Demo Editorial publicará a finais de decembro "A FRAGA MILMAÑAS" con guións de Carlos Amil e deseños de Manel Cráneo. O album comprende unha selección de historietas curtas de entre unha e dúas páxinas, que foron publicadas en "Golfiño" durante as dúas épocas que a revista se mantivo no mercado. Primeiro da man de Edicións Xerais (1999-2000) e logo como suplemento dominical do diario La Voz de Galicia (2002-2004).
A Fraga Milamañas é unha serie que foi moi ben valorada no seu momento polo bo manexo da matelinguaxe do cómic que fan amosan nas súas páxinas os seus autores. Os personaxes principais, Fonsa a raposa e o lobo Ferocio, artellan en cada historia desta serie, as súas artimañas para sobrevivir nunha fraga onde calquera cousa é posible.
Con este lanzamiento, Demo Editorial, pretende achegarse ao público infantil recuperando esta serie que tamén fara as ledicias dos pais, especialmente os da nova xeración que tiveron a oportunidade de leela serie no seu momento.
miércoles, 23 de octubre de 2013
lunes, 21 de octubre de 2013
PRESENTACIÓN DE "OPERARIO" EN BANDA DESEÑADA (VIGO)
O vindeiro venres, Jano asinará exemplares en BANDA DESEÑADA en Vigo a partir das 18:30h. Para esta ocasión, agasallaremos cunha lámina a cada lector que se leve o álbum.
NON FALTEDES!
viernes, 11 de octubre de 2013
"OPERARIO" DE JANO, ATERRIZA EN SANTIAGO O VENRES 18 DE OUTUBRO
Repartiremos 2 posavasos de "Operario", tamaño chupito a cada asistente e contaremos coa presenza de Jano asinando exemplares. Poderedes estrear alí o posavsos degustando un licor café.
Non deixedes de ler esta obra que supón un frio retrato da sociedade humana e o sistema social.
Unha sinxela, e nada pretenciosa, bd muda que te deixará sen palabras!!
martes, 17 de septiembre de 2013
ESCAPADA AO PLANETA MINCHA
"Escapada ao Planeta Mincha de Manel Cráneo" é unha expo que só poderedes ver durante esta semán na Fundación Luís Seoane, dentro das actividades do Freakemacine A Coruña. WARNING! o lampönak é moi perigoso, non vós acheguedes moito se pasedes a por alí!
Máis info no blog do autor.
viernes, 16 de agosto de 2013
sábado, 3 de agosto de 2013
ACTIVIDADES DEMO EDITORIAL NO VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2013
Anunciamos o noso calendario de actividades para este VIÑETAS 2013, que celebraremos no noso stand e na carpa da Rúa da BD. Entre elas, a presentación en exclusiva en A Coruña dos nosos últimos títulos para o que contaremos coa presenza de tódolos autores. Esperámosvos do 1 ao 11 de agosto, con todo o catálogo de Demo Editorial e a marca Planeta Mincha, de Manel Cráneo, no stand nº 13 da Rúa da BD.
E con calquera compra, 1 marcapáxinas a elexir e un cartel A/2 de "A torre dos Mouros" GRATIS!!
Nos próximos días anunciaremos algunha sorpresa máis!! :-)
PRESENTACIÓNS NA CARPA DA RÚA DA BD
XÓVES, 8 DE AGOSTO, ÁS 13:00H.
“CASTELAO 3. MÁIS ALÁ!”
DE IVÁN SUÁREZ E INACIO VILARIÑO
VENRES, 9 DE AGOSTO ÁS 13:00H.
“OS DÍAS DO COMETA”
"O FILLO DA FURIA"(2ªEDICIÓN)
DE MIGUEL FERNÁNDEZ E MANUEL L. POY
SÁBADO, 10 DE AGOSTO ÁS 13:00H.
“OPERARIO” DE JANO
SESIÓNS DE SINATURAS NO STAND DEMO EDITORIAL
MÉRCORES, 10 DE AGOSTO
19:00H. MANEL CRÁNEO
XÓVES, 8 DE AGOSTO
19:00H. IVÁN SUÁREZ E INACIO VILARIÑO
21:00H. JANO
VENRES, 9 DE AGOSTO
19:00H. MIGUEL FERNÁNDEZ E MANUEL L. POY
21:00H. JANO
SÁBADO, 10 DE AGOSTO
19:00H. JANO
viernes, 12 de julio de 2013
DEMO NO 16º SALÓN DO CÓMIC E A ILUSTRACIÓN DE CANGAS
Fantástico cartel do noso amigo José Domingo para o "Salón do Cómic e a Ilustración de Cangas" deste ano, no que estaremos presentes con stand da nosa editorial e cunha expo de Planeta Mincha de Manel Cráneo, que xunto a David Lafuente e Marina Seoane será un dos convidados oficiais. Esperámosvos!
lunes, 1 de julio de 2013
jueves, 27 de junio de 2013
DEMO EDITORIAL ESTARÁ EN HOBBYCON E NO SALÓN DE CÓMIC DE CANGAS
MANEL CRÁNEO ESTARÁ PRESENTE EN AMBAS CITAS CON "PLANETA MINCHA"
Os lectores e amigos de Demo Editorial, tedes dúas citas este mes de xullo.
HOBBYCON (4 a 7 de xullo en Palexco, A Coruña)
A nosa editorial terá presenza na primeira edición do HOBBYCON, nova cita na cidade de A Coruña que promete convertirse na primeira experiencia de multisalón en España. O evento fusionará 4 tipos de feira: Cómic, Manga, Ciencia ficción e videoxogos. Para esta cita sen precedentes preparamos as seguintes actividades en colaboración con Hobbycon:
- Stand de demo Editorial e da nosa marca "Planeta Mincha", de Manel Cráneo. Onde poderedes adquirir publicacións de Demo Editorial e tamén de Planeta Mincha e o seu particular "minchandising".
