A trama ten como telón de fondo un dos fitos históricos máis representativos da historia de Galicia que ata agora nunca fora tocado desde o cómic en formato album, a Guerra Irmandiña.
A edición deste proxecto contou coa estreita colaboración da entidade Euroeume que utilizará o cómic como peza promocional do Museo do Castelo de Moeche, lugar que proximamente abrirá as súas portas ao público e que é o epicentro da narración.
Con esta obra, Demo Editorial inicia a súa andadura apostando polo cómic en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico de Galicia mediante un medio de entretenemento como é a novela gráfica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario