domingo, 22 de julio de 2012

NOVIDADES DEMO EDITORIAL PARA AGOSTO

Aproveitando o marco do Viñetas Desde o Atlántico, en agosto engadimos dous novos títulos ao noso catálogo continuando coas dúas coleccións abertas este ano. Voltamos con novos mundos fantásticos na Colección HäinöS e proseguimos cunha nova entrega da colección biográfica sobre Castelao.

COUSAS DE MORTOS 
Manel Cráneo.
Colección HäinöS nº2
64 páxinas, color.
Xénero: Fantasía
PVP: 13,50 euros

Unha escolma de historias curtas do autor publicadas ao longo dos últimos anos en diversas revistas onde o común denominador é que os seus protagonistas son esqueletes. Ironía, filosofía, humor negro e un séntido crítico da sociedade, son algúns dos condimentos deste album onde os mortos son caricatura dos vivos, deambulando polos camiños do tétrico e o fantástico.


CASTELAO: TITOÁN
Inacio e Iván Suárez
Colección Castelao nº2
64 páxinas, branco e negro.
Xénero: Biografico
PVP 12 euros

Obra gañadora do Premio Castelao de cómic da Deputación da Coruña no ano 2011 e segundo título da serie biográfica sobre a figura que lle da o propio nome a este premio. Nesta entrega publicada grazas á Deputación da Coruña, os autores contan o paso entre a xuventude e a madurez de Castelao, finalizados os seus estudos de medicina, partindo da súa relación con Titoán, un veciño de Rianxo co quen entra en conflito ao tomalo como inspiración para a realización dun cabezudo das festas. Unha historia meticulosamente documentada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario