Adiantamos as nosas dúas próximas novidades, coas que ademáis iniciamos este ano 2012 dúas novas coleccións respectivamente dentro da nosa liña editorial, apostando por autores galegos.
Con estes títulos incorporamos catro novos autores ao noso catálogo con dúas obras que pretenden rechear novos espazos temáticos da novela gráfica en lingua galega.
A primeiros de abril, editaremos Salpock, dos autores Álvaro López e Luís Sendón. Con este album que resultou finalista do Premio Castelao 2011 da Deputación da Coruña, Demo Editorial inicia unha nova colección en torno a un xénero de culto, a ciencia-ficción. Ambos autores, son antigos membros do Colectivo Polaqia có que xa editaron xuntos a obra “38” e teñen participado con multitude de historietas curtas na revista Barsowia. Con Salpock, afrontan unha historia de acción e aventura nun mundo futuro e post-apocalíptico enfocada a tódolos públicos. Estamos seguros de que vai facer as ledicias dos lectores procuradores de mundos novos e fantásticos.
Para o mes das letras galegas reservamos un lanzamento moi especial. Chegará o momento para os autores Iván Suárez e Inacio Vilariño. Baixo o título“Castelao: O pobre Tolo”, preséntannos a primera entrega dunha serie de varios títulos nos que abordarán diferentes aspectos biográficos sobre a figura máis emblemática da historia da cultura galega, o polifacético Castelao.
Ademáis, a edición deste album está impulsado conxuntamente con KOMIC LIBRERÍA, que deste xeito celebra parte da súa actividade para este ano 2012, no que cumpren o seu 25 aniversario, e nos acompañan na aventura de levar a cabo esta colección.
Desde Demo Editorial, esperamos que ambas iniciativas sexan do voso agrado mentras seguimos traballando para ofrecer a mellor bd galega.
Parecen duas novas incorporacións moi interesantes, xa coñezo obras anteriores de Álvaro López e gostame omito, e o traballo de Iván Suarez e Inacio Vilariño ten boa pinta.
ResponderEliminarPublicade canto antes!
Graciñas polos teus comentarios, intentaremos seguir dando bos títulos aos lectores ;-)
ResponderEliminarLevo esperando a obra de Sendón desde que quedara finalista no Castelao. Alégrome de que a publiqueis e estou seguro de que terán un bo recorrido.
ResponderEliminar