- Presentaremos a nosa colección de ciencia ficción HäinöS de bd de ciencia ficción e mundos fantásticos.
- Exposición de orixinais de "Sálpock 1. O Val dos Cegos" de Álvaro López e Luís Sendón.
21 pezas de making off da obra.
- Partida de rol en directo, baseada no cómic "Sálpock, o Val dos Cegos" dirixida polo master Álvaro López.
- Sesións de sinaturas con algúns dos nosos autores no noso stand e outras sorpresas que iremos anunciando nos vineiros días.
Ademáis, estade atentos ao noso facebook, faremos sorteo de entradas desde hoxe mesmo!!
SALÓN DE CÓMIC DE CANGAS (22 a 28 de xullo, Cangas do Morrazo)
Outra cita indispensable da BD na que participaremos do seguinte xeito:
- Stand de venta da editorial durante toda a semán.
- Exposición de "Planeta Mincha Tour" de Manel Cráneo, convidado oficial nesta edición. A súa mostra acollerá unha escolma de 30 obras. Ilustracións da serie "Diario de Pichük, editada por Everest, da serie de bd "Planeta Mincha Estudos Xeográficos, e outras pranchas e traballos inéditos encaixados dentro do seu universo particular "Planeta Mincha", do que en breve veremos cousas publicadas en Demo Editorial.
Ademáis o autor participará xunto a Marina Seoane e Horacio Altuna nunha mesa redonda sobre cómic e ilustración.
Esperámosvos nestas dúas citas e en breve anunciaremos máis actividades para este verán xa que é inminente tamén unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico, na que intentaremos estar un ano máis con stand propio.
martes, 18 de junio de 2013
"OPERARIO", DE JANO
Anunciamos oficialmente o lanzamento de "Operario", a nova obra de Jano. Unha historia sinxela e directa na que se narra a historia dun día calquera na vida dun operario de máquinas durante unha era industrial de entorno atemporal. Un album de temática social que reflicte dalgún xeito as diferenzas que marcan o panorama laboral do século XIX, do XX ou do XXI.
Comedia, aventura e drama social son a mestura ideal para esta historia muda que abrirá a nosa nova colección Demográfica, destinada a libros de pequeno formato onde as imaxes pesarán por riba das palabras. O album estará á venta o 1 de agosto e será presentado na próxima edición do Viñetas, en A Coruña, a semán do 5 ao 11.
Sobre o autor
Jano é un habitual da escena da BD galega, a súa primeira obra profesional de cómic foi "Nieve Negra" (1999-2000), desde entón ten colaborado en diversas publicacións de todo o Estado ("Buen Provecho", "Tos", "BD Banda") e en varias exposicións colectivas. Cofundou e participou no colectivo Polaqia (2001-2002) con dúas historias na colectánea "Mmmh!!" e co título propio "Patricia". Colaborou na obra colectiva "Tapa Roja" (Sinsentido, 2004) e participa en diversos fanzines ("Fanzine Enfermo", "Carne Líquida"), logo chegaron os albumes "Layka" (Cabezabajo Ediciones, 2005), "Centoloman" (Rei Zintolo, 2009), Ratoon (Bang Ediciones, 2010) e 3x1 (Polaquia, 2012).
miércoles, 12 de junio de 2013
PRESENTACIÓN DE "CASTELAO 3. MÁIS ALÁ!" EN LALÍN
O vindeiro venres 14 de Xuño, ás 8 da tarde, a libraría VAGALUME, en Lalín, acollerá a Inacio e a Iván Suárez. para presentar o terceiro volume da Colección Castelao recentemente saído ao mercado. levate o teu Castelao customizado a casa e disfruta da festa. Haberá de beber e de picar para tódolos asistentes! Non faltes!
viernes, 10 de mayo de 2013
CASTELAO. MÁIS ALÁ!
O Día das Letras Galegas chega a terceira entrega da Colección Castelao ás librarías. Adiantamos información sobre o lanzamento que vai a arrasar con todo nas librarías galegas.
CASTELAO. MÁIS ALÁ!
Inacio • Iván Suárez
17x24 con lapelas de 7 cm
64 páxinas, Branco e negro
PVP 12 euros
ISBN: 978-84-940349-5-4
Depósito legal: C 751-2013
A serie Castelao, á que pertencen con este os volumes O pobre tolo e Titoán, ofrece un excepcional achegamento á vida de Afonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950). Unha aproximación máis humana que simbólica, mítica ou académica, baseada no rigor histórico e na riqueza contextual, que non esquece a pulsión onírica e humorística presente de forma clara no seu legado.
Máis alá!, o terceiro dos libros que compoñen o ambicioso proxecto de Inacio no guión e Iván Suárez no debuxo, lévanos ás lembranzas de Castelao sobre a súa viaxe europea de 1921, coas súas continúas visitas aos museos, e os seus encontros co filósofo Bergson, o pintor Corredoira e o músico Manuel Quiroga, entre outros, que permiten entender algúns dos seus posicionamentos éticos e estéticos.
O segundo volume desta serie, Titoán, obtivo precisamente o Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, outorgado pola Deputación da Coruña.
PRESENTACIÓN PREVIA EN KOMIC LIBRERÍA
Un día antes da saída oficial celebraremos este lanzamento en Komic Librería, os nosos compañeiros de viaxe nesta aventura de colección. Para o acto contaremos coa presenza dos autores e o fantástico sorteo dunha páxina orixinal da bd. Esperamos que vós acheguedes e o disfrutedes.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)










