jueves, 16 de febrero de 2012

NOVAS DEMO EDITORIAL DESDE O PLANETA MINCHA



Xa está en proceso de produción a curtametraxe de animación ambientada no Planeta Mincha De Manel Cráneo. Producida pola produtora Mondotropo en colaboración con Demo Editorial e realizada en animación 2D. O conductor do capítulo será o coñecido científico do Ministerio de Ciencia Mincha, Pichük, protagonista tamén da serie de libros infantís Diario de Pichük, con catro títulos xa editados por Everest e outros novos en marcha. Demo editorial editará tamén ao longo deste ano a novela gráfica "Destino Hergüss" na que tamén aparece Pichük tempo antes converterse en ciéntifico de sona. A figuriña das fotos está realizada por Laura Cubeiro para o estudo de volumenes do personaxe que pasará do papel á pantalla.

A marca Planeta Mincha está estudando ademáis destes, outros formatos para amosar o que acontece neste particular planeta de infinitas posibilidades. Ao longo deste mesmo ano haberá máis novidades.

2 comentarios:

  1. Planeta Mincha.... digo todo e digo nada¡¡¡
    Cando chegou a nos estes estudios no puidemos facer outa cousa que ocultalos era o noso deber....enhoraboa espero que con un pouco de tempo non sexa un planeta e sexa unaha gaklaxia....apertas

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Rubén, e ben sabido que o Ministerio de Ciencia do Planeta Mincha ten moitos expedientes clasificados que non saca á luz ;-)

    ResponderEliminar