de 2010

MAMED CASANOVA EN PAZ E BANDA DESEÑADA (Pontevedra e Vigo)

Mamed Casanova entra unha noite nun cemiterio e rouba o traxe dun morto para sacar a unha moza a bailar. No Casino de Ortigueira un familiar do defunto recoñece a roupa. A intención de Mamed era emigrar a Cuba pero non chegará máis lonxe dos montes do Ortegal. Perseguido durante tres anos pola garda civil, este mozo apodado Toribio, será o chivo expiatorio da sociedade decimonónica dominada pola burguesía da época.
Deste xeito arranca O Fillo da Furia, a novela gráfica baseada en feitos reais, dos autores lucenses Manolo López Poy (Sarria) e Miguel Fernández (Baralla). A obra supón un repaso ao historial delictivo do último bandoleiro romántico, un personaxe esquecido na néboa, sobre o que escribiron Emilia Pardo Bazán ou o mesmo Valle-Inclán e que agora reaparece protagonizando esta banda deseñada de aventuras.
Este fin de semán os autores asinarán exemplares en:
Venres 5 de novembro
LIBRERÍA PAZ (Pontevedra)
18:00 h
Sábado 6 de novembro
BANDA DESEÑADA (Vigo)
18:00 h

viernes, 29 de octubre de 2010

DEMO EDITORIAL NO FARO DE VIGO

O diario Faro de Vigo, adicóu hoxe unha páxina enteira á presentación de Demo Editorial no Salón de Cómic de Cangas. Se estades interesados en leela pinchade aquí.
(Foto:Faro de Vigo)

jueves, 28 de octubre de 2010

PRESENTACIÓN: O FILLO DA FURIA NO MAGOSTO DE AS NOGAIS


O vindeiro luns, día 1 de novembro, as 16:30 temos unha nova cita cós autores de O Fillo da Furia. Esta vez no Concello de As Nogais durante a Festa do Magosto. Os autores proxectaran imaxes da obra e o trailer e explicaran como fixeron o album abordando diferentes aspectos da vida de Mamed Casanova, calificado como o último bandoleiro romántico. E logo da charla, a degustar as castañas e chourizos asados desta festa popular.

sábado, 16 de octubre de 2010

DEMO EDITORIAL NAS XORNADAS DE BD DE OURENSE

O xornal La Voz de Galicia publica hoxe na súa edición ourensán unha nota sobre a presentación de onte en Ourense na que estiveron presentes os autores de O Fillo da Furia e Os Lobos de Moeche. O acto foi un éxito de asistencia xa que se achegaron entre outros un bo número de alumnos de ilustración da escola de artes Antonio Faílde.

lunes, 11 de octubre de 2010

PRESENTACIÓN SEN MIRAR ATRÁS EN FNAC

Este mércores día 13 de outubro, ás 19.30 horas, presentamos en FNAC (A Coruña) a obra Sen Mirar Atrás, de Dani Montero. Haberá unha proxección do trailer do libro, charla có autor e sesión de sinaturas.
Con esta actividade iniciamos unha serie de presentacións da obra por toda Galicia despois do tour de presentación da edición en castelán que levou ao autor por diferentes cidades do estado.