O autor, desapareceu por entón do panorama da bd para centrarse máis na ilustración científica, disciplina na que se move con excelentes resultados. Isto e outras labouras relacionadas
coa protección do medioambente, mantiveron a Tokio alonxado da historieta ata 2009, ano no que retoma unha vella historia que se materializará este mesmo verán editada por Demo.
Cabana de Balieiros é unha historia que mestura acción, aventura e intriga nunha vila baleeira de finais do século XIX.
Esta obra supón o terceiro título da nosa editorial en canto a unha liña pola que seguiremos apostando, a novela gráfica de aventuras e de ambientación histórica en Galicia.
Encántame ler este tipo de novas ;)
ResponderEliminarPor certo, que significa "bailieiros"?
Balieiros é "balleneros".
ResponderEliminarSaúdos
DEMO
Pero, é un recurso poético? Porque a forma correcta é "baleeiro".
ResponderEliminarEfectivamente a forma académica, ou normativa a día de hoxe é "baleeiros", máis hai topónimos antigos como o do areal da zona de Corrubedo, "Balieiros", onde varaban as baleas cando abundaba a súa pesca na zona. A historia está ambientada nesa época e de aí a utilización do termo, supoñemos que pola intención do autor de ser fiel ata ese punto no seu traballo de documentación histórica.
ResponderEliminarSaúdos e grazas por deixarnos o teu comentario.
Gracias, pola vosa explicación ;)
ResponderEliminarA ver cando podemos ver algunha imaxe do interior para ir facéndonos unha idea do que imos poder atopar ;)
Graciñas a ti, As imaxes chegrán en breve.
ResponderEliminarApertas
Olá:
ResponderEliminarEfectivamente BALIEIROS significa baleeiros: persoas que cazan, cortan e despezan baleas.
Para o título da historia utilicei o conxunto de dous topónimos existentes na nosa costa:
CABANA/BALIEIROS
CABANA
Cabe a posibilidade de que os concellos e topónimos denominados CABANA/CABANAS refíranse a cabanas de pescadores ou de baleeiros que estarían instaladas de xeito estacional e que logo serían o xérmolo para fundar unha vila (antes do século XII-XIII). Estas servirían para gardar fornos, aparellos, procesar peixe ou así. Deste xeito tamén se explica na propia historia.
BALIEIROS
Existe como topónimo, como a praia que está en Corrubedo. Seguramente lugar onde se practicaba a baleación dos animais capturados.
Xuntei ambos topónimos para descrbir unha hipotética vila mariñeira de orixe baleeira. O normativo sería escrebir baleeiros para referirse á actividade.
Podedes ver algo máis sobre a historia no blog:
http://www.blogoteca.com/tokioilus/
Un saúdo
Tokio
Hei de dicir que non coñecía a Tokio, pero a ilustración da portada é unha marabilla. Haberá que botarlle un ollo. Un saúdo.
ResponderEliminar