miércoles, 4 de agosto de 2010

NOVIDADES DEMO EDITORIAL PARA O VIÑETAS 2010


Despois de meses en silencio desde o éxito de OS LOBOS DE MOECHE de Manel Cráneo, Demo abre novamente as súas portas a dous novos proxectos de banda deseñada en galego. A vindeira semán aproveitando o marco do Viñetas Desde o Atlántico presentaremos dúas novas obras.

Queremos que estas dúas novelas gráficas se vendan en primicia no ámbito do Viñetas polo se poñerán á venta, en exclusiva, nas librarías especializadas que participan no festival, antes de chegar ao habitual circuito libreiro.

A primeira novidade é MAMED CASANOVA; O FILLO DA FURIA, unha obra de Manolo López Poy e Miguel Fernández. Unha historia de aventuras, biográfica e en tono de suspense, sobre o mítico bandoleiro romántico. Un home que durante tres anos mantivo en tensión a toda a comarca do Ortegal. Unha narración áxil onde os autores percorren acertadamente os pasos deste personaxe condeado ao malditismo. Un excelente prato para os que lles guste comer rebumbios de historia e acción.

A outra novidade é SEN MIRAR ATRÁS, de Dani Montero. Obra galardoada có Premio Castelao 2009 que outorga a Deputación de A Coruña. Unha roadmovie con final sorprendente que demostra a calidade narrativa do autor no que supón a súa primeira primeira novela gráfica.
A obra foi presentada onte na Deputación de A Coruña e contou coa presenza do presidente Salvador Fernández Moreda, Miguelanxo Prado, promotor do concurso e membro do xurado, e o propio autor, Dani Montero.
Contaremos con dúas edicións (castelán e galego) coa particularidade de que a edición en galego conta cunha ampliación da obra e páxinas con contidos extras.
SEN MIRAR ATRÁS contará ademáis, cunha exposición de orixinais durante a edición do Viñetas Desde o Atlántico 2010.
Demo Editorial estará tamén presente no salón cun stand de venta e varias actividades programadas das que iremos informando puntualmente nos vindeiros días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario