Este sábado a media noite,
Os Lobos de Moeche ouvearán unha vez máis. A empresa
Dalleqlibras fara unha proxección de imaxes do album de Manel Cráneo sobre os muros do Castelo de Moeche durante o
XXXII Festival Irmandiño. O autor xa fora convidado a expoñer parte da obra e dalo pregón na 30 edición do asalto ao castelo, e o ano pasado fixo unha maratón de sinaturas na torre de homenaxe do mesmo.
Esta obra épica, que foi producida coa colaboración de
Euroeume, e está ambientada nas que se considera as primeiras revoltas populares europeas, non deixou de xenerar novas desde que foi editada por Demo a principios do 2009. E probablemente, esta non sexa a derradeira vez que falemos dela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario