O proxecto de materializar nun cómic-book os resultados da intervención arqueolóxica de Torre dos Mouros xa está en marcha e terá todo o apoio editorial pola nosa parte. Proxectos coma este asentan un novo enfoque desde o campo arqueolóxico. É un luxo poder participar e disfrutar desta experiencia desde a nosa editorial.
Aínda que non hai data exacta para a saída da publicación, se producirá dentro do vindeiro trimestre e parte da edición será repartida como agasallo aos escolares da zona de Lira-Carnota.
Actualmente Manel Cráneo está xa a artellar a historia có apoio e asesoramento de Antón Malde, arqueólogo e director da excavación, e Manolo Gago, o responsable da campaña de comunicación que se esta a facer desde hai meses para potenciar e poñer en valor o proxecto.
Na seguinte foto de Sole Felloza, podedes observar parte dos resultados das excavacións nos que se aprecia a zona de acceso ao recinto altomedieval.
Non deixedes de visitala excavación e disfrutar dunhas vistas incríbles desde o alto. Paga a pena facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario