miércoles, 10 de octubre de 2012

CELEBRAMOS O 100 ANIVERSARIO DO CASAMENTO DE CASTELAO

Comeza un minitour de presentacións de "Titoán", obra gañadora do Concurso Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña no ano 2011, e de paso xa a Colección Castelao da que xa temos editado en colaboración con Kómic Librería o volume "O pobre tolo".

Organizamos estas tres presentacións coa intención de celebrar o 100 aniversario do casamento de Castelao con Virxinia, en A Estrada. Un lembrado 19 de outubro que queda ben reflectido na obra "Titoán".






O calendario para estes tres actos é o seguinte:

Día 13 de outubro
Ás 18:00h na Feira do Libro Galego de Allaríz
cola Colaboración da Libraría Aira das Letras
Allaríz

Día 16 de outubro
Ás 19:00h no Centro Cultural Novagalicia Banco
A Estrada

Día 20 de outubro
Ás 19:00h na Tenda-Librería Aturuxo
Madrid


1 comentario: